PROXECTO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E CULTURAL

2003-2004

Inicio

O. Estructura do Proxecto.

                  O Proxecto de Normalización Lingüística e Cultural do IES Melide para o curso 2003-2004, que se describe a seguir, estructúrase basicamente, en cinco bloques de contido.

1.    Unha reflexión sintética sobre a realidade lingüística e cultural do contorno no que está inserido o centro, e do propio IES Melide.

2.    Unha mínima relación de propostas de cara á normalización lingüística e cultural do centro, a partir da análise do momento normalizador que vive o Centro.

3.    O proxecto de actividades do Equipo para o presente curso, o Plano Xeral para a Potenciación da Lingua Galega.

4.    O anteproxecto económico, dividido nas dúas partes establecidas regulamentariamen-te: a referida ao período inicial do curso -ata o mes de decembro- e a referida ás actividades a desenvolver no período que abrangue desde o mes de xaneiro a final de curso.

5.    A organización xenérica do Equipo e a relación dos seus membros, coas súas responsabilidades dentro del.

 

         Máis alá desta aclaración previa, cómpre advertir tamén que existe no centro desde cursos precedentes un proxecto global de normalización que, lonxe de estar cumprimentado en todos os seus puntos, dista moito aínda de ter acadado todos os seus obxectivos. A dinámica de traballo dos cursos precedentes parece indicar a necesidade de manter tal Proxecto, na súa esencia, para o presente curso e, incluso, para cursos sucesivos. En consecuencia, fundamentalmente, no deseño que se presenta poderanse atopar unicamente pequenas modificacións de obxectivos, actividades... deseñados xa en Proxectos anteriores.

 

1. Consideracións xerais sobre a realidade lingüística e cultural da Terra de Melide.

                  A comarca da Terra de Melide, na cal se insire o centro é, polas súas especiais características xeográficas e económicas, sen dúbida, un dos territorios naturais galegos que máis e mellor conserva os elementos definitorios da cultura tradicional do país. Así é que, alén de que na maior parte dos 15.000 habitantes cos que conta a comarca -aos efectos que nos ocupan deberían ser restados os pertencentes ao Concello de Sobrado dos Monxes, agás algunhas parroquias próximas a Melide- se observe un monolingüísmo en galego practicamente uniforme, o certo é que, de cara ao ensino, o territorio ofrece unha infinidade de recursos didácticos que, en todo caso, deben ser tidos en conta para os deseños dos currículos en todos e cada un dos centros educativos da comarca. Neste sentido, existen xa experiencias interdisciplinares de estudio e aproveitamento do medio por parte de grupos de profesores e profesoras de diferentes centros educativos.

         Así, cómpre ter en conta a enorme riqueza que, desde o punto de vista do estudio e análise da historia, presentan diferentes puntos da comarca, desde mostras arquitectónicas de diferentes épocas históricas -castros, igrexas...- ata pegadas evidentes dos pobos que se asentaron na comarca en épocas pretéritas. Isto, sen amentar, naturalmente, as consecuencias culturais, sociais e económicas derivadas do paso dos Camiños, sobre todo o Francés, a Santiago polo centro da comarca.

         Desde a perspectiva do estudio da natureza, en poucos lugares do noso país se poden observar directamente contrastes como os que presenta a comarca, desde a fauna e flora características da media montaña e das chairas centrais, ata os elementos xeolóxicos, que teñen merecido estudios desde institucións como a Universidade de Oviedo ou outras de ámbito internacional.

         Desde un punto de vista lingüístico, igualmente, a comarca ofrece uns rexistros en aceptable estado de conservación, toda vez que debe ser tido en conta o illamento secular dalgúns puntos específicos da comarca. O mesmo poderiamos dicir, especialmente, do vocabulario específico relacionado co medio labrego.

         Polo que fai referencia á cultura popular, esta atópase tamén na comarca en aceptable estado de conservación –sobre todo se se analiza desde a perspectiva comparativa con outras zonas do país-. En efecto, non só poden ser observados aínda traballos agrícolas colectivos nalgunhas parroquias da comarca, senón que a presencia de elementos como os contos populares, as lendas ou mesmo os xogos tradicionais é aínda notable.

         Outro tanto pode dicirse, a outro nivel, das inquedanzas culturais detectadas na zona e plasmadas na existencia de numerosos grupos musicais de variada índole, asociacións de base ou, incluso, organismos patrocinados por institucións oficiais.

  

2. Lingua e cultura galega no IES Melide.

         A análise que se presenta a seguir parte, por unha banda, de estudios e constatacións realizadas no Centro en anos pasados –estando convencidos que polo menos unha boa parte dos datos seguen conservando a súa actualidade-, e por outra, dunha análise –que pretende ser o máis obxectiva posible- da realidade ordinaria actual no mesmo. Sinteticamente, pois, a situación da lingua e da cultura galegas no IES Melide é a que se intenta sintetizar a continuación.

2.1 No labor docente.

A partir dos datos emanados das fontes citadas máis arriba, pode deducirse que no noso instituto o labor docente realízase tendo ao galego como un referente de importancia. Agás puntuais e ocasionais excepcións, o Decreto 247/1995, do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para a súa aplicación ao ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios, cúmprese na súa totalidade.

As singularidades que poidan producirse nalgún curso escolar no referente a algunha disciplina ou área que, debéndose impartir en galego, son impartidas en castelán, son compensados pola docencia en galego doutras disciplinas e áreas que, sendo moi conveniente e ata necesaria a utilización do galego como lingua vehicular, en principio non están incluídas na lexislación vixente.

