|
INTRODUCCIÓN
O desenvolvemento da programación
de aula para o 2º curso de BACHARELATO do IES MELIDE de a Coruña,
para o curso escolar 2002-2003, materalízase nos seguintes bloques:
BLOQUE Nº 1: "Materiais"
BLOQUE Nº 2: "Principios de máquinas"
BLOQUE Nº 3: "Sistemas automáticos"
BLOQUE Nº 4: "Circuítos pneumáticos e oleohidráulicos"
BLOQUE Nº 5: "Control e programación de sistemas automáticos"
OBXECTIVOS
A asignatura de Tecnoloxía
II, como optativa no segundo curso de bacharelato da modalidade de Ciencias
da Natureza e a Saude, plantexa o desenrolo nos alumnos y alumnas das
capacidades que a continuación se indican especificadas polos bloques
de contidos nos que se divide a materia, contribuindo a que progresen
na adquisición das mesmas.
1.- BLOQUE 1: "MATERIAIS"
Identifica-los materiais máis empregados nos diferentes campos
da fabricación, describindo as súas propiedades máis
significativas, as súas limitacións e o seu campo de aplicación.
Realizar ensaios sinxelos para determinar o comportamento de certos materiais
frente a esforzos, calor, corrente eléctrica, acción de
productos químicos, etc.
Coñecer os riesgos asociados á transformación, elaboración
e refugo de materiais.
Coñecer as últimas tendencias relacionadas coa obtención
de novos materiais e analizar as características máis relevantes.
Resaltar a importancia económica e social da reutilización
e reciclaxe dos materiais.
2.- BLOQUE 2: "PRINCIPIOS
DE MÁQUINAS"
Comprender os tipos de motores e as súas aplicacións.
Coñecer e inspeccionar diferentes circuitos frigoríficos,
así como as súas aplicacións.
Manexar o concepto de rendemento dunha máquina ademáis de
outros como potencia útil, perdida ou par motor.
Optimización da utilización da enerxía.
3.- BLOQUE 3: "SISTEMAS
AUTOMÁTICOS"
Estudio da estructura dos sistemas automáticos de control, dos
principios de operación e da análise dos elementos e subsistemas
que os integran.
Experimentación no laboratorio con sistemas de control básicos
como a posta en marcha de motores eléctricos e a regulaciónn
de niveis de iluminación.
4.- BLOQUE 4: "CIRCUITOS
PNEUMÁTICOS E OLEOHIDRÁULICOS"
Coñecer en profundidades os distintos elementos hidráulicos
e pneumáticos.
Estudiar as propiedades máis características dos fluídos
empregados en circuítos oleohidráulicose pneumáticos,
ademáis das técnicas de producción e depuración.
Coñecemento da simboloxía pneumática e hidráulica.
Deseño e estudio de circuitos característicos.
5.- BLOQUE 5: "CONTROL E
PROGRAMACIÓN DE SISTEMAS AUTOMÁTICOS
Estudio dos compoñentes electrónicos básicos e do
seu funcionamento en aplicacións sinxelas.
Análise dos elementos que constitúen un sistema electrónico
de control programable, nas posibilidades da súa aplicación
práctica e na iniciación á programación, sinalando
as posibilidades da automatización integral.
Análise das características dos compoñentes, na súa
utilización en montaxes básicas e nas realizacións
de aplicacións sinxelas con autómatas programables e maquetas
que simulen procesos básicos.
METODOLOXÍA
Empregaranse principalmente as
seguintes estratexias metodolóxicas, combinando normalmente varias
delas, para o desenrolo das diferentes unidades didácticas.
MÉTODO EXPOSITIVO - Empregarase
para transmitir información os alumnos sempre que sexa necesario.
Para elo, utilizarase unha explicación oral, apoiadas por medios
audiovisuais (se é posible).
MÉTODO DE DESCUBREMENTO GUIADO - Implica unha participación
máis activa do alumno, xa que a partires da formulación
dun problema, vai elaborando as súas conclusións.
