- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
Unha de gregos e troianos
Publicado por Carmen Vilariño Agras o 26 Febreiro, 2010 @ 11:33 pm en Grego | Sen comentarios

Moitas son as versións cinematográficas, dende os comenzos do cine ata os nosos días, da moi afamada Guerra de Troia.
Alumnos/as de grego, sei de certo que todos vós “disfrutades moito” lendo as aventuras e desventuras de Aquiles o dos pés lixeiros, sufrides coa morte de Héctor, o de tremolante casco , e mesmo desaprobades a actitude de Paris, o fillo de Príamo , cando se nega a loitar con Menelao , o esposo de Helena, a de fermosas meixelas.
Sei de certo que se Homero erguese a súa cabeza, permitídeme recurrir ao máis puro estilo épico, tería esta versión de Guerra de Troia como a máis impresionante, indescriptible e inesperada de todas as baseadas neste imperecedeiro mito.
Espero que agora disfrutedes con esta épica adaptación.
Así falan e así se moven os sempiternos deuses, os valerosos troianos e os aqueos de fermosas grebas.
Infografía: Alberte Zato
[3]Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=1071
URLs neste artigo:
[1] Please install the newest Flash Player: http://www.adobe.com/de/
[2] Imaxe: http://www.youtube.com/v/lFYSJ2VztjQ&hl=es_ES&fs=1&rel=0&color1=0x234900&color2=
0x4e9e00&border=1
[3] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.