|
INTRODUCCIÓN
O desenvolvemento da programación
de aula para o 1º CURSO da ESO do IES MELIDE de a Coruña,
para o curso escolar 2003/04, materalízase nas seguintes unidades
didácticas:
UNIDADE DIDÁCTICA 1: "A
Tecnoloxía"
UNIDADE DIDÁCTICA 2: "O debuxo técnico"
UNIDADE DIDÁCTICA 3: "Materiais e ferramentas de uso técnico"
UNIDADE DIDÁCTICA 4: "Estructuras e mecanismos"
UNIDADE DIDÁCTICA 5: "Circuítos e compoñentes
eléctricos"
UNIDADE DIDÁCTICA 6: "Informática Básica"
UNIDADE DIDÁCTICA 7: "Manexo do ordenador"
UNIDADE DIDÁCTICA 8: "Internet"
UNIDADE DIDÁCTICA 1: "A
TECNOLOXÍA"
OBXECTIVOS
1. Coñece-lo concepto de tecnoloxía, identificando como
obxecto tecnolóxico todo o que foi deseñado para satisface-las
necesidades humanas.
2. Indentificar entre as características estéticas e funcionais
nos obxectos tecnolóxicos.
3. Coñece-las fases dun proxecto técnico.
4. Coñecer aqueles avances tecnolóxicos que máis
contribuiron a mellorar a nosa forma de vivir o longo da historia.
CONTIDOS
CONCEPTUAIS
1. Concepto de tecnoloxía: respostar ás necesidades concretas
mediante o desenrolo de obxectos, máquinas ou dispositivos.
2. Características funcionais e estéticas dos obxectos tecnolóxicos.
3. Fases do proceso de resolución técnica de problemas.
4. Principais hitos tecnolóxicos da historia.
PROCEDIMENTAIS
1. Observación dos obxectos de uso cotiá como obxectos tecnolóxicos.
2. Distinción entre características funcionais e características
estéticas nos obxectos tecnolóxicos.
2. Observación dos obxectos tecnolóxicos ó longo
do tempo.
ACTITUDINAIS
1. Interese por observa-los obxectos que nos rodean, a súa utilidade,
e adecuación ó fin para o que foron deseñados.
2. Desexo de coñece-la historia da humanidade a través dos
seus obxectos tecnolóxicos.
3. Curiosidade por entende-la necesidade dun continuo avance da tecnoloxía.
ACTIVIDADES
1. Realizar algún traballo sobre inventores, obxectos tecnolóxicos
máis importantes...etc.
2. Exercicios onde se estudie aqueles obxectos tecnolóxicos que
se consideren máis importantes e aqueles cos que poderíamos
vivir sen eles.
3. Exercicios onde se diferencien as características funcionais
e estéticas de diferentes obxectos tecnolóxicos.
4. Debate sobre as necesidades básicas dos seres humanos.
5. Empregarase o ordenador e internet para buscar información sobre
a historia da tecnoloxía, inventores, avances tecnolóxicos,
etc.
AVALIACIÓN
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Os alumnos ó remate da unidade didáctica teñen que
ser capaces de:
1. Identificar diferentes obxectos tecnolóxicos e recoñecer
as características funcionais e estéticas.
2. Coñece-las diferentes fases dun proxecto técnico e aplica-lo
a un proxecto de aula.
3. Coñece-lo proceso de creación dun obxecto tecnolóxico
e a súa evolución.
4. Coñece-los avances tecnolóxicos que máis cambiaron
a nosa vida o longo da historia.
5. Valora-la limpeza e orde do caderno de clase como documento onde se
recolle todo o traballo de clase
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
1. OBSERVACIÓN DIRECTA: Permitiranos avaliar , sobre todo, destrezas
e habilidades. Os tempos de esta avaliación virán determinados
polo desenvolvemento das actividades de ensino-aprendizaxe.
2. TRABALLOS DE AULA: Escolleranse coidadosamente algúns dos traballos
desenvoltos como actividades de ensino-aprendizaxe polos alumnos e alumnas,
de xeito que poidamos avalia-la consecución de tódolos obxectivos.
O momento desta avaliación será inmediato ó remate
das devanditas actividades.
3. CADERNO DE AULA: Servirá para contemplar os datos recollidos
dos traballos de aula e para avaliar o interese pola limpeza e orde nos
traballos de aula.
4. PROBAS ESCRITAS: Realizaranse ó principio e ó remate
da unidade didáctica. A primeira ten por obxecto averigua-lo nivel
de coñecementos básicos; a última serve para comproba-lo
nivel final de coñecementos adquiridos no decurso de unidade didáctica.
O tipo de probas escritas quedará a criterio de cada profesor,
podendo realizar exames tipo test, preguntas tema, cuestións.
5. PROBAS PRÁCTICAS: cando a unidade didáctica o requira,
realizarase algunha proba práctica do tema, podendo contabilizar
dende un un ata un cen por cen da nota de avaliación.
6. PROBAS ORAIS: cando o profesor o estime realizará algunha proba
oral, xa sexa mediante un traballo realizado en grupo ou individual ou
un control de avaliación dunha unidade en concreto.