 

Da constatación anterior derivamos un cadro certamente positivo no que se refire á presencia do galego como lingua vehicular no ensino. Panorama que se torna máis acaído se temos en conta a realidade lingüístico-cultural do contorno do centro. Certamente se consideramos o medio no que está inserido o instituto, ese moderado estado de satisfacción que referimos ata aquí debe ser matizado no sentido de que aínda é posible andar camiño no que se refire á presencia do galego nas aulas do instituto. Non obstante, cómpre ter en conta que este posible incremento da presencia do galego só será posible se non desaparecen ou cando menos minguan unha serie de atrancos, eivas e resistencias que persisten no momento actual no ámbito educativo de Galicia, e que, sen pretensión de detallismo, se enumeran a seguir:

a.    Falta de interese e apoio institucional desde o poder político-administrativo, concretado no incumprimento da lexislación vixente ou na carencia dunha nova lexislación no campo da normalización lingüística que, baseándose na experiencia destes últimos vinte anos, permita que o proceso avance definindo claramente obxectivos, recursos e prazos.

b.    Indiferencia e posible desinterese por parte da Inspección Educativa no labor de control do grao de cumprimento da lexislación existente en materia lingüística.

c.     Existencia de determinado tipo de estereotipos e prexuízos sobre a viabilidade do idioma galego, así como do escepticismo a propósito da súa capacidade para constituírse en vehículo de producción cultural, científica e técnica.

d.    Falta de apoio dos medios de comunicación social de masas.

e.    Falta de compromiso co idioma de institucións como a Igrexa Católica, de tanta importancia na sociedade galega, que agás contadísimas excepcións adopta unha postura, como pouco, de ignorancia da existencia do idioma do país.

f.      Actitudes de rexeitamento e contrarias a que o galego acrecente a súa presencia nas aulas dos centros de ensino, ou ben actitudes de falta de compromiso mínimo coa realidade lingüística de Galicia.

Particularmente no campo do ensino, non pode obviarse unha referencia á inexistencia de suficiente material didáctico en lingua galega, incluso no que fai referencia a materias de obrigada impartición en galego. O mesmo poderiamos dicir da inexistencia de prescricións lexislativas concretas en ámbitos tan importantes como a Formación Profesional.

 

2.2. Nas actividades extraescolares.

Dende hai xa moitos anos nas actividades extraescolares úsase o galego en todo tipo de convocatorias, avisos, citacións, anuncios... Do mesmo xeito, a lingua oral de relación e uso no desenvolvemento das mesmas é o galego. Neste sentido podemos dicir que estas actividades están practicamente normalizadas no que se refire ao uso do idioma para a súa xénese, realización e promoción.

Non obstante, cómpre corrixir un aspecto formal con, sen dúbida, moita transcendencia no tocante á mensaxe subliminar que acaba transmitindo. Referímonos aos carteis, convocatorias ou avisos propagandísticos de entidades, clubs ou asociacións alleas ao centro, que expoñen os seus chamados nas paredes ou taboleiros do mesmo. Ten sucedido que algúns están redactados en español, o que pode provocar un conflicto na mensaxe a transmitir ao alumnado. Dalgunha forma indefinida estase inculcando unha diferenciación en canto ao uso do galego en función de se o documento nace no centro ou o fai fóra. Diferenciación que estimamos perniciosa en canto á valoración social do galego. Non parecendo lóxico que as contradiccións afloren tan preto e con tanta frecuencia, semella evidente que son necesarias estratexias para procurar que tal circunstancia non aconteza.

 

2.3. Nas oficinas administrativas.

A normalización do idioma galego neste campo é plenamente satisfactoria. Así se desprende da actitude e práctica que adoptan as persoas que traballan nesta unidade de atención aos integrantes da comunidade educativa en xeral. Aténdese ao público en galego e emprégase o idioma de forma usual en todos os ámbitos e situacións. Os oficios, convocatorias, citacións, certificados, documentos de relación coas familias e co contorno social, como poden ser a correspondencia, boletíns de notas, publicacións, comunicados e demais documentos académicos e oficiais están redactados en galego, como corresponde. Por outra parte, non se observa ningún tipo de atranco ou dificultade que inducise a pensar que esta situación idónea fose a variar.

 

2.4. Na rotulación de espacios e dependencias.

          Todo tipo de carteis, rótulos, letreiros ... que existen no instituto están redactados en idioma galego, tanto nas dependencias académicas como nas que ofertan os diferentes servicios. Durante o presente curso escolar continuarase desenvolvendo o ambicioso plano, iniciado en cursos pasados, co que se intenta facilitar o acceso á información que se considere relevante no que atinxe ao nome das aulas, obradoiros, laboratorios e resto de dependencias do instituto.

 

2.5. Nos espacios de convivencia e nas relacións humanas.

          O uso do galego é maioritario, como corresponde á dinámica social que circunda o centro. Así, o emprego da lingua galega por parte do profesorado é habitual nas conversas que mantén coas familias, co alumnado e co persoal non docente. Isto non impide que na linguaxe coloquial o castelán teña tamén a súa presencia derivada das opcións persoais de cadaquén.

