INTRODUCCIÓN
O desenvolvemento da programación
de aula para o 1º curso de BACHARELATO do IES MELIDE de Coruña,
para o curso escolar 2002-2003, materalízase nos seguintes bloques:
BLOQUE Nº 1: "O proceso e os productos
da tecnoloxía"
BLOQUE Nº 2: "Materiais"
BLOQUE Nº 3: "Elementos de máquinas e sistemas"
BLOQUE Nº 4: "Procedementos de fabricación"
BLOQUE Nº 5: "Recursos enerxéticos"
OBXECTIVOS
A asignatura de Tecnoloxía I, como
optativa no primeiro curso de bacharelato da modalidade de Ciencias
da Natureza e a Saude, plantexa o desenrolo nos alumnos y alumnas das
capacidades que a continuación se indican especificadas polos
bloques de contidos nos que se divide a materia, contribuindo a que
progresen na adquisición das mesmas.
1.- BLOQUE 1: "O PROCESO E OS PRODUCTOS
DA TECNOLOXÍA
Coñecer a disposición dunha empresa productora de bienes
de equipo ou de consumo. Coñecer as fases de producción
e comercialización dun artículo de consumo.
Realizar un diagrama de bloques de fluxo interno dunha empresa.
Saber distinguir entre pequena, mediana e gran empresa. Multinacionais.
Distinguir a funcionalidade departamental dunha empresa e as suas conexións
coas necesidades de terminación do producto ben rematado e a
importancia da rede comercial e de da imaxen da empresa.
2.- BLOQUE 2: "MATERIAIS"
Coñecer e clasificar os materiais de orixen natural e sintético,
empregados máis corrientemente nos procesos dos productos tecnolóxicos.
Expresar por diagrama de bloques os procesos de obtención de
materiais con implicación no noso entorno (productos siderúrxicos).
Desenrolar o coñoecemento sobre as características e aplicacións
dos productos plásticos e fibras textiles. Saber distinguir con
claridade os productos naturais dos sintéticos.
Coñecer e clasificar os materiais empregados na construcción
dunha vivienda.
Comprender como se desenrolan procesos tecnológxicos de obtención
e uso dos materiais máis corrientes, distinguindo os factores
económicos e sociais que aconsellan o emprego de un ou doutro.
3.- BLOQUE 3: "ELEMENTOS E PRINCIPIOS
DE MÁQUINAS"
Comprender o funcionamento dos elementos xeneradores de movimento, e
o seu papel na formación de sistemas funcionais determinados.
Saber as formas de actuacións primitivas e os elementos cas producen,
impulsados pola diversidade de enerxías primarias ou obtidas
a partir de éstas.
Saber inspeccionar un sistema sinxelo distinguindo os funcionamentos
simples e os provocados, así como as formas de transmisión
dos movementos.
Coñecer a distinción entre un sistema de control e un
sistema de potencia; as suas formas de acoplamento e respostas.
4.- BLOQUE 4: "PROCEDEMENTOS DE FABRICACIÓN"
Saber desenrolar autonomía na análise dos materiais e
obxetos de manipulación diaria, cos principios básicos
de dar formas ás cousas.
Saber realizar un diagrama de bloques da conformación por aplicación
das propiedades dos materiais, como fusión, laminación,
forxa, perfilado, etc.
Coñecer as fases que interveñen nun proceso de fabricación.
Valorar o traballo acabado, verificación, metroloxía,
erros.
Manexar prácticamente sabendo realizar una medida co micrómetro
y o calibre ou pe de rei.
5.- BLOQUE 5: "RECURSOS ENERXÉTICOS"
Implicar ós alumnos na importancia da aplicación da enerxía
nos procesos tecnolóxicos e no desenrolo da vida cotiá.
Presentación das distintas enerxías primarias coñecendo
a síntese dos procesos de obtención das enerxías
útiles, valorando os impactos de uso da enerxía no desenrolo
da sociedade y no medioambiente. Saber distinguir os fenómenos
más corrientes do uso de combustibles minerais e atómicos.