INSTRUMENTOS DE RECUPERACIÓN
Cando o profesor o considere oportuno, realizará algunha proba
de recuperación dunha unidade didáctica en concreto ou dalgunha
avaliación. O sistema de recuperación será similar
ó de avaliación. Cada profesor do departamento elixirá
un método ou outro dependendo de cada caso.
UNIDADE DIDÁCTICA 2: "O
DEBUXO TÉCNICO"
OBXECTIVOS
1. Aprender a deseñar e planificar un obxecto.
2. Coñece-los diferentes instrumentos de trazado e os tipos de
soportes; aprender a elexi-los máis axeitados para o traballo que
se fará, xa sexan debuxos definitivos ou modificables, acotacións,
rectas, curvas, ángulos, etc.
3. Realizar bocetos a man alzada collendo como modelo obxectos sólidos
do noso entorno, como primeiro paso no deseño, tendo en conta que
un boceto está suxeito a múltiples modificacións
posteriores.
4. Partindo do primero boceto, aprender a elaborar un croquis que incluia
datos máis técnicos e precisos sobre o modelo, como as súas
dimensións exactas, tamaño relativo das pezas que o forman,
como é o obxecto dende distintos puntos de vista, como se unen
as diferentes pezas, funcionamento...
5. Identificar e plasmar no croquis as vistas ortogonais do obxecto: alzado,
planta e perfil.
6. Aprender a acotar con precisión as medidas dun modelo sobre
as súas vistas ortogonais no croquis como último paso para
chegar a deseñar os nosos propios obxectos.
CONTIDOS
CONCEPTUAIS
1. Definición de debuxo técnico.
2. Distintos instrumentos de trazado e instrumentos auxiliares.
3. Como se realiza un boceto. Que é un croquis.
4. As vistas ortogonais e as acotacións no debuxo técnico.
5. A perspectiva no debuxo.
PROCEDIMENTAIS
1. Observación dos obxectos do noso entorno como obxectos tecnolóxicos.
2. Selección de instrumentos de trazado, auxiliares e soportes
adecuados.
3. Realización de bosquexos de obxectos sinxelos.
4. Realización dun croquis completo dun obxecto simple.
ACTITUDINAIS
1. Interese por coñecer como están deseñados os obxectos
tecnolóxicos do noso entorno.
2. Interese por deseñar e planificar os nosos propios obxectos.
3. Recoñecemento da importancia do debuxo técnico no proceso
de fabricación de obxectos.
ACTIVIDADES
1. Presentar contidos básicos sobre xeometría (paralelismo,
perpendicularidade, ángulos, figuras xeométricas básicas).
2. Analizar anatómicamente e funcionalmente os útiles básicos
de debuxo técnico.
3. Expoñe-la técnica do bosquexo de figuras xeométricas
sinxelas.
4. Averigua-las medidas reais de varios debuxos feitos a escala coa axuda
do escalímetro, primeiro, e dunha regra graduada, despois.
5. Construir varias pezas sinxelas de cartolina a partires de modelos
recortables. Despois de construídas representalas en diédrico.
6. Expoñe-las da representación de vistas, a súa
finalidade e as normas de acoutación no Sistema Europeo de representación
de vistas.
AVALIACIÓN
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Indica-los instrumentos de trazado e de apoio máis axeitados
para deseñar un obxecto determinado, tendo en conta todalas posibilidades.
2. Realizar varios bosquexos de obxectos diferentes e sinxelos que se
atopen na aula.
3. Realiza-los croquis dun obxecto máis complexo, reflexando as
tres vistas e coas acoutacións axeitadas, así aportarase
a información necesaria para poder fabricarlo.
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
1. OBSERVACIÓN DIRECTA: Permitiranos avaliar , sobre todo, destrezas
e habilidades. Os tempos de esta avaliación virán determinados
polo desenvolvemento das actividades de ensino-aprendizaxe.
2. TRABALLOS DE AULA: Escolleranse coidadosamente algúns dos traballos
desenvoltos como actividades de ensino-aprendizaxe polos alumnos e alumnas,
de xeito que poidamos avalia-la consecución de tódolos obxectivos.
O momento desta avaliación será inmediato ó remate
das devanditas actividades.
3. CADERNO DE AULA: Servirá para contemplar os datos recollidos
dos traballos de aula e para avaliar o interese pola limpeza e orde nos
traballos de aula.
4. PROBAS ESCRITAS: Realizaranse ó principio e ó remate
da unidade didáctica. A primeira ten por obxecto averigua-lo nivel
de coñecementos básicos; a última serve para comproba-lo
nivel final de coñecementos adquiridos no decurso de unidade didáctica.
O tipo de probas escritas quedará a criterio de cada profesor,
podendo realizar exames tipo test, preguntas tema, cuestións.
5. PROBAS PRÁCTICAS: cando a unidade didáctica o requira,
realizarase algunha proba práctica do tema, podendo contabilizar
dende un un ata un cen por cen da nota de avaliación.