 

3. O alumnado e a normalización lingüística.

En consonancia, por unha parte, co nivel elevado de galeguización da comarca e, por outra, co feito –constatable en todo o país- da caída porcentual na transmisión xeracional da lingua, no alumnado do IES Melide obsérvase un tamén elevado nivel de galeguización, pero é visible ao mesmo tempo, unha caída no uso habitual do idioma a respecto do que pode constatarse no medio circundante. Só a efectos de reformulación dalgunha das accións normalizadoras que se desenvolven no Centro, sintetizamos a continuación algúns datos cuantitativos obtidos con algúns traballos de investigación desenvolvidos en cursos previos. Durante o presente curso académicos tentarase obter datos que axuden a contrastar os aquí expostos, por un lado, e comparalos con eles –obtendo, polo tanto, información sobre a evolución dos mesmos- por outro.

Dos datos obtidos en investigacións realizadas en cursos pasados dedúcese que o 70% do alumnado ten o galego como lingua materna, o cal é unha mostra evidente no nivel de galeguización da comarca e do propio alumnado.

 

Sobre a consciencia do dereito a recibir as clases en lingua galega, unha porcentaxe estimable do alumnado aínda asocia ese dereito á perspectiva de cada profesor ou profesora, do cal se infire o transcendental papel destes na cuestión normalizadora.

 

Á hora de manifestar a súa predilección pola lingua vehicular a usar en todas en cada unha das materias, agás Lingua Española e Literatura, máis da metade do alumnado maniféstase de acordo sobre o uso do galego.

 

 

Sobre o uso real do galego nas clases por parte do alumnado, chamamos a atención unha vez máis sobre a importancia do papel do profesorado na cuestión, nomeadamente cando se trata do seu uso por escrito.

 

Finalmente, cando se solicita a opinión sobre o nivel de normalización do Centro, a valoración é moi diferente segundo falemos de dentro ou de fóra da aula. Velaí os datos.

 

En síntese, a información que proporcionan os datos referidos ata aquí, posiblemente deba interpretarse en base ás seguintes consideracións:

1.    É determinante a actitude do profesorado cara ao idioma, xa que a mesma, sexa cal for, inflúe considerablemente nas que toma o alumnado na súa práctica cotiá na aula nas actividades académicas, e mesmo no resto das actividades que se realicen na mesma.

2.    Esta influencia vese acrecentada cando consideramos a lingua escrita. Neste campo son fundamentais as directrices que marque o profesorado no referente á lingua a usar nos apuntamentos ou nas probas de avaliación escritas.

3.    Aínda así, é significativa a porcentaxe de alumnado que declara empregar sempre o galego –un 35% na lingua oral e un 25% na lingua escrita- con independencia da postura que mostre o profesorado. Isto posiblemente denote a existencia dunha certa vangarda dentro do alumnado que coñece a existencia do seu dereito de usar o galego e que obra en consecuencia.

4.    Ben é certo que tamén existen alumnos que, sabendo da existencia do dereito que lles asiste, son máis cautos e prefiren basear a súa estratexia lingüística na que adopte o profesorado neste terreo.

5.    O rexeitamento ao galego é claramente marxinal, por canto as xa de por si baixas porcentaxes de alumnado que declara non usar o galego nunca, poden deberse a múltiples motivacións e non necesariamente a cuestións, digamos, ideolóxicas.

6.    É maioritaria a opción de recibir todas as clases en galego, se o centro estivese en condicións de podelas ofertar.

7.    Semella claro que é posible, e necesario, acrecentar a presencia do galego nas aulas, por canto é moi pequena a porcentaxe do alumnado que pensa que o seu uso está máis estendido do debido, estando constatado, máis unha vez, que o alumnado non supón ningún obstáculo de cara a este proceso, sendo máis ben a actitude cara o idioma do profesorado o elemento determinante.

 

A outro nivel, e semellando tamén constatado un progresivo desvencellamento nos últimos cursos das actividades do Equipo de Normalización por parte do alumnado, sobre todo polo excesivo número de alumnos e alumnas do propio Centro, parece necesario:

1.    Mellorar as canles de información e de participación no ENL por parte do alumnado, do profesorado e do persoal non docente.

2.    Arbitrar medidas tendentes a facilitar a necesaria promoción das actividades que organice, impulse ou coordine o ENL..

3.    Motivar aos alumnos e alumnas para que se impliquen máis no traballo do Equipo, prestando unha especial atención ao alumnado da ESO.

 

 

4.    O profesorado e a normalización lingüística.

Non existindo na actualidade datos recentes sobre a percepción que o profesorado ten da cuestión lingüística no Centro, e mesmo sobre os seus propios hábitos lingüísticos, enuméranse a continuación unha serie de consideracións realizadas en cursos pasados, consideracións que en todo se consideran aínda, polo menos na súa filosofía xenérica, válidas desde a perspectiva da planificación lingüística no Centro.

1.    Unha ampla maioría do profesorado posúe, de seguro, a suficiente capacitación para usar a lingua galega nas aulas sen perda de calidade da práctica docente. En consecuencia, debe ser investigada a causa de que ese uso non se produza en non poucos casos.

2.    O galego semella ser o idioma preferido nas relacións que se establecen entre o profesorado, se ben non acada os niveis de uso que se dá no contorno do instituto, nas relacións veciñais e familiares. Estes datos parecen confirmar a sospeita de que aínda hoxe a institución escolar actúa como elemento castelanizador, se ben en menor contía que no pasado. Só asumindo esta afirmación atopan explicación datos, entresacados de estudios de cursos precedentes, como que un 70% do profesorado se dirixa ao alumnado fóra das aulas só en galego ou máis en galego que castelán –asumindo a realidade lingüística da comarca- e que despois, dentro das aulas, explique a súa materia en galego, empregue materiais curriculares en galego e realice as probas de avaliación en galego nunhas porcentaxes claramente inferiores ao 70%.