Formas de aforro cotidiano e de aumentar o rendemento no uso da enerxía.
Realizar un diagrama de bloques conceptual, de un proceso completo de
utilización da enerxía. Coñecer e valorar o emprego
das enerxías alternativas como posibles sustitutas de enerxías
clásicas.
METODOLOXÍA
Empregarase principalmente as seguintes
estratexias metodolóxicas, combinando normalmente varias delas,
para o desenrolo das diferentes unidades didácticas.
MÉTODO EXPOSITIVO - Empregarase para
transmitir información os alumnos sempre que sexa necesario.
Para elo, utilizarase unha explicación oral, apoiadas por medios
audiovisuais (se é posible).
MÉTODO DE DESCUBREMENTO GUIADO - Implica unha participación
máis activa do alumno, xa que a partires da formulación
dun problema, vai elaborando as súas conclusións.
MÉTODO HISTÓRICO - Implica ó alumno a investigar
buscando información e realizando un informe dun tema determinado.
MÉTODO DE PROXECTOS - Ademáis dos contidos teóricos,
a Tecnoloxía esixe un coñecemento experimental do funcionamento
de mecanismos, circuítos e sistemas en diferentes condicións
e circunstancias. Tamén cómpre verificar experimentalmente
as propiedades físicas, mecánicas y técnicas dos
materiais de uso habitual na industria. Por iso, resulta adecuado propoñe-la
realización de prácticas de taller de modo que os alumnos
e alumnas teñan ocasión de verifica-las aprendizaxes teóricas
acabadas. O deseño e realización de pequenos proxectos
técnicos relacionados cos problemas que se suscitan no texido
industrial do contorno aconsella a realización deste tipo de
actividades mediante un traballo en equipo. Deste xeito, lógrase
un enriquecemento mutuo dos alumnos e alumnas, ó tempo que permite
traballar determinados contidos actudinais, tales como a tolerancia,
a solidariedade e a aceptación das ideas alleas.
AVALIACIÓN
- Indentifica-los elementos funcionais dun
producto técnico de uso común que estea composto de varias
pezas, observando as diferencias entre estes en canto que inflúen
no seu funcionamento e na súa duración
- Valora-la influencia provocada por un producto ou servicio de uso
cotián sobre a calidade de vida, formulando posibles alternativas
para a mellora do mesmo
- Describi-lo material e os posibles procesos de fabricación
que permitan acadar un determinado producto presentado como mostra,
facendo unha estimación dos custos de fabricación, problemas
de uso e as repercusións que sobre o medio, poden provocar, tanto
os procesos de extracción, como os de elaboración e os
residuos que xeran.
- A partir da representación esquemática dunha aplicación
característica, face-la montaxe dun esquema eléctrico
e, a ser posible, doutro pneumático ou hidráulico.
- Calcular, a partir da información facilitada, o custo enerxético
do funcionamento dun centro docente ou dunha vivenda, achegando suxestións
sobre posibles técncias de aforro.
- Achegar e argumentar ideas e opinións propias ó equipo
de traballo no que estea integrado, sendo capaz de valorar e de adoptar
ideas alleas.
- Elaborar un proxecto técnico sinxelo que inclúa unha
memoria, estudio do equipamento por empregar e a valoración do
custo a prezos de mercado.
BLOQUE Nº 1
TÍTULO: O PROCESO E OS PRODUCTOS
DA TECNOLOXÍA
CONCEPTOS
- Normalización
1.Normalización.
- O anteproxecto técnico. O proxecto técnico
1.O anteproxecto técnico.
2.O proxecto técnico.
- A comercialización de productos. Redes de distribución.
Oferta e demanda
1.Concepto de mercado.
2.Distribución, transporte e comercialización. Redes de
distribución.
3.O consumidor.
- Control de calidade e seguimento dos productos comercializados
1.Control de calidade. Lexislación vixente.
2.O proceso de control. Concepto e fases.
- Proceso cíclico do deseño e mellora dos productos
1.A actividade productiva.