6. PROBAS ORAIS: cando o profesor
o estime realizará algunha proba oral, xa sexa mediante un traballo
realizado en grupo ou individual ou un control de avaliación dunha
unidade en concreto.
INSTRUMENTOS DE RECUPERACIÓN
Cando o profesor o considere oportuno, realizará algunha proba
de recuperación dunha unidade didáctica en concreto ou dalgunha
avaliación. O sistema de recuperación será similar
ó de avaliación. Cada profesor do departamento elixirá
un método ou outro dependendo de cada caso.
UNIDADE DIDÁCTICA 3: "MATERIAIS E FERRAMENTAS DE
USO TÉCNICO"
OBXECTIVOS
1. Coñece-los principais materiais dos que están feitos
os obxectos do noso entorno.
2. Aprender a distinguir entre materiais naturais e artificiais, e os
seus distintos tipos.
3. Coñece-las propiedades máis importantes dos diferentes
materiais.
4. Aprender a seleccionar os materiais axeitados para fabricar un obxecto
en función das propiedades do material e do uso que lle imos dar.
5. Coñece-las principais propiedades da madeira e a súa
importancia na construcción de estructuras, ferramentas, mobles...
6. Coñece-las distintas formas comerciais da madeira, relacionando
as características de cada unha de elas co uso que se lle vai dar.
7. Profundizar no coñecemento da madeira: obtención, algunhas
das súas aplicacións, madeiras de uso habitual...
8. Aprende-las técnicas básicas á hora de traballar
a madeira: técnicas de corte, unión e acabado.
CONTIDOS
CONCEPTUAIS
1. Diferencia entre materiais naturais e transformados.
2. Principais propiedades dos materiais.
3. A madeira: características, formas de obtención, aplicacións
e tipos.
4. Técnicas básicas para traballa-la madeira.
PROCEDIMENTAIS
1. Observación e recoñecemento dos materiais que compoñen
os obxectos do noso entorno.
2. Selección dos materiais axeitados en función das súas
propiedades.
3. Realización de técnicas de corte, de unión e de
acabado no traballo con madeira.
ACTITUDINAIS
1. Interese por coñece-los distintos materiais de que están
feitos os obxectos que nos rodean.
2. Interese por aprender a seleccionar os materiais máis axeitados
para a fabricación dun obxecto en función das súas
propiedades.
3. Interese por coñece-las utilidades e formatos da madeira e as
súas principais técnicas de traballo.
ACTIVIDADES
1. Realizar fichas onde se expliquen os distintos tipos de madeiras prefabricadas
(aglomerados, contrachapados, fibras), nas que figuren distintos aspectos
como a cor, os acabados, propiedades, aplicacións, etc.
2. Buscar información sobre árbores autóctonas características
da zona de Melide e facer unha ficha con cada unha delas.
3. Elaborar un traballo en Word no que se faga unha análise dalgunhas
ferramentas, técnicas e operacións máis empregadas
no taller de tecnoloxía. O documento incluirá as normas
de utilización, seguridade e conservación das ferramentas.
Definición das partes de que constan as ferramentas e os materiais
para as que son máis axeitadas.
4. Buscar información sobre fábricas, talleres, tendas que
empregen a madeira e investiga sobre cales están no entorno de
Melide.
AVALIACIÓN
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Diferenciar entre materiais naturais e transformados.
2. Coñece-las propiedades máis importantes dos materiais,
e seleccionalos en función da súa aplicación.
3. Coñece-las principais propiedades da madeira, os distintos tipos
de madeiras e as súas presentacións comerciais.
4. Emprega-las distintas técnicas de traballo con madeira no taller
nalgún proxecto sinxelo.
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
1. OBSERVACIÓN DIRECTA: Permitiranos avaliar , sobre todo, destrezas
e habilidades. Os tempos de esta avaliación virán determinados
polo desenvolvemento das actividades de ensino-aprendizaxe.
2. TRABALLOS DE AULA: Escolleranse coidadosamente algúns dos traballos
desenvoltos como actividades de ensino-aprendizaxe polos alumnos e alumnas,
de xeito que poidamos avalia-la consecución de tódolos obxectivos.
O momento desta avaliación será inmediato ó remate
das devanditas actividades.
3. CADERNO DE AULA: Servirá para contemplar os datos recollidos
dos traballos de aula e para avaliar o interese pola limpeza e orde nos
traballos de aula.
4. PROBAS ESCRITAS: Realizaranse ó principio e ó remate
da unidade didáctica. A primeira ten por obxecto averigua-lo nivel
de coñecementos básicos; a última serve para comproba-lo
nivel final de coñecementos adquiridos no decurso de unidade didáctica.
O tipo de probas escritas quedará a criterio de cada profesor,
podendo realizar exames tipo test, preguntas tema, cuestións.
5. PROBAS PRÁCTICAS: cando a unidade didáctica o requira,
realizarase algunha proba práctica do tema, podendo contabilizar
dende un un ata un cen por cen da nota de avaliación.
6. PROBAS ORAIS: cando o profesor o estime realizará algunha proba
oral, xa sexa mediante un traballo realizado en grupo ou individual ou
un control de avaliación dunha unidade en concreto.