3.    Parece inferirse tamén da análise de estudios previos, e da propia constatación ordinaria, que existe un certo número de profesores e profesoras que, non tendo ningún impedimento grave para realizar o seu labor docente en galego, non o fai por unha cuestión de falta de vontade.

4.    Non obstante, parece tamén evidente que, globalmente, existe entre o profesorado do Centro unha actitude positiva cara a normalización do idioma galego, tamén na práctica docente.

 

 

 

5. Propostas para a normalización lingüística e cultural do Centro. Plano Xeral para a Potenciación da Lingua Galega.

         Como froito destas e doutras reflexións, así como da experiencia acumulada durante os anos de funcionamento do Equipo de Normalización Lingüística de Centro, o proxecto de actividades para o curso 2003-2004 do ENL do IES Melide estructúrase baixo as premisas que se explican a continuación.

         En primeiro lugar, unha vez realizada a análise continuada das actitudes cara a normalización lingüística presentes na comunidade escolar do IES Melide, e unha vez detectados aqueles sectores que precisan dunha acción máis continuada de concienciación e asesoramento, estes serán, por orde, os diferentes grupos humanos aos que dirixirá a súa actuación o ENL:

1.    Alumnado.

2.    Profesorado.

3.    O contorno do centro e os diferentes sectores sociais, nomeadamente da vila de Melide.

4.    Os pais e nais do alumnado.

5.    O persoal administrativo do centro.

 

5.1. Os obxectivos.

 

1.    Divulgar os datos máis destacados que se desprenden dos estudios realizados nos últimos anos sobre a realidade lingüística de Galicia, en xeral, e da Terra de Melide, en particular, desde a perspectiva de que só a análise da realidade pode provocar unha implicación decidida dos integrantes da comunidade educativa do IES Melide na cuestión normalizadora.

2.    Fomentar o uso do galego, a nivel oral e escrito, por parte dos membros da comunidade educativa de Melide, para reafirmalo como lingua de uso habitual nas reunións do Centro e en calquera acto oficial ou público.

3.    Promover o galego como lingua vehicular nas distintas materias.

4.    Contribuír á normalización cultural das distintas materias do currículo de ESO, de Bacharelato e dos Ciclos Formativos impartidos no Centro.

5.    Fomentar o hábito lector en galego, tanto de prosa como de poesía, prestando especial atención á literatura xuvenil e a aqueles autores e autoras que conecten ben coa mocidade.

6.    Animar aos rapaces e rapazas a que escoiten música galega dando publicidade no centro das novidades musicais dos diferentes solistas e grupos galegos que aparezan no mercado.

7.    Pular pola normalización lingüística e cultural do contorno, convertendo o galego na lingua de uso habitual nas reunións das asociacións que teñen ao Centro como referencia.

8.    Situar ao galego como instrumento básico de difusión da cultura de Galicia e da cultura universal en todos os niveis e áreas educativas.

9.    Potenciar a conservación do patrimonio cultural e facilitar a relación do alumnado cos seus maiores para que poidan empaparse do universo cultural que atesouran e así contribuír á conservación de tradicións, técnicas, usos, costumes e saberes.

10. Divulgar a normativa oficial, tanto estatal como autonómica, a respecto da toponimia galega entre institucións, entes autónomos, empresas de comunicación de masas, etc, incidindo no respecto que deben ás únicas formas legais e correctas dos nomes dos accidentes xeográficos, dos lugares, das vilas, e das cidades, así como dos nomes das persoas evitando toda posible traducción.

11. Coñecer máis e mellor a Galicia e á nosa comarca, facendo especial fincapé en personaxes ilustres, escritores e escritoras, festas tradicionais, o noso himno, as nosas árbores, as nosas parroquias, veciños destacados da Terra de Melide, mulleres importantes na historia de Galicia, etc., desde o firme convencemento de que só se pode amar aquilo que se coñece.

 

 

5.2. As actividades.

Ofrécese, a continuación a batería de actividades previstas para o curso 2003-2004, unha batería evidentemente deseñada para a consecución, total ou parcialmente –insistimos na idea de que se trata en case todos os casos de obxectivos a longo prazo- dos obxectivos definidos máis arriba. A polivalencia, no tocante ao seu protagonismo na consecución de dous ou máis obxectivos dos deseñados por parte da inmensa maioría das actividades que se detallan, desaconsellan o seu agrupamento baixo o epígrafe dun obxectivo en particular. Desta maneira, o deseño de actividades ofrécese, simplemente, temporalizado.

 

5.2.1. Actividades de desenvolvemento continuado.

·       Pescuda e selección de documentación sobre estudios do conflicto lingüístico en diversas sociedades e sobre o papel do ensino nesta problemática.

·       Coordinación cos outros Equipos de Normalización da vila e da comarca.

·       Incremento, nos seus fondos, da Biblioteca de Normalización do Centro.

·       Invitación ás organizacións que teñen como obxectivo promover a normalización do idioma para levar a cabo as súas previsibles campañas tamén no Centro.

·       Publicación de dous números da revista INTRES, voceiro do Centro.

·       Xestión de FALAMELIDE, emisora de radio do Centro, tratando de lograr unha emisión semanal de noventa minutos.

·       Xestión do TABOLEIRO DA LINGUA, espacio destinado á exposición pública de todos aqueles temas e cuestións de actualidade sobre a lingua.

·       Id. taboleiro LIBROS NOVOS PARA XENTE NOVA, coa finalidade de divulgar as novidades literarias.