MÉTODO HISTÓRICO - Implica ó alumno a investigar
buscando información e realizando un informe dun tema determinado.
MÉTODO DE PROXECTOS - Ademáis dos contidos teóricos,
a Tecnoloxía esixe un coñecemento experimental do funcionamento
de mecanismos, circuítos e sistemas en diferentes condicións
e circunstancias. Tamén cómpre verificar experimentalmente
as propiedades físicas, mecánicas y técnicas dos
materiais de uso habitual na industria. Por iso, resulta adecuado propoñe-la
realización de prácticas de taller de modo que os alumnos
e alumnas teñan ocasión de verifica-las aprendizaxes teóricas
acabadas. O deseño e realización de pequenos proxectos técnicos
relacionados cos problemas que se suscitan no texido industrial do contorno
aconsella a realización deste tipo de actividades mediante un traballo
en equipo. Deste xeito, lógrase un enriquecemento mutuo dos alumnos
e alumnas, ó tempo que permite traballar determinados contidos
actudinais, tales como a tolerancia, a solidariedade e a aceptación
das ideas alleas.
AVALIACIÓN
- Seleccina-los materiais para
unha aplicación práctica determinada, considerando, xunto
coas súas propiedades intrínsecas, factores técnicos,
económicos e ambientais.
- Describir un procedemento de control e medida das características
dunha máquina ou instalación, en condicións nominais
e de uso normal.
- Anaaliza-la composición dunha máquina ou sistema automático
de uso común, identificando os elementos de mando, control e potencia.
- Aplica-los recursos gráficos e verbais apropiados á descrición
da composición e do funcionamento dunha máquina, dun circuito
ou dun sistema tecnolóxico concreto.
- Montar e comprobar un circuíto de control automático dun
sistema a partir do plano ou do esquema dunha aplicación característica.
BLOQUE Nº1
TÍTULO:"MATERIAIS"
CONCEPTOS
- Estructura interna e propiedades
dos materiais
1.Estructura interna dos materiais.
2.Estructura cristalina.
3.Tipos de materiais segundo o seu emprego: metais, polímeros,
cerámicos, materiais compostos ou comoposites.
4.Propiedades dos materiais: físicas, químicas e mecánicas.
5.Modificación das propiedades dos materiais.
6.Técnicas de modificación das propiedades dos metais.
7.Oxidación e corrosión.
8.Tipos de protección contra a oxidación e corrosión.
- Ensaios de medida das propiedades dos materiais. Tratamentos térmicos
- Reutilización dos materiais
1.Reciclaxe dos materiais: importancia económica.
2.Procedencia dos distintos residuos.
- Normas de seguridade na manipulación dos materiais
1.Precaución no reciclado de materiais.
2.Contaminantes.
PROCEDEMENTOS
- Observación da execución
dun ensaio mecánico que permita cuantificar e compara-las características
mecánicas de diferentes materiais.
1.Elección do tipo de ensaio que se vai observar.
2.Seleccióni dos materiais sobre os que se vai realiza-lo ensaio.
3.Realizaciónn do ensaio mecánico e observación do
comportamento dos materiais sometidos a el.
- Identificación en función dos medios dispoñibles,
de diferentes tipos de residuos, valorando o seu grao de perigosidade
e posibles formas de tratamento dos mesmos.
1.Clasificación de diferentes tipos de residuos: sólidos,
líquidos e gaseosos.
2.Avaliación das súas carácterísticas e determinación
do seu grao de perigosidade.
3.Proposta de formas de tratamento que minimicen ou atenúen a perigosidade
detectada.
- Identificación das alteracións do ambiente: ruídos,
vibracións ou campos doutro tipo, que perxudican a saúde
física e psíquica das persoas
1. Localización de procesos xeradores de ruídos molestos,
de fontes de vibracións que poden altera-lo ritmo de traballo ou
descanso das persoas.