INSTRUMENTOS DE RECUPERACIÓN
Cando o profesor o considere oportuno, realizará algunha proba
de recuperación dunha unidade didáctica en concreto ou dalgunha
avaliación. O sistema de recuperación será similar
ó de avaliación. Cada profesor do departamento elixirá
un método ou outro dependendo de cada caso.
UNIDADE DIDÁCTICA 4: "ESTRUCTURAS
E MECANISMOS"
OBXECTIVOS
1. Comprende-lo concepto de estructura e coñece-las súas
funcións.
2. Coñecer os distintos tipos de forzas que teñen que soportar
unha estructura: presión, tracción, flexión, torsión,
..., e os elementos estructurais que soportan cada unha das forzas: soportes,
tensores e vigas.
1. Coñecer algunhas formas e materiais resistentes.
2. Aprende-la importancia da forma das estructuras para a resistencia
ós esforzos,
3. Coñecer algunas das técnicas que permiten alxeirar o
peso dunha estructura, como a triangulación e o emprego de barras
ocas.
4. Profundizar no estudio dalgunhas das estructuras máis importantes
e cotiás, como pontes e edificios.
5. Coñecer dous dos materiais máis empregados á hora
de construir grandes estructuras: o aceiro e o formigón.
CONTIDOS
CONCEPTUAIS
1. Definición de estructura.
2. Distintos tipos de forzas que poden actuar sobre unha estructura.
3. Diferentes formas estructurais que aumentan a resistencia do conxunto.
4. Principais aplicacións das estructuras: pontes e edificios.
5. Materiais máis empregados na construcción de grandes
estructuras: aceiro e formigón.
PROCEDIMENTAIS
1. Observación das distintas estructuras que nos rodean e as súas
funcións.
2. Recoñecemento dos tipos de forzas que poden soportar unha estructura.
3. Selección das formas máis axeitadas en función
das cargas que soporta unha estructura.
4. Coñecemento de materiais e técnicas para mellora-la resistencia
dunha estructura.
ACTITUDINAIS
1. Interese polas grandes e pequeñas estructuras do noso entorno
e as súas características.
2. Interese por aprender como mellora-la resistencia ós esforzos
dunha estructura.
3. Recoñecemento da importancia dos materiais e os elementos estructurais
na solideza e resistencia dunha estructura.
ACTIVIDADES
1. Analizar sobre un texto, as estructuras e máquinas máis
importantes que foron aparecendo ó longo dos tempos e contribuiron
decisivamente á evolución da Humanidade: edificacións,
construccións civís,...
2. Presentar os elementos estructurais básicos: a viga, o pilar,
a cercha, os tirantes,...
3. Facer unha lista das estructuras máis comúns do noso
contorno.
4. Estudia-los esforzos ós que se ven sometidos os elementos estructurais
básicos: compresión, tensión, flexión, torsión,
cortadura.
5. Analiza-los materiais dos que están feitas as estructuras: estructuras
de materiais mixtos (o formigón armado), estructuras dun único
material (o ferro).
6. Facer como proxecto unha estructura e realiza-la memoria final empregando
o procesador de texto Word.
AVALIACIÓN
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Definir o concepto de estructura e as súas funcións.
2. Indica-los tipos de forzas que debe soportar unha estructura, así
como algúns elementos estructurais pensados para resistir esas
forzas.
3. Coñecer algúns modos de reforzar unha estructura.
4. Coñece-las principais aplicacións das estructuras, pontes
e edificios, e cales son os materiais máis empregados nelas: aceiro
e formigón.
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
1. OBSERVACIÓN DIRECTA: Permitiranos avaliar , sobre todo, destrezas
e habilidades. Os tempos de esta avaliación virán determinados
polo desenvolvemento das actividades de ensino-aprendizaxe.
2. TRABALLOS DE AULA: Escolleranse coidadosamente algúns dos traballos
desenvoltos como actividades de ensino-aprendizaxe polos alumnos e alumnas,
de xeito que poidamos avalia-la consecución de tódolos obxectivos.
O momento desta avaliación será inmediato ó remate
das devanditas actividades.
3. CADERNO DE AULA: Servirá para contemplar os datos recollidos
dos traballos de aula e para avaliar o interese pola limpeza e orde nos
traballos de aula.
4. PROBAS ESCRITAS: Realizaranse ó principio e ó remate
da unidade didáctica. A primeira ten por obxecto averigua-lo nivel
de coñecementos básicos; a última serve para comproba-lo
nivel final de coñecementos adquiridos no decurso de unidade didáctica.
O tipo de probas escritas quedará a criterio de cada profesor,
podendo realizar exames tipo test, preguntas tema, cuestións.
5. PROBAS PRÁCTICAS: cando
a unidade didáctica o requira, realizarase algunha proba práctica
do tema, podendo contabilizar dende un un ata un cen por cen da nota de
avaliación.
6. PROBAS ORAIS: cando o profesor o estime realizará algunha proba
oral, xa sexa mediante un traballo realizado en grupo ou individual ou
un control de avaliación dunha unidade en concreto.
