| |
María Pérez, A Balteira, era o nome real da mellor
de tódalas soldadeiras que cantaron en galego, a máis
afoutada, a máis fermosa, pero cicáis tamén
a máis aldraxada.
Crese que era da zona de Betanzos. Os seus pais eran fidalgos e
deles herdou a terras que posuía. O seu oficio foi o de soldadeira,
muller que estaba adscrita á corte e que recibía soldada
polo seu traballo de cantante ou bailarina.
Como soldadeira, María Balteira frecuentou as cortes de Fernando
III e Alfonso X e debeu acadar o seu máximo apoxeo arredor
do 1260.
Contra ela escribiron 15 cantigas de escarnio dez autores, entre
eles o propio rei Alfonso X. Achácanlle todas clase de vicios:
xogar ós dados , desplumar á xente, transmitir enfermidades,
relacións sexuais de todo tipo con clérigos, escolares,
xograres,...
O feito de que se lle dea tanta importancia, debe levarnos a sospeitar
que, a pesares da súa vida desordenada, foi muller de peso
nunha época na que o papel da muller era pouco relevante.
|
|