2.Sectores productivos.
3.Organización da empresa.
4.Financiación e xestión administrativa.
5.Tratamento da información e a comunicación na organización
empresarial.
PROCEDEMENTOS
- Empregando diversas fontes, identificación
da información máis elemental que se precisa para aborda-la
análise e valoración de diferentes modalidades de proxectos
1.Busca de informaci¢n.
2.Contraste coas condicións do proxecto.
3.Selección da información máis apropiada.
- Manipulación de obxectos iguais ou semellantes ós que
queremos deseñar, analizando o seu funcionamento, facendo unha
descrición do mesmo e razoando a inclusión de posibles
melloras
1.Recompilación de obxectos e mecanismos iguais ou semellantes
ó que se pretende construir.
2.Observación da sua forma, dimensións e elementos compoñentes
(análise anatómica).
3.Observación e descrición do funcionamento global e da
función de cada unha das suas partes (análise funcional).
4.Observación e descrición das formas constructivas empregadas
(análise técnica).
5.Síntese da información recompilada e proposta de introducción
de melloras.
- Realización en grupo do estudio dun proxecto, con repartición
de tarefas e discusión das decisións adoptadas, respectando
os prazos dados para a sua execución
1.Planificación do desenvolvemento dun proxecto técnico
en equipo e distribución das tarefas.
2.Confección da folla de planificación e das follas de
proceso correspondentes.
3.Execución da fase constructiva respectando os prazos determinados
na planificación.
- Redacción da memoria e cálculo, co emprego de follas
adecuadas, do presuposto correspondente a un proxecto
1.Recompilación da documentación gráfica e técnica
xerada durante o estudio do proxecto.
2.Elaboración dun presuposto que inclúa tódolos
custos (materiais, enerxía e man de obra).
3.Elaboración da memoria incluindo nela os documentos xerados
no estudio do proxecto.
- Elaboración de informes que recollan as características
de productos semellantes normalizados e non normalizados que estean
a facerse competencia, identificando as vantaxes en termos de economía
e fiabilidade
1.Recompilación de productos técnicos, uns normalizados
e outros non normalizados, que pretendan satisface-la mesma necesidade
humana.
2.Análise comparativa das suas calidades.
3.Identificación das vantaxes que supón a utilización
de productos técnicos normalizados.
4.Elaboración de conclusións e redacción do informe
correspondente.
- Planificación e desenvolvemento dun proxecto de deseño
e comercialización dun producto
1.Planificación e desenvolvemento do deseño dun producto.
2.Planificaci¢n e desenvolvemento do proceso de comercialización
dun producto.
- Análise de formas constructivas que, por estar moi experimentadas
e ter unha efectividade contrastada, repítense en aparellos de
índole moi diversa
1.Observación de aparellos, mecanismos e sistemas de diversa
índole e identificación das suas formas constructivas.
2.Comparación das análises realizadas e localización
das formas constructivas que se repiten con máis frecuencia.
3.Xustificación da eficiencia das formas constructivas que se
repiten, en términos técnicos, económicos e sociais.
ACTITUDES
- Actitude crítica fronte a tódolos
productos do mercado, tratando sempre de valora-las contribucións
e diferenciando o realmente importante do superfluo
1.Valoración crítica das repercusións da producción
dun obxecto ou producto tecnolóxico sobre a calidade de vida
das persoas.
2.Actitude responsable ante a utilización de productos tecnolóxicos.
- Valoración da necesidade social de que se coñezan e
reclamen os dereitos como usuarios dun servicio ou como consumidores
de calquera servicio ou producto
1.Interese por coñece-los dereitos que asisten ¢s consumidores
ou usuarios de productos ou servicios de tipo técnico.
2.Recoñecemento da necesidade social de coñece-los dereitos
do consumidor e usuario fronte ó uso de productos ou servicios
de tipo técnico.
3.Actitude responsable no exercicio dos dereitos como consumidor e usuario.