INSTRUMENTOS DE RECUPERACIÓN
Cando o profesor o considere oportuno, realizará algunha proba
de recuperación dunha unidade didáctica en concreto ou dalgunha
avaliación. O sistema de recuperación será similar
ó de avaliación. Cada profesor do departamento elixirá
un método ou outro dependendo de cada caso.
UNIDADE DIDÁCTICA 5: "CIRCUITOS E COMPOÑENTES
ELÉCTRICOS"
OBXECTIVOS
1. Coñecer os compoñentes esenciais dos circuitos eléctricos.
2. Saber cal é a función dos diferentes compoñentes
que forman os circuitos eléctricos.
3. Aplicar os coñecementos adquiridos sobre materiais para decidir
se un material é un bo conductor da electricidade.
4. Aprender a valorar a importancia das aplicacións da electricidade
na nosa vida cotiá.
5. Establecer unha relación entre o desenrolo da electricidade
e a electrónica e a aparición das novas tecnoloxías
da información.
6. Aprender a manipular circuitos eléctricos sinxelos no laboratorio.
7. Comprender a importancia do desenrolo de certos compoñentes
dos circuitos eléctricos, como os xeneradores, para a evolución
de múltiples aparatos de uso común na actualidade, como
cámaras fotográficas o de vídeo, ordenadores portátiles,
teléfonos móviles, xoguetes, marcapasos, reloxes ou calculadoras.
CONTIDOS
CONCEPTUAIS
1. ¿Que é a electricidade? Estructura da materia e corrente
eléctrica.
2. Circuitos eléctricos. Compoñentes para xenerar, conducir
e consumir enerxía eléctrica.
3. Efectos da corrente eléctrica: calor, luz e movemento.
4. Tipos de circuitos: en serie e en paralelo.
5. Aplicacións da electricidade. Iluminación, producción
de calor e movemento. Electrónica.
PROCEDIMENTAIS
1. Identificación dos compoñentes que forman os circuitos
eléctricos en aparatos do entorno.
2. Distinción dos bos conductores da electricidade dos illantes.
3. Representación de esquemas de circuitos eléctricos empregando
os símbolos apropiados.
4. Montaxe de circuitos eléctricos sinxelos.
5. Realización de empalmes de cables.
6. Identificación do tipo de xenerador que proporciona a enerxía
en determinados aparatos portátiles.
ACTITUDINAIS
1. Valoración do importante papel que desempeña a electricidade
na nosa sociedade.
2. Interese por coñece-lo funcionamento dos aparatos eléctricos.
3. Desenrollo de hábitos seguros á hora de manipulaa-los
compoñentes dun circuito eléctrico.
ACTIVIDADES
1. Realizar un listado por orde cronolóxica dos aparatos, obxectos
técnicos e outros sistemas que funcionan con electricidade.
2. Buscar información sobre a función dos pararaios e elaborar
un informe que xustifique a súa utilidade.
3. Realizar en Word un traballo sobre a vida e descubrimentos de algúns
dos inventores e científicos como Thomas Alva Edison, Samuel Morse,
Alexander Graham Bell, etc.
4. Realizar o deseño de varios circuitos eléctricos que
teñan asociados operadores (bombillas, resistencias, etc.) en serie,
en paralelo e mixtos. Posteriormente redactar unha breve explicación
de cada un deles e realizar un resume das características máis
importantes.
5. Elaborar en Word unha táboa na que se inclúa os diferentes
operadores eléctricos, os símbolos, así como unha
breve explicación de cada un deles.
AVALIACIÓN
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Identifica-los principaIs elementos dun circuito eléctrico,
coñecendo a función de cada un deles.
2. Montar circuitos eléctricos sinxelos de corrente continua.
3. Montar circuitos eléctricos con compoñentes en serie
e en paralelo.
4. Identificar aparatos do entorno nos que se aproveiten determinados
efectos da corrente eléctrica, como a producción de luz
e a producción de calor.
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
1. OBSERVACIÓN DIRECTA: Permitiranos avaliar , sobre todo, destrezas
e habilidades. Os tempos de esta avaliación virán determinados
polo desenvolvemento das actividades de ensino-aprendizaxe.
2. TRABALLOS DE AULA: Escolleranse coidadosamente algúns dos traballos
desenvoltos como actividades de ensino-aprendizaxe polos alumnos e alumnas,
de xeito que poidamos avalia-la consecución de tódolos obxectivos.
O momento desta avaliación será inmediato ó remate
das devanditas actividades.
3. CADERNO DE AULA: Servirá para contemplar os datos recollidos
dos traballos de aula e para avaliar o interese pola limpeza e orde nos
traballos de aula.
4. PROBAS ESCRITAS: Realizaranse ó principio e ó remate
da unidade didáctica. A primeira ten por obxecto averigua-lo nivel
de coñecementos básicos; a última serve para comproba-lo
nivel final de coñecementos adquiridos no decurso de unidade didáctica.
O tipo de probas escritas quedará a criterio de cada profesor,
podendo realizar exames tipo test, preguntas tema, cuestións.