·       Id. taboleiro O ESCRITOR DO MES, para dar a coñecer os escritores/as galegos.

·       Id. taboleiro AS NOSAS ESCRITORAS, coa finalidade de divulgar a literatura feminina.

·       Id. taboleiro PORTUGAL, TAN PERTO E TAN LONXE, para tentar achegar a realidade portuguesa.

·       Id. taboleiro MÚSICA DE AQUÍ, DE AGORA, coa intención de divulgar a música feita en Galicia.

·       Promoción, cando menos, da galeguización das probas de avaliación que deben realizar os alumnos e alumnas nas distintas materias.

·       Publicación dun boletín periódico –cando a actualidade o demande- de divulgación técnica –datos sobre a realidade lingüística, reforma ortográfica...- baixo a cabeceira A LINGUA GALEGA, LINGUA DE FUTURO.

·       Publicación de DÁLLE Á LINGUA, periódico trimestral que recolle as novidades da problemática lingüística no contorno circundante e en todo Galicia.

·       Divulgación da información sobre os nomes dos habitáculos do edificio, a través da colocación de paneis informativos en cada un deles.

·       Levar a cabo unha dotación mínima, a cargo do propio orzamento do ENL, para cada un dos Departamentos do Centro co obxectivo de realizar adquisicións de materiais en galego ou sobre Galicia que poidan ser utilizados nas aulas das distintas materias do currículo.

·       Colaboración estreita coa Comisión de Coordinación Pedagóxica e cos Departamentos involucrados no deseño de estratexias que conduzan á plena integración lingüística dos alumnos e alumnas que retornen da emigración.

·       Realización dun estudio completo dos nomes de persoa do alumnado, nun intento de valorar o nivel de galeguización dos mesmos e de promover o cambio para as formas galegas.

·       Realización dun estudio completo, a través da análise de tres xornais, dos topónimos utilizados nas necrolóxicas, para intentar intervir diante dos propios xornais de cara ao respecto da toponimia oficial.

·       Establecemento das canles que permitan unha colaboración estreita coa Asociación de Alumnado Espertar dos Estudiantes de Melide e coa ANPA Terra de Melide na cuestión lingüística.

·       Distribución dun almanaque mensual de aula que recolla datas significativas para o idioma.

·       Conclusión da elaboración do enlace correspondente da páxina web do Centro reservado ao ENL.

·       Realización dun intercambio, aínda que este sexa mínimo nos seus obxectivos e na súa duración, cun centro de ensino medio portugués.

 

5.2.2. Actividades a desenvolver no primeiro trimestre.

·       Organización de charlas e debates sobre o proceso normalizador e sobre a situación lingüística na actualidade, dirixidas aos catro sectores da comunidade educativa, particularmente ao alumnado e aos pais e nais, e facendo especial fincapé na situación do idioma entre a mocidade.

·       Divulgación, dirixida aos catro sectores da comunidade educativa, das actividades e das liñas de actuación propostas desde o Equipo, tratando de integrar nelas á maior cantidade de persoas posible.

·       Organización dun certame de teatro, con obras orixinais e sendo os autores-actores os propios alumnos e alumnas do Centro. A convocatoria realizarase no primeiro trimestre, fixándose o remate do prazo de presentación -e representación das obras- no terceiro trimestre.

·       Convocatoria dun concurso de cuñas radiofónicas coa finalidade de achegar a emisora de radio do Centro, FALAMELIDE, ao alumnado e viceversa.

·       Ofrecemento do apoio ao profesorado do Equipo de Normalización en relación co proceso de normalización da docencia.

·       Solicitude dirixida aos órganos directivos do Centro para a realización dun seguimento rigoroso do cumprimento da lexislación vixente no que abrangue ao número de aulas que deben levarse a cabo utilizando o galego como lingua vehicular.

·       Realización dun cuestionario socio-lingüístico entre os alumnos e alumnas de 1º de ESO e de 2º de Bacharelato, coa finalidade de inferir datos sobre o papel do Centro na práctica lingüística.

·       Edición dun almanaque do curso escolar.

·       Convocatoria dun concurso de postais de Nadal.

·       Edición dos folletos titulados Os nomes das madeiras e Os nomes dos mobles, como recurso para a galeguización das actividades do Ciclo Formativo de Madeira.

·       Realización de recolleitas de literatura popular.

·       Organización do concurso Á busca da parvallada, consistente en que os participantes investiguen en calquera tipo de medios de transmisión de información, as perolas e os erros máis salientables desde o punto de vista da toponimia e antroponimia galegas, recollendo testemuña mediante calquera medio –fotocopia, fotografía, diapositiva, vídeo...- para a súa posterior exposición.

 

 

5.2.3. Actividades a desenvolver no segundo trimestre.

 

·       Convocatoria dun concurso de carteis e lema alusivos ao uso da lingua.

·       Realización dunha campaña interna no Centro de animación e concienciación sobre o uso da lingua coa impresión do lema en material propagandístico.

·       Deseño dunha liña de traballo en coordinación co Departamento de Orientación do Centro que procure a galeguización das actividades persoais dos alumnos, tales como o tempo de estudio persoal na casa, a elaboración de traballos, etc.

·       Articulación dunha nova liña de contactos e actuacións conxuntas con aquelas entidades locais -asociacións culturais e políticas, nomeadamente- que contemplen entre os seus obxectivos a normalización do idioma.

·       Realización de actividades grupais dirixidas a pais e nais coa problemática lingüística como tema, en colaboración coa ANPA do centro.