2. identificacióin da existencia de campos eléctricos ou
magnéticos susceptibles de provocar molestias nas persoas ou que
inflúan negativamente na calidade de vida.
- Observación dun ensaio mecánico de tracción e obtención
do límite elástico
- Elaboración de traballos que traten de cuatifica-la cantidade
de residuos producidos na localidade polos sectores industrial, de servicios
e doméstico
1. Formación de equipos de traballo e repartición de tarefas.
Busca de información sobre a cantidade de residuos producidos polo
sector que correspondeu ó equipo. Tratamento da información
e elaboración dun informe.
ACTITUDES
- Valoración dos riscos
propios do manexo e da transformación de certos materiais, e interese
polo emprego das técnicas de seguridade e hixiene axeitadas
1.Análise das características dun material e dos procesos
utilizados para a súa transformación.
2.Propostas de normas de seguridade no manexo e transformación
de materiais.
3.Aplicacións das normas propostas.
- Interese por diferenciar materiais que, con apariencia externa semellante,
responden de xeito distintp a certas esixencias mecánicas
- Priorización na conservaciónn do medio sobre melloras
ou beneficios sectoriais
- Valoración dos ensaios ós que se deben somete-los materiais
que presten funcións de responsabilidade na seguridade e no correcto
funcionamento das máquinas, construccións ou instalacións.
TEMPORALIZACIÓN: 3 semanas
BLOQUE Nº 2
TÍTULO: PRINCIPIOS DE
MÁQUINAS
CONCEPTOS
- Motores eléctricos.
Tipos e aplicacións
1.Inducción electromagnética.
2.Forzas electromagnéticas
3.Motores eléctricos.
4.Motor de corriente continua.
5. Motor monofásico de corriente alterna.
6.Motor trifásico de corriente alterna.
- Motores térmicos, hidráulicos, turbinas e bombas. Aplicacións
1.Motores térmicos.
2.Máquina de vapor.
3.Motor alternativo de combustión interna.
4.Turbina de gas.
5.Traballo desenvolvido por motores térmicos.
- Circuitos frigoríficos. Tipos e aplicacións
1.Transformacións, ecuacións dos gases e primeiro e segundo
principios da termodinámica.
2.Circuitos frigoríficos.
3.Bombas de calor.
- Rendemento das máquinas. Potencia indicada, aborvida e útil.
Par motor
PROCEDEMENTOS
- Emprego de mecanismos sinxelos
con diferentes elementos de unioón nos que proceda a desmontalos
e montales posteriormente, unha vez elaborada unha memoria descritiva
que especifique, co vocabulario técnico axeitado, os elementos
funcionais e secundarios
1. Selección do mecanismo que se quere analizar.
2. Realización dunha análise anatómica na que se
especifique a súa forma e tamaño e se enumeren os seus elementos
compoñentes.
3. Desmontaxe do aparato e descrición de cada elemento compoñente,
empregando o vocabulario técnico adecuado.
- Manipulación de motores, preferiblemente seccionados, que permita
a observación dos movementos e, consecuentemente, diferencia-los
distintos ciclos.
1. Elección do tipo de motor que se vai observar.
2. Observación dunha sección do motor a descrición
anatómica e funcional de cada unha das súas pezas.
3. Simulación do motor e observación de cada ciclo.
4. Descrición do funcionamento do motor utilizando o vocabulario
técnico axeitado.
- Observación directa do funcionamento de bombas centrífugas,
turbinas hidráulicas e de vapor e asociación destas máquinas
con aplicacións concretas
1.Descrición do funcionamento dunha bomba centrífuga, unha
turbina hidráulica ou unha de vapor.
2.Identificación do tipo de máquina observada.
3.Descrición da súa función.