5. PROBAS PRÁCTICAS: cando a unidade didáctica o requira,
realizarase algunha proba práctica do tema, podendo contabilizar
dende un un ata un cen por cen da nota de avaliación.
6. PROBAS ORAIS: cando o profesor o estime realizará algunha proba
oral, xa sexa mediante un traballo realizado en grupo ou individual ou
un control de avaliación dunha unidade en concreto.
INSTRUMENTOS DE RECUPERACIÓN
Cando o profesor o considere oportuno, realizará algunha proba
de recuperación dunha unidade didáctica en concreto ou dalgunha
avaliación. O sistema de recuperación será similar
ó de avaliación. Cada profesor do departamento elixirá
un método ou outro dependendo de cada caso.
UNIDADE DIDÁCTICA 6: "INFORMÁTICA
BÁSICA"
OBXECTIVOS
1. Asumir a importancia das novas tecnoloxías na sociedade actual,
valorando o seu avance continuo e a súa utilidade para realizar
múltiples tarefas.
2. Coñecer a evolución dos ordenadores e de algúns
periféricos.
3. Asumir o feito de que na actualidade calquera persona pode empregar
un ordenador, aínda que non dispoña de moitos coñecementos
de informática.
4. Saber cales son os principais compoñentes dun ordenador.
5. Diferenciar os compoñentes físicos dun ordenador (hardware)
do software que permite realizar tarefas.
6. Identificar algunhas das aplicacións da informática,
percibindo a gran variedade de campos nos que esta rama da tecnoloxía
resulta útil.
7. Perder o "medo" a traballar con ordenadores.
8. Coñecer a grandes rasgos cmo evolucionan na actualidade algúns
periféricos empregados para presenta-los resultados, como os monitores
e as impresoras.
CONTIDOS
CONCEPTUAIS
1. A informática, unha nova rama da tecnoloxía. Avances.
2. Compoñentes básicos dun ordenador. Carcasa e compoñentes
para a entrada e a saída de datos.
3. Funcionamento básico do ordenador: entrada dos datos, proceso
dos mesmos e presentación de resultados. O hardware e o software.
4. Aplicacións da informática.
PROCEDEMENTAIS
1. Manexo dun ordenador de maneira básica, sabendo encendelo e
apagarçlo axeitadamente.
2. Identificación dos distintos compoñentes empregados para
a entrada e a saída de datos nun ordenador.
3. Identificación das conexións dos distintos compoñentes
nun ordenador.
ACTITUDINAIS
1. Mostrar interés por coñece-las novas tecnoloxías
e por aprender a usa-los ordenadores.
2. Valorar o traballo de moitos técnicos e científicos,
polo feito de facer posible o desenrolo das novas tecnoloxías.
3. Desenrolar interés polo coidado da vista cando se traballa con
ordenadores.
ACTIVIDADES
1. Escribir no caderno de tecnoloxía unha breve resume sobre a
historia e a evolución das computadoras, indicando as cualidades
das máquinas máis representativas de cada etapa.
2. Definir o concepto de hardware e software e citar un exemplo de cada
un deles.
3. Clasificar no caderno de tecnoloxía os dispositivos de entrada
e saída de datos que posúen os equipos informáticos
da aula. Indica-los elementos de cada un e explicar o seu funcionamento
e as propiedades cos caracterizan.
4. Preparar un mural que conteña os distintos dispositivos de entrada
e saída de información do aula-taller, así como a
forma en que están conectados. Anotar as características
e aplicacións máis importantes.
5. Buscar información en revistas especializadas ou na biblioteca
sobre equipos informáticos actuais.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Identifica-los compoñentes dun ordenador, sinalando a misión
de cada un deles e a súa importancia para o correcto funcionamento
dun equipo informático.
2. Sinalar algúns campos nos que se produciron avances na informática.
3. Indicar que tipo de software é axeitado para determinadas tarefas.
4. Clasificar algúns compoñentes informáticos según
se empregen para introducir ou presenta-los datos.
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
1. OBSERVACIÓN DIRECTA: Permitiranos avaliar , sobre todo, destrezas
e habilidades. Os tempos de esta avaliación virán determinados
polo desenvolvemento das actividades de ensino-aprendizaxe.
2. TRABALLOS DE AULA: Escolleranse coidadosamente algúns dos traballos
desenvoltos como actividades de ensino-aprendizaxe polos alumnos e alumnas,
de xeito que poidamos avalia-la consecución de tódolos obxectivos.
O momento desta avaliación será inmediato ó remate
das devanditas actividades.
3. CADERNO DE AULA: Servirá para contemplar os datos recollidos
dos traballos de aula e para avaliar o interese pola limpeza e orde nos
traballos de aula.
4. PROBAS ESCRITAS: Realizaranse ó principio e ó remate
da unidade didáctica. A primeira ten por obxecto averigua-lo nivel
de coñecementos básicos; a última serve para comproba-lo
nivel final de coñecementos adquiridos no decurso de unidade didáctica.
O tipo de probas escritas quedará a criterio de cada profesor,
podendo realizar exames tipo test, preguntas tema, cuestións.