·       Realización dun estudio sobre os nomes que utilizan os equipos de fútbol de todas as categorías galegas, coa finalidade de contrastar os resultados cos doutro estudio realizado hai anos no Centro e co obxectivo último de intervir na galeguización deses nomes e no respecto á toponimia oficial. A actividade será desenvolvida en colaboración coa Federación Galega de Fútbol.

 

 

5.2.4. Actividades a desenvolver no terceiro trimestre.

 

·       Organización de charlas e conferencias coa presencia dos novos narradores/as galegos.

·       Organización, en colaboración coas editoriais, e en coordinación con outras institucións do Concello –nomeadamente coas librerías- exposicións de libros co gallo da Semana das Letras.

·       Convocatoria dun concurso literario co gallo da Semana das Letras entre os alumnos e as alumnas. O concurso incluirá tamén unha sección especial dedicada á investigación sobre a lingua ou a literatura.

·       Divulgación da figura e da obra de Xoaquín Lourenzo Fernández, Xocas.

·       Convocatoria dunha homenaxe pública ao Curuxás, guerrilleiro da comarca sobre o cal están comezando a aparecer traballos de investigación.

·       Realización dunha nova edición dos "Premios anuais laranxa e limón do Equipo de Normalización Lingüística", para premiar -ou castigar- aquelas actuacións individuais ou colectivas destacables sobre a problemática e a normalización da lingua.

·       Organización dunha saída didáctica para o alumnado participante nas actividades do ENL ao longo do ano. A saída incluirá unha visita aos estudios dunha radio comercial, para asistir á emisión dun programa en directo.

 

 

5.3. Os recursos.

O ENL para acometer as súas actividades prevé que poida dispor, entre outros, dos seguintes recursos:

·       Dotación económica con cargo ao propio Centro para realizar actividades que pola súas características non poidan ser incluídas no solicitude de financiamento por parte da Consellería de Educación e O.U.

·       Subvención que anualmente concede a Consellería de Educación e O.U. para os ENL dos centros de ensino.

·       Fondos da biblioteca de normalización lingüística.

·       Material impreso que poida recibir doutras asociacións, institucións e organismos públicos ou privados.

 

 

6. Criterios e mecanismos de avaliación.

          Ao estaren representados no ENL os diferentes sectores da comunidade educativa do IES Melide, a propia reflexión grupal ha permitir cara o final de curso levar a cabo unha avaliación maina das actividades realizadas e dos seus resultados. A existencia de comisións de traballo dentro do propio ENL fará tamén posible que esta tarefa avaliadora teña lugar dun xeito sectorializado e, se cabe, máis fidedigno. A avaliación, en ambos os casos, terá en conta significadamente os resultados cualitativos de cada unha das actividades, aínda que non serán obviados tampouco os aspectos cuantitativos.

         A respecto doutro tipo de avaliacións externas ao propio ENL, é intención deste a elaboración dalgún tipo de cuestionario que permita calar o alcance das actuacións propostas desde o ENL. Igualmente, será solicitada dos órganos existentes no Centro –Asociación de Alumnado, Equipo Directivo, Claustro de Profesorado, Asociación de Pais e Nais e Consello Escolar- a súa propia valoración do traballo desenvolvido polo ENL.

Globalmente, preténdese que ao remate do curso se poida levar a cabo unha avaliación do traballo desenvolvido polo ENL en base aos seguintes criterios:

·       Actualizar a análise sobre problemática relativa ao conflicto lingüístico que existe en Galicia entre os integrantes da comunidade educativa do Centro.

·       Evidenciar entre a comunidade educativa a situación da lingua na comarca da Terra de Melide, con especial referencia á lingua de instalación do alumnado do centro.

·       Lembrar a lexislación que desenvolve a Lei de Normalización Lingüística no ensino.

·       Identificar as causas que impediron a realización de determinadas actividades programadas.

Ao longo do curso cabe a posibilidade de que se vaian modificando actividades en función dos atrancos atopados ou da especial dificultade que supoña a súa realización. Pola contra, poden organizarse actividades non incluídas no presente Proxecto que emerxan da confluencia de factores favorables á súa realización.

 

7. Integrantes do ENL do IES melide.

         Segundo a actividade na que participen directamente, no Equipo de Normalización Lingüística do IES Melide van colaborar as seguintes persoas:

NOME

AULA

GRUPO DE TRABALLO

TRABALLO ESPECÍFICO

Agra Cabado, José Miguel

S2A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Agra Mejuto, Lucía

S4C

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

 

Álvarez Dapena, Eva

PROF

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

Novidades tecnolóxicas (con dous alumnos/as)

Andersen Martínez, Inge Marie

S4A

"Afonso Castelao" (MATERIAL)

 

Arango Buján, Raúl

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Ayude Puga, Laura

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Ayude Puga, Rodrigo

B2B

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Barral Vázquez, Marcial

PnD

"Afonso Eáns"

(TABOLEIRO DA LIN)

Coord."PORTUGAL, TAN PERTO..."

Proxecto de intercambio

Barreiro Abad, Elma

S3D

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Barreiro Agra, Laura

S4A

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

 

Barrio Cabado, Mª Victoria

S2A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Blanco Rodríguez, Xosé F.

