- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Exposición: Concurso ” Elabora o teu libro “

Publicado por Carmen Vilariño Agras o 18 Abril, 2010 @ 1:05 pm en Biblioteca | Comentarios desactivados

 

pulpo-bilioteca.jpg

   EXPOSICIÓN E VOTACIÓN

CONCURSO

“ELABORA O TEU LIBRO”

Na biblioteca do centro estanse a expoñer os libros elaborados polo alumnado que participou nesta convocatoria feita pola biblioteca do IES do Castro.

Ábrese o periodo de votacións.

Dúas son as categorias nas que participan os libros dos nosos ” artesáns-libreiros “:

 - O libro máis ecolóxico

 - O libro máis orixinal ou elaborado.

Tócanos a nós,a comunidade educativa (profesorado, alumnado e persoal de administración ), premiar o esforzo e orixinalidade dos participantes.

Votacións:

Do 19 ao 21 de abril podedes votar na biblioteca . A vosa disposición haberá unhas papeletas onde anotaredes o número do libro que consideredes máis elaborado e o máis ecolóxico.

Ánimo e a votar.

O esforzo dos participantes merece o voso voto.

 Entrega de premios do Concurso de Marcapáxinas e do Concurso ” Elabora o teu libro “:

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Graciñas anticipadas pola vosa colaboración.

[1] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=1147

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.