| |
Xoán Varela Fondevila naceu na parroquia melidense de Folladela.
A súa casa natal é o Pazo de Figueiras que conta con
pombal, capela e escudos. Fundou en Folladela a segunda escola da
comarca.
Varela Fondevila foi bispo auxiliar de Santiago no século
XVIII. Familiares de Varela Fondevila tiveron pazo en Compostela
sito nas Casas Reais, coñecido como o Pazo de Fondevila,
nome dado por Don Pedro Varela Fondevila, irmán do noso protagonista
e que ademais foi alcalde de Santiago de Compostela.
Na Casa das Figueiras de Folladela, chama a atención un escudo
no que se observa a coroa real e sobre ela o Capelo episcopal con
sombreiro de tres borlas e unha cruz que semella a de Carlos III.
É un escudo grande e ben labrado aínda que algo erosionado
pola invernía.
Varela Fondevila morreu no ano 1785 e está soterrado na catedral
de Santiago.
|
|