- Valoración da necesidade de proceder ordenadamente no desenvolvemento
dun proxecto técnico, completando as tarefas e respectando os
prazos acordados
1.Coñecemento das fases polas que transcorre o desenvolvemento
de calquera proxecto técnico.
2.Interese por levar adiante un proxecto técnico seguindo as
fases de desenvolvemento de maneira ordenada.
3.Hábito de levar a cabo un proxecto completando as tarefas e
respectando os prazos acordados.
- Actitude aberta ante as diferentes solucións dadas a un proxecto
técnico e as razóns que influen na sua elección
1.Recoñecemento das diferentes solucións que poden darse
a un mesmo problema técnico.
2.Valoración das achegas alleas.
3.Hábito de consensuar co resto do equipo a solución a
un problema técnico tendo en conta as propias solucións
e as alleas.
TEMPORALIZACIÓN: 4 semanas
BLOQUE Nº2
TÍTULO:"MATERIAIS"
CONCEPTOS
- Estado natural, extracción e transformación
dos materiais
1.Necesidade de materiais para os procesos de fabricación.
2.Obtención de materiais a partir das materias primas.
3.Minerais para a obtención do ferro.
4.Emprego de materias metálicos non férricos.
5.Materias primas para a obtención de plásticos.
6.Materiais semiconductores.
7.Materiais para a construcción.
8.Materiais textiles.
- Materias compuestos
1.Clasificación dos materiais.
2.Mellora das propiedades dos materiais metálicos.
- Estructura interna e propiedades dos materiais
1.Propiedades máis relevantes dos materiais: dureza, fraxilidade,
elasticidade, plasticidade, ductilidade, maleabilidade, tenacidade,
fatiga, moldeabilidade e resiliencia.
2.Outras propiedades dos materiais: cor, textura, magnetismo, resistencia
calor e conductividade eléctrica.
- Aplicaci¢n e elección dos materiais
1.Aplicacións dos materiais segundo as suas propiedades.
2.Outras propiedades para a selección dos materiais.
- Formas comerciais
1.Os productos acabados.
- Impacto ambiental producido pola obtención, transformación,
elaboración e refugo de materiais
1.Impacto ambiental producido na obtención de materiais.
2.Formas de contaminación provocadas pola transformación
e refugallo de materias primas e materiais de uso técnico
PROCEDEMENTOS
- Manexo de materiais diversos, para familiarizarse
coas propiedades físicas perceptibles de inmediato
1.Selección do material obxecto de estudio.
2.Identificación das propiedades observables: cor, textura, etc.
3.Asociación dun material coas propiedades observables.
- Clasificación dos materiais de acordo coas propiedades físicas
e tecnolóxicas
1.Establecemento da función que debe cumprir un determinado material
nun obxecto ou sistema tecnolóxico.
2.Determinación das propiedades que debe posuir para cumprir
adecuadamente a sua misión.
3.Análise dos materiais dispoñibles e observación
das suas propiedades físicas e técnicas.
4.Selección dos materiais para unha función determinada
a partir das suas propiedades.
5.Elaboración dun breve informe no que se describa o proceso
global e cada un dos procesos parciais que teñen lugar nel.
ACTITUDES
- Interese por descubrir e avalia-los problemas
xerados polos residuos
1.Identificaci¢n dos productos residuais que se producen como consecuencia
da actividade técnica.
2.Análise do impacto social e ambiental que xeran os residuos.
3.Recoñecemento da importancia de trata-los residuos para minimiza-lo
seu impacto.
4.Valoración positiva dos procedementos de tratamento de residuos
e proposta de soluci¢ns alternativas en casos concretos.
5.Hábito de facilita-lo tratamento dos residuos orixinados pola
actividade doméstica e escolar.
- Curiosidade por coñecer e descubri-lo xeito de dar utilidade
práctica á maioría dos elementos existentes na
natureza
1.Observación da gran variedade de elementos e materiais existentes
no contorno.
2.Recoñecemento da utilidade de tódolos materiais, en
función das suas propiedades, para diferentes usos e funcións.
3.Interese por dar utilidade práctica ós elementos e materiais
presentes no contorno.