S1B

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Blanco Sánchez, Natalia

B2B

"Afonso Eáns"

(TABOLEIRO DA LIN)

Coordinación Taboleiro

"AS NOSAS ESCRITORAS"

Blanco Sánchez, Natalia

B2B

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Blanco Sánchez, Rubén

S4A

FALAMELIDE,

a radio natural

 

Blanco Taboada, Estrela

PROF

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

Coordinación Taboleiro

"O ESCRITOR DO MES"

Blanco Varela, Daniel

S4B

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

 

Bolaño Fisteus, Miguel

S1B

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Bruzos Cendán, Iván

S4D

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Cabado Ferreiro, Vanesa

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Cagide Varela, Noelia

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Camoira Barreiro, Sandra

B1C

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

 

Camoira Barreiro, Sandra

B1C

"Afonso Eáns"

(TABOLEIRO DA LIN)

 

Carreira Sánchez, Lorena

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Casal Ares, Cristina

S3D

FALAMELIDE,

a radio natural

 

Casal Costoya, Borja

S2C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Casal Costoya, Cristina

B2B

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Castro Blanco, Xosé Luís

PROF

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

 

Castro Rei, Manuel

PROF

Tarefas

xerais

Fotografía

Castro Varela, Diego

S4D

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Cea Vázquez, Socorro

PROF

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

Tarefas

xerais

Cobas Vázquez, Antón

PnD

"Afonso Eáns"

(TABOLEIRO DA LIN)

Coordinación

Conde Torreiro, Rubén

S4A

FALAMELIDE,

a radio natural

 

Díaz Teixo, Xosé Tomás

PROF

"Afonso Castelao" (MATERIAL)

Coordinación do grupo

Diéguez Peón, Elodie

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Diéguez Peón, Sabrina

B1C

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Expósito García, Iago

S2D

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Fernández García, Ruth

S3D

"Lugrís Freire"

(DÁLLE Á LINGUA)

 

Fernández García, Ruth

S3D

"Afonso Eáns"

(TABOLEIRO DA LIN)

 

Fernández Guzmán, Belén

PROF

"Afonso Eáns"

(TABOLEIRO DA LIN)

Coordinación Tab. "MÚSICA DE AQUÍ, DE AGORA"

Fernández Iglesias, Ignacio

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Fernández Illobre, Mª Dolores

PROF

"Afonso Castelao" (MATERIAL)

Coordinación do grupo???

Fernández Jiménez, Pepe

PROF

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

Traballo específico da madeira

Fernández López, Paula

B2A

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

 

Fociños Astrar, Virginia

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Freire Taboada, Lucas

B2A

"Lugrís Freire"

(DÁLLE Á LINGUA)

 

Fuciños Vázquez, Uxía

S2E

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Garabal Fernández, Samuel

S4A

FALAMELIDE,

a radio natural

 

García Costoya, Sergio

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

García Mejuto, David

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

García Parrado, Carlos

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

García Sánchez, Iván

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

García Sánchez, Laura

S4C

FALAMELIDE,

a radio natural

 

Garea Mato, Eva

B2A

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

González Bran, Isabel

 

"Afonso Castelao" (MATERIAL)

 

González Taboada, Esther

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Iglesias Fisteus, Patricia

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Iglesias Varela, Adolfo

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Iglesias Varela, Noelia

B2A

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Iglesias Varela, Xabier

PROF

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

Traballo específico da madeira

Lago Leis, Xoán Xosé

PROF

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

Coordinación EPA

Laya Sánchez, Zeltia

S4C

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

 

Laya Sánchez, Zeltia

S4C

"Afonso Castelao" (MATERIAL)

 

Liñeira Sánchez, Ánxeles

B1A

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

 

Liñeira Sánchez, Carme

S4C

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

 

Liñeira Sánchez, Carme

S4C

"Afonso Castelao" (MATERIAL)

 

Liñeira Segade, Alejandro

S2D

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

López Bugueiro, Jessica

S4C

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

López Coego, Rocío

B1C

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

López Coego, Rocío

B1C

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

 

López Coego, Rocío

B1C

"Afonso Eáns"

(TABOLEIRO DA LIN)

 

López Costoya, Marta

S2D

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

López Sande, Margarita

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

López Somoza, Cristina

S3E

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

López Varela, Carolina

S2C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Losada Soto, Susana

PROF

"Curros Enríquez" (INTRES)

Coordinación

Louzao Barreiro, Cristina

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Mariño Mosteiro, Brais

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Martínez Ramos, Xosé Luís

B2A

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Mato Gómez, Pablo

S1B

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Mato López, Marcos

S2D

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Mejuto Bermejo, Lucía

S2D

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Mejuto Fernández, Nuria

S2D

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Mejuto Ramos, Ana

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Mejuto Ramos, Sara

B1C

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Mejuto Rouco, Alba

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Méndez Martínez, Xoán Xosé

PnD

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

 

Méndez Oro, Beatriz

S2E

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Méndez Segade, Belén

B2A

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Montero Rodríguez, Verónica

S4C

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Monterroso Gómez, Carme

S2E

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Monterroso Gómez, Serxio

S2E

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Monterroso Mejuto, Manuel

PROF

"Lugrís Freire"

(DÁLLE Á LINGUA)

Coordinación

Mosquera Conde, Margarita

PROF

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

Coordinación

Mosteiro Cagide, Adrián

S1B

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Mosteiro Costoya, Eva

S4C

FALAMELIDE,

a radio natural

 

Mosteiro Refojo, Iván

S1B

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Mouriño Sexto, Verónica

S4C

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Nieto Otero, Carme

PROF

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

Coordinación

traballo necrolóxicas

Núñez Taboada, Silvia

S3E

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Otero Varela, Benito

PROF

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

Coordinación tardes

Pampín López, Iria

S3E

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Pampín Vizcaíno, Miguel

S1B

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Pardo Souto, Tania

S2E

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Pardo Vázquez, Marcos

S1B

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Paredes Bruzos, Gonzalo

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Parrado Rodríguez, Celia

S3C

"Afonso Castelao" (MATERIAL)

