| |
Naceu no 1320? en Coimbra e morreu no ano 1355.
Nobre e fermosa galega, filla de Pedro Fernández de Castro
que foi cruelmente sacrificada e que sobrevive no espírito
e poesía de Occidente cun prestixio tráxico e saudoso.
Inés de Castro mantivo relacións amorosas con Don
Pedro, herdeiro da coroa de Portugal e, trala morte da súa
dona, casaron en segredo no 1354. Pero o rei de Portugal, que intuía
nesta relación un posible risco para a Independencia de Portugal,
ordenou a súa execución nun xardín preto do
convento de Santa Clara de Coimbra.
Cando Pedro ascendeu ó trono no ano 1367, mandou exhumar
o seu cadáver e, poñéndoa ó seu carón,
presentouna como raíña diante do pobo. Despois soterrouna
solemnemente no mosteiro de Alcobaça.
O tema foi recollido por frei Jerónimo Bermúdez nalgunha
traxedia, en poemas por Camoens en Os Lusíadas.
O mito pasou á literatura europea neoclásica e romántica
con Víctor Hugo.
|
|