- Selección do motor máis axeitado para unha aplicación
concreta
- Realización dun estudio que valore tódalas contribucións
das máquinas frigoríficas á sociedade actual
- Elaboración de informes que describan o funcionamento e valoren
os parámetros relativos á enerxía consumida e á
potencia transmitida por unha máquina
ACTITUDES
- Curiosidade por introducirse
no mundo das máquinas menos comúns
1.Recoñecemento da existencia de máquinas e sistemas mecánicos
e eléctricos pouco coñecidos ou de aplicacións moi
específicas.
2.Interese por coñece-las aplicacións deste tipo de máquinas.
- Valoración da importancia da transformación de enerxía
eléctrica en mecánica e da elección do motor máis
axeitado a cada aplicación
TEMPORALIZACIÓN: 6 Semanas
BLOQUE Nº 3
TÍTULO: SISTEMAS AUTOMÁTICOS
CONCEPTOS
- Sistemas de control. Estructuras
de lazo aberto e realimentado
1.Estructura dos sistemas de control.
- Elementos dos sistemas de control. Sensores. Captadores de sinal. Actuadores.
Unidades de control. Tipos. Control de variables lóxicas. Control
eléctrico. Control de variables analóxicas. Reguladores
1.Instrumentación.
2. Elementos que compoñen un sistema de control.
3.Características dos detectores de proximidade.
4.Transductores de movemento, velocidade e presión.
5. Transductores de temperatura, reguladores de nivel e fotocélulas.
PROCEDEMENTOS
- Identificación, en exemplos
concretos, dos elementos de sistemas sinxelos de control
1.Elección do sistema de control.
2.Observación da súa forma.
3.Observación do seu funcionamento.
4.Identificación dos elementos compoñentes e da función
que realiza cada un no conxunto do sistema.
5.Elaboración dunha breve memoria descritiva do funcionamento do
sistema e de cada unha das partes.
- Montaxe de automatismos eléctricos con relés (arrancador
estrela-triángulo, inversor de xiro, etc)
1.Elección dos elementos que compoñen un automatismo eléctrico
provisto de relés. Planificación do proceso de montaxe.
Montaxe do automatismo. Verificación do funcionamento e avaliación.
- Experimentación con reguladores en circuitos sinxelos de control
(regulación da velocidade dun motor, da intensidade luminosa dunha
lámpada, da temperatura dun forno, etc.)
ACTITUDES
- Interese pola realización
de montaxe experimentais con circuítos de control
1.Recoñecemento da utilidade dos circuítos de control no
funcionamento de sistemas técnicos.
2.Interese por experimentar con diferentes circuítos de control
en distintos sistemas técnicos.
- Curiosidade por coñece-los distintos elementos que compoñen
un sistema de control automático e as súas aplicacións
prácticas
- Valoración da importancia da utilización de sistemas automáticos
de control (tráfico, polución, seguridade de instalacións
e de persoas, etc.)
- Intervención, con autonomía e confianza, no axuste de
sistemas básicos de control
TEMPORALIZACIÓN: 7 semanas
BLOQUE Nº 4
TÍTULO: CIRCUÍTOS PNEUMÁTICOS E
OLEOHIDRÁULICOS
CONCEPTOS
- Elementos dos circuítos
hidráulicos. Actuadores, reguladores e dispositivos de control
1. Circuitos Hidráulicos.
2. Actuadores, reguladores e dispositivos de control.
- Elementos dos circuítos pneumáticos
1. Cilindros.
2. Válvulas.
3. Sensores.
- Fluídos para circuítos hidráulicos e pneumáticos.
Técnicas de producción e depuración
1.Propiedades dos fluídos.
2. Aire comprimido.
3. Fluídos hidráulicos.
- Simboloxía pneumática e hidráulica. Normalización
1. Simboloxía e unidades de pneumática.
2. Simboloxía e unidades de hidráulica.
3. Elementos de normalización.
- Circuitos característicos de aplicación
1. Deseño de circuitos pneumáticos.
2. Aplicacións industriais de circuitos pneumáticos
3. Motores hidráulicos
PROCEDEMENTOS
- Identificación dos elementos
de sistemas hidráulicos e pneumáticos
1. Elección do sistema hidráulico ou pneumático que
se quere analizar.
