- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Formación medioambiental e voluntariado en ‘As Corcerizas’

Publicado por Isabel Flores o 12 Febreiro, 2010 @ 12:24 pm en Sen categorizar | Comentarios desactivados

Durante os pasados días 2 a 5 de febreiro o grupo 1º E de Bacharelato, do BI, realizou unha viaxe de estudos centrada na programación de CAS, aínda que moitas das actividades realizadas teñen unha función integradora de diversas materias e requerimentos do BI. A viaxe consistiu nunha estancia no Centro Medioambiental ‘As Corcerizas’ ( [1] http://www.amigosdaterra.net/info/ascorcerizas/index.html ) xestionado por Amigos da Terra. Na foto ‘oficial’ podemos ver ao grupo de alumnado, co profesorado acompañante e monitores e monitoras encargadas das actividades.

fotoficial500.jpg

Entre outros contidos traballáronse os seguintes:

-finalidade do voluntariado na sociedade. Servizo de Voluntariado Europeo

-problemática medioambiental local e global

-elaboración dun proxecto de voluntariado e presentación pública do mesmo

-realización de actividades de voluntariado etnográfico e medioambiental

Todo elo mantendo presente a promoción ou práctica de:

-técnicas de traballo en grupo para os distintos obxetivos

-capacidade crítica

-conciencia medioambiental

-responsabilidade persoal e colectiva

-conservación do patrimonio

[2] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=1052

URLs neste artigo:
[1] http://www.amigosdaterra.net/info/ascorcerizas/index.html: http://www.amigosdaterra.net/info/ascorcerizas/index.html
[2] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.