| |
RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA
Sacerdote, matemático e astrónomo nacido en Lalín
no 1878. Foi doutor en Teoloxía con tan só 20 anos
e membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e
Naturais de Madrid, así como numerario da Real Academia Galega
e conselleiro de honra do Consello Superior de Investigacións
Científicas. Así mesmo formou parte do grupo de escritores
e investigadores do Seminario de Estudos Galegos.
No ano 1912 constrúe en Lalín o primeiro observatorio
astronómico de Galicia, seguindo a afección amosada
dende neno, chegando a ser director do Observatorio astronómico
da Universidade de Santiago. Nel estudiaba o firmamento en estreita
relación cos principais astrónomos europeos do momento,
non en van dominaba dez idiomas. Foi tamén inventor de aparellos
de observación e de medición, algún deles adoptado
polo observatorio de París.
O "milagre de Lalín", como lle chamaba Castroviejo,
pasaba mirando as estrelas tódalas horas que lle deixaban
libres as súas ocupacións docentes e pastorais.
Aller Ulloa debe ser considerado pola categoría dos seus
libros, artigos, observacións, aparellos deseñados
e escola por el creada, como un dos científicos galegos máis
salientables do século XX.
Faleceu no 1966 ós 92 anos de idade.
No 1989 editouse con carácter póstumo o volume Os
ensaios en galego.
|
|