2. Observación da súa forma e funcionamento.
3. Identificación dos elementos compoñentes e da función
que realiza cada un no conxunto do sistema.
4. Elaboración dunha breve memoria descritiva do funcionamento
do sistema e de cada unha das partes.
- Interpretación de esquemas pneumáticos e hidráulicos
básicos, realización da montaxe correspondente e modificación
da secuencia de funcionamento
1. Interpretación de esquemas pneumáticos e hidráulicos
básicos, realización da montaxe correspondente e modificación
da secuencia de funcionamento
2. Montaxe e instalación de circuitos pneumáticos e oleohidráulicos.
3. Modificación da secuencia de funcionamento a partir da análise
da montaxe realizada.
- Obtención das dimensións do actuador en función
dos esforzos útiles, tempos concedidos, perdas de carga na alimentación
e efectos inerciais
1.Análise dos esforzos que debe realizar un actuador nunha determinada
aplicación.
2.Establecemento dos tempos de actuación concedidos.
3.Estimación das perdas de carga a partir das características
da instalación.
4.Valoración dos efectos inerciais dos elementos compoñentes
do actuador e do resto do sistema.
ACTITUDES
- Valoración das vantaxes
e inconvenientes do emprego de circuítos hidráulicos e pneumáticos
nos procesos automatizados
1.Observación de máquinas e sistemas automáticos
que incorporan circuítos pneumáticos ou hidráulicos.
2.Recoñecemento da súa utilidade para resolver problemas
técnicos e valoración ponderada das súas vantaxes
e inconvenientes fronte a outros circuitos.
- Interese pola evolución histórica dos circuítos
hidráulicos e pneumáticos e a súa contribución
na automatización de procesos enn ambientes moi diversos
1. Interese por coñece-la evolución histórica da
pneumática e a hidráulica e os seus sucesivos campos de
aplicación.
TEMPORALIZACIÓN: 3 semanas
BLOQUE Nº 5
TÍTULO: CONTROL E PROGRAMACIÓN
DE SISTEMAS AUTOMÁTICOS
CONCEPTOS
- Dispositivos electrónicos
básicos. Circuítos integrados lineais
1.Control e programación de sistemas automáticos.
- Circuitos integrados dixitais. Funcións lóxicas, simplificación
de funcións lóxicas, bloques combinacionais. Elementos dos
circuitos secuenciais. Diagramas de fases
1.Control e programación de sistemas automáticos mediante
circuitos lóxicos.
2. Circuitos lóxicos secuenciais.
3. Diagramas de fases.
- Memorias e microprocesadores. microcontroladores
1.Memorias.
2.Posibilidades de control programado.
- Sistemas electrónicos de control. Autómatas programables
1.O autómata programable.
2.Programadores.
3.Control intelixente de instalacións e procesos.
PROCEDEMENTOS
- Montaxe de circuitos sinxelos,
utilizando dispositivos electrónicos e circuítos integrados
lineais
- Montaxe de aplicacións básicas con circuítos lóxicos
combinacionais e secuenciais
- Programación dun autómata programable para aplicacións
de control que utilicen funcións lóxicas e funcións
de reconto e de temporización
- Programación por ordenador dun autómata programable para
o control de maquetas sinxelas (cinta transportadora, ascensor ou sistema
similar)
ACTITUDES
- Interese pola evolución
técnica dos dispositivos electrónicos e valoración
da súa influencia na optimización dos sistemas de control
automáticos
- Valoración das vantaxes dos sistemas de control electrónicos
fronte ós sistemas de control pneumáticos e oleohidráulicos
- Valoración da potencialidade que lle proporciona o ordenador
ó control automático centralizado
TEMPORALIZACIÓN: 5 semanas
|