- Interese en comprender como se poden formar productos compostos que
superen a maioría das boas calidades dos materiais integrantes
1.Análise anatómica, funcional e técnica dun obxecto
e recoñecemento das propiedades dos diferentes materiais que
o integran.
2.Observación de deficiencias no funcionamento do obxecto, como
consecuencia das propiedades dos materiais compoñentes.
3.Proposta de caracterésticas doutros materiais que superen as
deficiencias detectadas nos existentes.
TEMPORALIZACIÓN: 4 semanas
BLOQUE Nº 3
TÍTULO: ELEMENTOS E PRINCIPIOS DE
MAQUINAS
CONCEPTOS
- Máquinas e sistemas mecánicos.
Transmisión e transformación de movementos. Soporte e
unión de elementos
1.Informe histórico das máquinas.
2.Concepto e clasificación de máquinas.
3.Elementos transmisores de esforzos
4.Transmisi¢n e transformación de movementos lineais e rotativos
5.Acumulaci¢n de enerxía mecánica.
6.Disipadores de enerxía.
7.Soportes e chumaceiras.
8.Lubricación.
9.Unión de elementos mecánicos.
- Elementos dos circuitos eléctricos. Simboloxía eléctrica
básica
1.Circuitos xenéricos.
2. circuito eléctrico.
3.Simboloxía eléctrica básica
PROCEDEMENTOS
- Montaxe e experimentación de circuitos
eléctricos
1.Selección do circuito que se quere montar.
2.Identificación dos seus elementos compoñentes.
3.Deseño previo do esquema representativo do circuito, utilizando
a simboloxía normalizada.
4.Planificación do proceso de montaxe, prevendo os materiais,
as ferramentas e os útiles necesarios.
5.Montaxe do circuito, respetando a planificación e as normas
de uso de ferramentas e máquinas.
6.Experimentación do funcionamento do circuito e determinación
cuantitativa do seu funcionamento.
7.Revisión e nova montaxe en caso de mal funcionamento do circuito.
- Deseño, montaxe e experimentación de mecanismos característicos
1.Selección do mecanismo.
2.Identificación dos seus elementos compoñentes.
3.Deseño previo da montaxe.
4.Planificación do proceso de montaxe, prevendo os materiais,
as ferramentas e os útiles necesarios.
5.Montaxe do mecanismo respectando a planificación e as normas
de uso de ferramentas e máquinas.
6.Experimentación do funcionamento do mecanismo e determinación
cuantitativa do seu funcionamento.
- Manexo de aparatos eléctricos e mecánicos de medida
1.Identificación da variable que se quere medir.
2.Selección do aparato para realiza-la medida.
3.Análise da forma de utilización e do modo de interpreta-la
lectura.
4.Utilización do aparato no contexto adecuado e obtención
da medida.
5.Estimación do grao de precisión e fiabilidade do aparato
e rexistro da medida con expresión da marxe de erro previsible.
- Lectura e interpretación de esquemas básicos
1.Representación esquematizada de circuitos.
2.Interpretación de planos e esquemas.
ACTITUDES
- Interese por participar activamente na
execución de montaxes e desmontaxes de máquinas diversas,
valorando a necesidade da seguridade por medio de métodos ordenados
e previamente estudiados.
1.Recoñecemento da utilidade das operacións de montaxe
e desmontaxe de máquinas, mecanismos e circuitos para comprender
mellor o seu funcionamento.
2.Recoñecemento da necesidade de respecta-las normas de seguridade
no manexo de ferramentas e máquinas á hora de proceder
ó montaxe e desmontaxe de artefactos.
3.Interese por montar e desmontar artefactos, respectando en todo momento
as normas de seguridade.
TEMPORALIZACIÓN: 7 semanas
BLOQUE Nº4
TÍTULO: PROCEDEMENTOS DE FABRICACION
CONCEPTOS
- Factores que inflúen na elección
dun proceso
1.Factores de tipo técnico.
2.Factores de tipo económico.
3.Factores de tipo social.