5. PROBAS PRÁCTICAS: cando a unidade didáctica o requira,
realizarase algunha proba práctica do tema, podendo contabilizar
dende un un ata un cen por cen da nota de avaliación.
6. PROBAS ORAIS: cando o profesor o estime realizará algunha proba
oral, xa sexa mediante un traballo realizado en grupo ou individual ou
un control de avaliación dunha unidade en concreto.
INSTRUMENTOS DE RECUPERACIÓN
Cando o profesor o considere oportuno, realizará algunha proba
de recuperación dunha unidade didáctica en concreto ou dalgunha
avaliación. O sistema de recuperación será similar
ó de avaliación. Cada profesor do departamento elixirá
un método ou outro dependendo de cada caso.
UNIDADE DIDÁCTICA 7: "MANEXO DO ORDENADOR"
OBXECTIVOS
1. Comprender o concepto de arquivo e carpeta.
2. Coñece-las operacións básicas que podemos realizar
cos arquivos e as carpetas.
3. Coñecer-las operacións básicas realizadas co rato
nos entornos gráficos actuais.
4. Saber que existen distintos tipos de aplicacións informáticas,
cada unha axeitada para realizar una tarefa.
5. Aprender a manexar un procesador de textos, variando o formato do texto,
incluindo táboas e imaxes, ou variando as propiedades dos párrafos.
6. Aprender a organiza-la información ofrecida nun texto, empregando
os recursos que ofrece calquer procesador.
7. Coñece-las tarefas básicas que poden realizarse empregando
outras aplicacións: folla de cálculo, base de datos, reproductor
multimedia ou unha ferramenta para elaborar presentacións multimedia.
8. Aprender a manexar o teclado e o rato fomentando hábitos que
eviten lesións.
9. Comenzar a empregar con fluidez unha enciclopedia electrónica,
buscando información.
CONTIDOS
CONCEPTUAIS
1. Organización da información: arquivos e carpetas.
2. Uso do rato e do teclado.
3. O entorno gráfico de traballo: ventás.
4. Aplicacións informáticas ou programas.
5. Os procesadores de texto: conceptos básicos.
PROCEDIMENTAIS
1. Emprego do rato para mover ventás, seleccionar arquivos ou texto,
etc.
2. Traballo con arquivos e carpetas.
3. Uso dun procesador de texto: insertar táboas e imáxes.
4. Emprego dunha folla de cálculo e unha base de datos a nivel
moi básico.
5. Manexo dun reproductor multimedia.
ACTITUDINAIS
1. Mostrar interese por aprender a manexar distintas aplicacións
informáticas.
2. Valora-la axuda que proporcionan determinados programas para organizar
un texto, retocar fotografías, etc.
3. Desenrolar hábitos saudables á hora de manexar o teclado
e o rato.
ACTIVIDADES
1. Identificar no ordenador do centro escolar os elementos gráficos
fundamentais do escritorio de traballo e da ventá do procesador
de textos Word.
2. Resumir no caderno de tecnoloxía os distintos itinerarios que
se poden seguir para facer unha tarefa concreta (crear unha carpeta, copiar
un ficheiro, cambia-lo nome, etc.)
3. Redactar unha carta de felicitación a un amigo ou amiga.
4. Empregar o procesador de textos para resumir as normas que en todo
momento se deben seguir na aula de tecnoloxía, relativas ó
comportamento e utilización de equipos informáticos.
AVALIACIÓN
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Empregar un procesador de texto para elaborar documentos con variacións
no tipo de letra, a cor dos caracteres ou a alineación dos párrafos.
e que inclúan algunha táboa ou imaxe.
2. Manexar con fluidez o rato e o teclado para seleccionar, copiar e pegar
texto nun documento.
3. Identifica-la aplicación axeitada para realizar determinadas
tarefas empregando un ordenador.
4. Buscar información usando una enciclopedia electrónica.
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
1. OBSERVACIÓN DIRECTA: Permitiranos avaliar , sobre todo, destrezas
e habilidades. Os tempos de esta avaliación virán determinados
polo desenvolvemento das actividades de ensino-aprendizaxe.
2. TRABALLOS DE AULA: Escolleranse coidadosamente algúns dos traballos
desenvoltos como actividades de ensino-aprendizaxe polos alumnos e alumnas,
de xeito que poidamos avalia-la consecución de tódolos obxectivos.
O momento desta avaliación será inmediato ó remate
das devanditas actividades.
3. CADERNO DE AULA: Servirá para contemplar os datos recollidos
dos traballos de aula e para avaliar o interese pola limpeza e orde nos
traballos de aula.
4. PROBAS ESCRITAS: Realizaranse ó principio e ó remate
da unidade didáctica. A primeira ten por obxecto averigua-lo nivel
de coñecementos básicos; a última serve para comproba-lo
nivel final de coñecementos adquiridos no decurso de unidade didáctica.
O tipo de probas escritas quedará a criterio de cada profesor,
podendo realizar exames tipo test, preguntas tema, cuestións.
