- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
Con C de Creatividade
Publicado por Isabel Flores o 14 Xuño, 2010 @ 1:11 pm en Noticias do Programa do Diploma do BI | Comentarios desactivados
Entre as actividades de CAS, tamén este ano estamos levando a cabo un pequeno ciclo de charlas para achegarnos á creatividade ‘artística’, o seu significado, a maneira de vivila. Contamos para elo coa colaboración de artistas experimentados, persoas recoñecidas nos seus respectivos campos.
A finais de maio, tivemos a visita da pintora Loreto Blanco Salgueiro, profesora do Dpto de Pintura da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Loreto Blanco falou do proceso de creatividade na pintura e para ilustrar a súa charla analizou parte da súa última exposición na sala Art Next de Vigo. Tamén tivemos a oportunidade de ver e ‘tocar’ unha serie de obxetos e ‘libros’ fabricados noutros momentos da súa carreira.
A partir da súa páxina web podemos comprender a traxectoria desta artista:
O próximo venres 18 de xuño, nunha das aulas do Conservatorio Superior de Vigo, Geraint Lloyds Davies, pianista galés, residente no noso país dende hai varios anos, falará da música e do seu proceso creativo e executivo. A elección do conferenciante nos permite que a charla sexa en inglés, coa conseguinte práctica desta lingua.
No primeiro trimestre do próximo curso o profesor Román Raña, recoñecido literato, nos achegará ao mundo literario.
A continuación unha breve reseña da primeira charla, redactada por un grupo de traballo de 1º E.
Loreto Blanco Salgueiro
O pasado 26 de maio os alumnos e alumnas de 1º E tivemos una charla con esta artista. Orixinaria de Moaña estudou Belas Artes, e hoxe en día é profesora na universidade de Pontevedra; múltiples publicacións e exposicións avalan o seu traballo.
Cada persoa é unha artista en si mesma, segundo Loreto. O noso punto de vista e a nosa forma de enfrontarnos ao día a día, á vida fannos artistas a cada persoa.
ESTAR, SENTIR, VIVIR, son sensacións claves para deixar fluír a túa imaxinación, non pensar nos problemas. Tes que sacar da túa mente a rutina de todos os días, buscar alternativas, saír dun mesmo para así poder atopar o que che conducirá a algo novo. Recollemos as palabras desta artista, que pensa que para crear arte é preciso desconectarse da parte analítica dos nosos cerebros, a esquerda, e deixar fluír a parte dereita, onde está radicada a nosa intuición.
Esta charla foi, en definitiva, unha magnífica forma de acercarnos á arte e recordarnos a súa importancia e o que debemos valorala dentro do noso proceso vital de crecemento e maduración persoal.
[3]Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=1262
URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://loreto.webcindario.com/
[2] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2010/06/loretored.JPG
[3] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.