 

Pazos Bendoiro, Ana Mª

S2C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Penas Sánchez, Belén

B1C

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Penas Sánchez, Belén

B1C

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

 

Penas Sánchez, Belén

B1C

"Afonso Eáns"

(TABOLEIRO DA LIN)

 

Peón Pereiro, Alexandre

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Pérez Pérez, Xulio

PROF

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

Coordinación xeral

Coord. estudio fútbol/nomes

Plaza Villasante, Hugo de la

S3E

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Porto Cebreiro, Marcos

B2B

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Prada Bustillo, Mabel

PROF

"Afonso Eáns"

(TABOLEIRO DA LIN)

Coord."PORTUGAL, TAN PERTO..."

Proxecto de intercambio

Prado Conde, Andrea

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Prado Couso, Alba

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Quintela Gómez, Margarita

PROF

"Afonso Eáns"

(TABOLEIRO DA LIN)

Coordinación Tab. "LIBROS NOVOS PARA XENTE NOVA"

Ramos Ares, Beatriz

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Rial Santos, Susana

PROF

"Lugrís Freire"

(DÁLLE Á LINGUA)

Coordinación

Río Miguélez, Nuria

S3E

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Rivadulla Pampín, Marta

S3E

FALAMELIDE,

a radio natural

 

Rivadulla Pampín, Paula

S3E

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Rivadulla Torreiro, Sonia

S3E

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Roca Fernández, Mario

S2E

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Rodríguez Carril, Sandra

S2E

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Rodríguez García, Aritz

S4B

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

 

Rodríguez Íñiguez, Gloria

PROF

"Lugrís Freire"

(DÁLLE Á LINGUA)

Coordinación

Rodríguez Méndez, Miguel

PROF

Tarefas

xerais

 

Rodríguez Mosteiro, Patricia

S2C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Rodríguez Rodríguez, Elena

S3E

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Rodríguez Souto, Sonia

B2A

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Rodríguez Vila, Laura

S3E

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Rouco Varela, Lucía

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Rúa Castro, Rocío

B2A

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

 

Rúa Castro, Rocío

B2A

"Afonso Castelao" (MATERIAL)

 

Ruizolalla Pérez, Pilar

PROF

"Afonso Eáns"

(TABOLEIRO DA LIN)

Coordinación Tab. "MÚSICA DE AQUÍ, DE AGORA"

Saavedra Amo, Adrián

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Salgado Vázquez, María

S4C

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Sánchez Cardeiro, Ignacio

S2D

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Sánchez González, Rosendo

PROF

"Curros Enríquez" (INTRES)

Coordinación

Sánchez Pérez, Alberto

B2A

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Sánchez Pérez, Ana

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Sánchez Quiñoy, David

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Sánchez Rodríguez, Lucía

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Sánchez Souto, Andrea

S2E

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Sanguiao Vázquez, Cristina

S2D

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Sanmartín García, Emma

S3E

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Santos Peón, Xosé Manuel

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Seijas García, Esmeralda

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Seoane Gómez, Iago

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Seoane Sánchez, Diego

S2E

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Soengas Gómez, Xesús

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Souto Vázquez, Manuel

PROF

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

Coord. estudio fútbol/nomes

Proxecto de intercambio

Suárez Cagide, Marta

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Suárez Mato, Daniel

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Sueiro Carrón, Isabel

S4C

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Taboada González, Esther

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Taboada Vázquez, Vanessa

S2D

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Torreiro Martínez, Belén

S2E

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Torreiro Vilela, Alba

S4A

"Alexandre Bóveda" (CAMPAÑAS)

 

Trastoy López , Ariana

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Trincheri Gordon, Airina

S2D

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Val Guerreiro, Natalia

PROF

"Afonso Castelao" (MATERIAL)

Coordinación do grupo

Valiño Arias, Jonathan

S4B

FALAMELIDE,

a radio natural

 

Varela Mejuto, Diego

S2E

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Varela Sánchez, David

B2A

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Vázquez Álvarez, Suriña

S3E

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Vázquez Cardeiro, Lidia

B2A

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Vázquez Casal, Laura

S1C

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Vázquez Cea, David

S2E

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Vázquez Laíño, Ana

S3E

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Vázquez Mato, Natalia

S3E

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Vázquez Pintor, Mª Carme

S3D

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Vázquez Prado, Tania

S3D

"Lugrís Freire"

(DÁLLE Á LINGUA)

 

Vázquez Prado, Tania

S3D

"Afonso Eáns"

(TABOLEIRO DA LIN)

 

Vázquez Río, Miguel

S2D

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

 

Vázquez Sande, Sergio

S1B

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Vázquez Yáñez, Alejandro

B2B

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Veiga García, Francisco

PROF

Coordinación

xeral

 

Vidal Varela, Iván

S1B

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Villamor Bande, Ana Belén

B2B

"Curros Enríquez" (INTRES)

 

Villarabide Carril, Mario

S1A

"Manuel Díaz"

(1º CICLO)

"Intres"

Viña Vilas, Isabel

PROF

Tarefas

xerais

 

Yebra Pimentel, Xaquín

PROF

"Afonso Eáns"

(TABOLEIRO DA LIN)

Selección de textos

Implicación PIP