|
EDUARDO ÁLVAREZ CARBALLIDO
Naceu en San Martiño de Oroso en 1843. Nos primeiros anos
da súa infancia trasladouse a Melide, onde iniciou os estudios
na escola pública para continualos, máis tarde, no
Instituto de Lugo e na Universidade de Santiago onde se licenciou
en Medicina.
Traballou como médico na comarca melidense e chegou a coñecer
palmo a palmo e a estudiar en profundidade os seus restos arqueolóxicos
e históricos. Publicou algúns traballos no Boletín
da Real Academia. Morreu en Melide o 28 de decembro de 1913 e tiña
xa reunida unha interesante colección de libros e manuscritos.
|