VII SEMANA INTERCULTURAL DO IES DE SAR

A ALIMENTACIÓN. UN MUNDO DE CONTRASTES

   

Ü

     Na semana do 26 ao 30 de Xaneiro celébrase no IES de Sar a VII Semana Intercultural.

     A iniciativa destas semanas xurdiu hai sete anos co obxectivo de facilitar a integración dos alumnas e alumnas procedentes doutras culturas.

Cada ano céntrase nun tema, África, Latinoamérica, o Magreb, nos tamén emigramos, quen cose as nosas zapatillas (…),  e durante eses días alumnas e alumnos teñen a posibilidade de mirar un pouco máis alá do seu contorno inmediato. O título da   VII Semana é A alimentación. Un mundo de contrastes , trata o tema da alimentación no mundo, subliñando os contrastes que se están a producir no planeta agudizados nos tempos de crise como o actual.

     O cartel das Xornadas foi seleccionado, como en anos anteriores, mediante un concurso no que participaron unha grande cantidade de alumnos e alumnas, basicamente os do bacharelato de Artes que é un dos que se imparten no Instituto de Sar. Este ano o primeiro premio foi para o alumno Rubén Rial Santos, alumno de 2º Ba. B de Arte.

 

Organizan: profesorado de Xeografía e Historia, Economía, Bioloxía e Xeoloxía, Debuxo e Galego.

Colaboran: Biblioteca do IES de Sar, ANPA do IES de Sar, Dep. Normalización Lingüística, proxecto Comenius e Concello de Santiago.

 

Ü

PROGRAMA DAS XORNADAS

 

VII SEMANA INTERCULTURAL DO IES DE SAR

A alimentación. Un mundo de contrastes

26 ao 30 de Xaneiro de 2009

26 de xaneiro ás 10,50

alimentación no terceiro mundo

María Diaz Martínez, representante de “Médicos/as sen fronteiras”

Martes, 27 de xaneiro ás 10,50

Alimentación e saúde. Que comemos?”

Asunción Lage, Catedrática de Nutrición e Bromotoloxía, Fac.

Farmacia, USC

Mércores, 28 de xaneiro, ás 10,50

Historia da alimentación

Hortensio Sobrado Correa, Profesor titular de Historia Moderna, Fac.

Historia, USC

Xoves, 29 de xaneiro, ás 10, 50

Mulleres e agroalimentación

Pahino e María Carneiro, representantes da Coordinadora galega

Marcha Mundial das Mulleres

Venres, 30 de xaneiro, ás 10, 50

Comes o que queres?”

Carmen Freire Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego

Durante a Semana os Departamentos Didácticos interesados realizarán

tarefas relacionadas co tema para logo poder participar nas

actividades

 

Hai catro anos, o xornalista Richard Swift chegou aos campos do

oeste de Ghana, onde se produce cacao barato para Suíza.

Na mochila, o xornalista levaba unhas barras de chocolate.

Os cultivadores de cacao endexamais tiñan probado o chocolate.

Encantoulles.

(Eduardo Galeano)

Poster elaborado por Rubén Rial Santos, alumno de 2º de bacharelato de Artes do IES de Sar

 

Ü

Os outros carteis presentados polo alumnado ao concurso foron os seguintes

Facer clic en cada imaxe para vela ampliada

 

 

Antonio Guerra

Paula Lema

Sabela Vázquez

       
 

Melania Freire

Sonia Abalo e Alejandra Rivera

Mateo de Prado

       
 

María Lobato

Jhoana Cerviño

Santiago Pena e Alba Conde

       
 

Yulema Capeáns

María Labandeira

Pablo Serra

 

 

 

 

 

Adriana Barreiro

Alicia Rodríguez

Laura Pintos

       
 

Adrián Caeiro

Wendy Otero

Cristina García

 

 

 

 

 

Laura Fabeiro

Silvia Montoto

Patricia Agrelo

 

 

 

 

 

María Pardo

Eva Sánchez

Daniela

       
 

Laura Romero

Alba Carro

Eva Tubío

 

 

 

 

Noraboa a todos por estas magníficas realizacións