4.Factores de tipo ambiental.
- Técnicas de fabricación con máquinas e ferramentas.
Conformado, mecanizado e unión de pezas
1.Procesos de traballo.
2.Técnicas de fabricación.
3.Novos procedementos de fabricación: láser, electroerosión...
4.As máquinas do taller mecánico.
5.Máquinas con arranque de labras.
6.Máquinas sen arranque de labras.
7.Mecanizado manual de pezas.
8.Normas de uso e mantemento de máquinas e ferramentas.
- Prevención de accidentes no manexo de máquinas e de
ferramentas
1.Prevención e protección no traballo.
2.A normativa oficial de Seguridade e Hixiene.
3.Planificación da seguridade.
- Impacto ambiental derivado dos procesos de fabricación
1.Formas de contaminación dos procesos de fabricación.
2.Reducción do impacto ambiental.
PROCEDEMENTOS
- Clasificación de procedementos
de fabricación dalgúns productos, valorando a calidade
do proceso, o custo da producción e o impacto ambiental
1.Análise dos procesos de fabricación utilizados na fabricación
dun determinado producto.
2.Determinación aproximada do custo de fabricación.
3.Análise do impacto ambiental xerado pola utilización
dos procesos analizados.
4.Estimación da calidade global do proceso e proposta de procesos
alternativos que supoñan un menor custo ou minimicen o impacto
ambiental.
- Comparación entre diferentes procedementos cos que sexa posible
a fabricación dun obxecto
1.Recompilación de información sobre diferentes procedementos
de fabricación dun obxecto determinado.
2.Análise das características de cada un dos procesos
atendendo a factores técnicos, sociais, económicos e ambientais.
3.Valoración ponderada de cada proceso.
4.Ordenación dos procesos analizados segundo diferentes criterios.
- Manexo de ferramentas empregadas para a execución de mecanizados
manuais
1.Análise da forma de uso dunha ferramenta.
2.Identificación dos riscos potenciais para a saúde e
a seguridade persoal derivados do seu uso.
3.Proposta de normas de seguridade no uso da ferramenta analizada.
4.Utilización da ferramenta atendendo as normas de seguridade
propostas.
- Utilización de catálogos e prontuarios de productos
semielaborados e acabados, seleccionando as especificacións adecuadas
para a sua adquisición
1.Recompilación de catálogos e prontuarios de productos
semielaborados e acabados.
2.Análise da información que conteñen e clasificación
desta segundo sexa técnica ou económica.
3.Selección dos productos adecuados para unha determinada aplicación
en función das suas calidades técnicas.
4.Estimación do custo económico da adquisición.
- Elaboración de informes a partir da observación directa
ou indirecta de diferentes técnicas de fabricación e da
análise dos obxectos producidos
1.Selección da técnica de fabricación que se quere
analizar.
2.Identificación dos materiais dos que parte o proceso.
3.Observación dos procesos de transformación e análise
dos medios, as técnicas de traballo e as fontes de enerxía
empregadas neles.
4.Recoñecemento dos productos que se obteñen e realizacin
dunha análise anatómica, funcional e técnica destes.
5.Elaboración dun informe no que se describa o proceso global
e cada un dos procesos parciais que teñen lugar nel.
ACTITUDES
- Valoración da necesidade de emprega-los
medios de protección e de prevención das enfermidades
profesionais e accidentes
1.Recoñecemento da utilidade dos medios de protección
no uso de máquinas.
2.Toma de conciencia das consecuencias sociais graves que supoñen
os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais.
3.Hábito de utiliza-los medios de protección adecuados
e de previ-las enfermidades profesionais.
- Actitude crítica sobre as características e a calidade
de productos industriais de uso cotián e interese por proporcionar
solucións alternativas
1.Análise da calidade dos productos de uso cotián.
2.Valoración crítica destes.
3.Proposta de solucións alternativas.
TEMPORALIZACIÓN: 7 Semanas
BLOQUE Nº 5
TÍTULO: RECURSOS ENERXÉTICOS
CONCEPTOS
- Fontes enerxéticas
1.Concepto de enerxia.
