Isidro Parga Pondal

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

Natural de Laxe (A Coruña), onde naceu no ano 1900. Realizou os seus primeiros estudios e o bacharelato en Santiago e era tal a afección que tiña pola química que o seu avó, Isidro Parga Abente, curmán do poeta Eduardo Pondal, acabou construíndolle un laboratorio no xardín.
No ano 1922 licénciase en Ciencias Químicas pola Universidade de Madrid. O mesmo ano da creación do Seminario de Estudos Galegos (1923), solicita unha praza de profesor de Química Inorgánica e Analítica na Universidade de Santiago. Os seus primeiros traballos publicados no Seminario son análises químicas, pero logo vai dedicando os seus estudios ós minerais de Galicia.
No ano 1930 concédeselle unha bolsa para doutorarse en Xeoquímica na Universidade de Zürich (Suíza) e fórmase coa intención de continuar o seu labor investigador en Galicia. De volta á universidade, no ano 1933, crea o primeiro laboratorio de Xeoquímica de España de onde sairán os primeiros xeoquímicos do país. Pero o estoupido da Guerra Civil española corta bruscamente o seu traballo e polas súas ideas galeguistas é expulsado da Universidade e retírase á súa vila natal onde crea o Laboratorio e Museo Xeolóxico que sería un exemplo de cómo gardar a memoria científica dun país.
Parga Pondal escribiu máis de cen traballos nos que estudiaba a mineraloxía e química dos minerais, a xeoquímica das rochas volcánicas, plutónicas, metamórficas, sedimentarias e graníticas, e os minerais dos areais costeiros galegos. Realizou, ademais, o Mapa Xeolóxico de Galicia no ano 1963, mapas provinciais e distintas cartografías xeolóxicas galegas.

Morreu no ano 1986 deixando unha inmensa labor por e para Galicia.

 

Inicio

Oferta Educativa