5. PROBAS PRÁCTICAS: cando a unidade didáctica o requira,
realizarase algunha proba práctica do tema, podendo contabilizar
dende un un ata un cen por cen da nota de avaliación.
6. PROBAS ORAIS: cando o profesor o estime realizará algunha proba
oral, xa sexa mediante un traballo realizado en grupo ou individual ou
un control de avaliación dunha unidade en concreto.
INSTRUMENTOS DE RECUPERACIÓN
Cando o profesor o considere oportuno, realizará algunha proba
de recuperación dunha unidade didáctica en concreto ou dalgunha
avaliación. O sistema de recuperación será similar
ó de avaliación. Cada profesor do departamento elixirá
un método ou outro dependendo de cada caso.
UNIDADE DIDÁCTICA 8: "INTERNET"
OBXECTIVOS
1. Coñecer medios o noso alcance na sociedade actual para intercambiar
información.
2. Saber cales son os servicios ofrecidos pola rede Internet.
3. Identificar Internet con un conjunto de redes informáticas distribuidas
por todo o planeta.
4. Coñecer cales son as posibilidades que ofrece o world wide web.
5. Aprender a empregar algún programa navegador.
6. Aprender a buscar información na rede empregando diferentes
criterios e distintas ferramentas: buscadores e índices temáticos.
7. Coñecer as diferencias existentes entre un buscador e un índice
temático.
8. Empregar Internet coma unha fonte de documentación válida
para obter información sobre distintos temas.
9. Aprecia-la evolución das novas tecnoloxías e a súa
presencia en todolos ámbitos da sociedade actual.
10. Tomar conciencia da importancia de seleccionar fontes de información
fiables cando se emprega a rede Internet.
11. Valorar as posibilidades que ofrece Internet para difundir información
por todo o mundo dunha maneira moi rápida.
CONTIDOS
CONCEPTUAIS
1. As redes informáticas e o intercambio de información.
2. Internet: servicios ofrecidos. O world wide web.
3. Aplicacións para usar Internet: navegadores.
4. Búsqueda de información en Internet: buscadores e índices
temáticos.
PROCEDIMENTAIS
1. Selección do servicio de Internet máis axeitado para
realizar determinadas tarefas.
2. Identificación dos elementos presentes na pantalla ó
empregar un navegador.
3. Manexo dalgún navegador para buscar información en Internet.
4. Búsqueda de información en Internet empregando buscadores
e índices temáticos.
5. Uso dun procesador de textos para presenta-la información obtida
empregando Internet.
ACTITUDINAIS
1. Valora-los avances producidos en telecomunicacóns nos últimos
anos.
2. Mostrar interese por coñece-los servicios que ofrece a rede
Internet.
3. Respeta-las opinións e costumes das persoas pertencentes a outras
culturas.
ACTIVIDADES
1. Definir brevemente o concepto de rede. Clasificar os tipos de redes
máis empregadas, atendendo o tamaño e a distancia entre
os ordenadores.
2. Realizar un esquema que reflexe os tipos de redes que podemos atopar
atendendo a súa topoloxía.
3. Buscar algunhas direccións de páxinas web que, poidan
resultar de interese para os alumnos (lugares de ocio, tendas de deportes,
prensa, etc.).
4. Averiguar a dirección da páxina web dun periódico
ou revista da provincia e acceder a ela.
5. Localizar a través de internet, información sobre pegamentos.
AVALIACIÓN
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Realizar búsquedas en Internet sobre un tema determinado, formando
pouco a pouco criterios que permitan seleccionar informacións fiables
(páxinas oficiais en lugar de páxinas personales, etc.).
2. Elexi-la ferramenta máis axeitada para buscar información
na rede, elexindo entre o uso dun buscador ou un índice temático.
3. Empregar con certa soltura un navegador para pasar dunha páxina
a outra e moverse entre as páxinas favoritas.
4. Diferencia-los distintos elementos que aparecen nunha páxina
web: enlaces, imáxenes, textos, etcétera.
5. Identifica-los distintos elementos que aparecen nun buscador ou nun
índice temático, realizando búsquedas por categorías.
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
1. OBSERVACIÓN DIRECTA: permitiranos avaliar, sobre todo, destrezas
e habilidades. Os tempos desta avaliación virán determinados
polo desenvolvemento das actividades de ensino-aprendizaxe.
2. TRABALLOS DE AULA: escolleranse coidadosamente algúns dos traballos
desenvolvidos como actividades de ensino-aprendizaxe polos alumnos e alulmnas,
de xeito que poidamos avalia-la consecución de tódolos obxectivos.
3. CADERNO DE AULA: servirá para completa-los datos recollidos
dos traballos de aula e para avalia-lo interese pola limpeza e orde nos
traballos de aula.
4. PROBAS ESCRITAS: realizaranse ó longo e ó remate da unidade
didáctica ou ó final da avaliación. Servirán
para comproba-lo nivel de coñecementos adquiridos no decurso da
unidade didáctica. O tipo de probas escritas quedará a criterio
de cada profesor, podendo realizar exames tipo test, preguntas tema, cuestións.