2.Fontes e formas de enerxía.
- Obtención e transporte de productos enerxéticos
1.Combustibles fósiles: carbón, petróleo e gas
natural.
2.Electricidade.
- Centros para a producción e transformación da enerxía
eléctrica
1.Centrais térmicas.
2.Centrais hidroeléctricas
3.Centrais nucleares.
4.Centrais eólicas.
5.Aproveitamento da enerxía solar.
6.Outros tipos de centrais.
- Aplicacións da enerxía
1.A enerxía térmica.
2.A enerxía eléctrica.
3.Aproveitamento de fontes alternativas de enerxía.
- Impacto ambiental producido na obtención de enerxía
eléctrica
1.Impacto das centrais térmicas.
2.Impacto das centrais hidroeléctricas.
3.Impacto das centrais nucleares.
4.Impacto doutros tipos de centrais.
- Consumo enerxético. Optimización do consumo. Técnicas
de aforro
1.O consumo de enerxía no uso doméstico.
2.Comercialización da enerxía para uso doméstico.
3.A factura da enerxía.
4.Consumo dos electrodomésticos de uso habitual.
5.Elementos de seguridade das instalacións.
6.Técnicas de aforro enerxético.
PROCEDEMENTOS
- Elaboración de traballos que aborden
a influencia do consumo enerxético na calidade de vida e o seu
impacto ambiental
1.Recompilación de información sobre a evolución
do consumo enerxético na propia vivenda ó longo de varios
anos.
2.Análise dos cambios e melloras na calidade de vida durante
o mesmo período de tempo.
3.Establecemento de relacións entre o consumo enerxético
e a calidade de vida.
4.Valoración do impacto ambiental derivado do maior consumo enerxético
no ámbito da propia vivenda, na localidade e en Galicia.
5.Elaboración de conclusións e redacción do traballo.
- Cálculo do custo da enerxía consumida nunha vivenda
ou edificio, suxerindo técnicas alternativas de aforro
1.Análise de facturas e doutros documentos técnicos que
faciliten a lectura do consumo enerxético.
2.Análise das condicións de uso da vivenda ou do edificio
para determina-las razóns que xustifican o consumo medido.
3.Proposta de técnicas de aforro.
4.Aplicación das técnicas de aforro propostas e comprobación
da sua eficacia na reducción do consumo enerxético.
- Montaxe e experimentación de instalacións sinxelas de
transformación da enerxía
1.Análise do tipo de transformación enerxética
que se quere realizar.
2.Deseño previo da instalación.
3.Recompilación de materiais, ferramentas e útiles necesarios
para a montaxe.
4.Planificación do proceso de traballo.
5.Montaxe da instalación.
6.Comprobación do funcionamento e redeseño en caso necesario.
7.Avaliación dos resultados e elaboración dun informe
explicativo da instalación e o seu funcionamento.
ACTITUDES
- Curiosidade polo descubrimento das enerxías
consideradas ata agora como alternativas e as suas posibilidades futuras
1.Recoñecemento do interese crecente que suscitan as enerxías
alternativas e as suas posibilidades de futuro.
2.Interese por analizar posibles aplicacións das enerxías
alternativas no contorno persoal e doméstico.
- Preocupación polo impacto que sobre o ambiente pode producir,
tanto a explotación como o transporte e consumo de productos
enerxéticos
1.Recoñecemento da existencia dun impacto ambiental dos procesos
enerxéticos.
2.Proposta de adopción de medidas alternativas que minimicen
ou atenúen o impacto ambiental dos procesos enerxéticos.
- Valoración da conveniencia de facer un gasto moderado da enerxía
1.Recoñecemento da existencia de técnicas de aforro que
minimizan o consumo de enerxía e o seu custo económico.
2.Valoración da necesidade de aforro enerxético desde
un punto de vista económico, social e ambiental.
3.Adopción de hábitos de aforro enerxético no contorno
persoal.
TEMPORALIZACIÓN: 6 Semanas