- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
Concurso Marcapáxinas
Publicado por Alberte Zato o 19 Febreiro, 2010 @ 12:19 am en Club de lectura, Biblioteca | Comentarios desactivados

A biblioteca do I.E.S. do Castro organiza un concurso de deseño dun marcapáxinas (punto de libro ou separador). Nos marcapáxinas ademáis do deseño, deberá figurar un texto. Pódese escribir un lema ou frase que se axuste ao tema proposto. Como suxerencia pódese usar unha frase célebre; se o autor é coñecido débese citar o nome do devandito autor.

TEMA
“Campaña de animación á lectura”.
PARTICIPACIÓN
Poderá participar neste concurso todo o alumnado do I.E.S. do Castro.
DIMENSIÓNS E SOPORTE.
As dimensións do traballo serán de 297 x 70 mm. Os traballos poden presentarse en papel, cartolina, lámina ou cartón. A técnica será libre (debuxos, fotografías, colaxe, deseño por programas informáticos) pero debe ser facilmente reproducible polos métodos de impresión. Se o deseño se fai dixitalmente pódese presentar nun CD
Os deseños deben ser orixinais
ENTREGA DE TRABALLOS
Os traballos entregaranse na biblioteca do centro a calquera dos profesores responsables dela.
Para garantir o anonimato dos participantes, os traballos presentaranse dentro dun sobre pechado, poñendo un seudónimo (nome inventado). Estes datos irán na parte exterior do sobre nunha zona visible.
Dentro deste sobre, ademais do marcapáxinas, incluirase tamén un segundo sobre pechado e dentro do cal figurarán os datos persoais do autor (nome, apelidos, curso e número).
PRAZO
O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 17 de marzo ás 13,40 horas.
XURADO
O xurado estará composto por membros do equipo da biblioteca, profesorado, alumnado, pais/nais, membros do club de lectura. A calidade e orixinalidade dos traballos, serán os criterios en que se basará o xurado para o fallo dos premios.
O xurado poderá declarar deserto algún dos premios, se ao seu xuízo as obras presentadas non reúnen a suficiente calidade.
FALLO DO XURADO
O fallo do xurado darase a coñecer entre o día 12 e 16 de abril. A entrega de premios terá lugar o día 23 de abril facéndoo coincidir coa celebración do Día Internacional do Libro.
PREMIOS
Primeiro premio de 50€ (en libros, música ou material informático) segundo premio 30€ e terceiro premio de 20€.
Ademáis do premio, o marcapáxinas gañador será reproducido para entregalo ao principio do curso seguinte ao alumnado e profesorado do centro.
EXPOSICIÓN
Os traballos presentados, ou ben unha selección deles, poderán ser expostos a través da páxina web o nalgún espacio da biblioteca o do instituto.
Os traballos presentados quedarán en propiedade da biblioteca, que se resérva o dereito da súa reprodución.
A participación neste concurso supón a aceptación das bases.
O equipo de biblioteca
Vigo 27 de xaneiro 2010
[1]
Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=1059
URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.