- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

PAAU: SELECTIVIDADE setembro 2010 Consellos

Publicado por Alberte Zato o 13 Setembro, 2010 @ 12:37 pm en Departamentos | Comentarios desactivados

DATAS máis IMPORTANTES QUE DEBES TER EN CONTA

15, 16, 17 de setembro Realización das probas. O lugar para os alumnos do IES do Castro será na Facultade de Filoloxía e Traducción no campus universitario “As Lagoas S/N – Marcosende de Vigo. Os horarios das probas veñen na páxina 20 da “Guía 2010 de acceso ao sistema universitario de Galicia” incluído co sobre informativo e que podes consultar na seguinte dirección web: [1] http://ciug.cesga.es/calendario.html

23 de setembro Cualificacións provisionais das PAAU: difusión a través de Internet e exposición na CIUG das actas provisionais das PAAU (a partir das 20,00 horas)

24 a 28 de setembro Solicitude de reclamación para a revisión das cualificacións das PAAU: farase exclusivamente nos LERDs (lugares de envío e recollida de datos) empregando soamente o modelo de solicitude contido no sobre de matrícula e que se recolle coa tarxeta de identificación.Solicitude de dobre corrección das cualificacións das PAAU: farase exclusivamente nos LERDs empregando soamente o modelo de solicitude contido no sobre de matrícula e que se recolle coa tarxeta de identificación.

(A explicación pormenorizada destes dous procedementos de revisión das cualificacións está na “Guía 2010 das PAAU” que se vos entregará cando formalicedes a matrícula na proba)

RECOMENDACIÓNS E INFORMACIÓNS DE INTERESE SOBRE PROBLEMÁS OU DÚBIDAS NAS PAUU

¿Qué pasa se chegas tarde?: Coa finalidade de evitar os nervios, que non axudan á realización dos exercicios, non esquezas que o primeiro día a presentación é ás 9 e debes ser puntual. Pero o primeiro exame comenza ás 10.Chegas tarde a un exame: Hai tamén unha marxe de media hora para incorporarse a cada exame, polo que, en caso de indisposición leve, non debes alterarte, só perdes uns minutos de exame, pero podes entrar a realizalo.Esqueces ou perdes o DNI: comunica o teu problema ao profesor que te acompaña ou ao vixiante do tribunal e eles resolverano. Etiquetas identificativas: O tribunal entregará unhas pegatinas nominais a cada alumno con códigos de barras identificativos para pegar nos exames. Un exame sen etiqueta é un exame nulo..- Se perdes as pegatinas dos códigos de barras: comunícao inmediatamente ao tribunal para que che proporcionen unhas novas (que se chaman de incidencias) e que deberás usar a partir dese momento aínda que aparezan as perdidas (que quedan anuladas)..- Comprobas que tes unha pegatina de máis (é dicir, que non a pegaches nalgún exame): avisa inmediatamente a un membro do tribunal para que busquen o teu exame sen etiqueta (para que o identifiques se é necesario) e sexa pegada no seu lugar.

DOCUMENTACIÓN E MATERIAL QUE DEBES LEVAR Á PROBA

XERAL.- DNI (Documento Nacional de Identidade), pasaporte ou carné de conducir..- Bolígrafos, negro ou azul.

ESPECÍFICA DALGUNHAS MATERIAS Os alumnos de Matemáticas e Física deberán levar: .- Calculadora non programableNon tes que levar as táboas necesarias para resolver problemas (Matemáticas, Química) pois serán entregadas polo tribunal cos exames, cando fosen necesarias. Os alumnos de Latín e Grego levarán.- Dicionario Para o exame de Debuxo Técnico deberán levar .- Lapis ou portaminas (2H e 2B), goma, escuadra/cartabón – regra, transportador de ángulos, compás (podes levar varias minas de compás preparadas) Ademais convén levar .- Lixa para afiar, celo para fixar o papel e debuxar mellor.

Non se pode compartir material no exame baixo ningún concepto.

LUGARES DE CONSULTA:

.- Páxina WEB específica de consulta sobre a selectividade onde terás toda a información:

[2] http://www.CESGA.es/ciug

.- No taboleiro do instituto estará exposta toda a información oficial sobre as probas de acceso a universidade e,por tanto, o calendario. .- Lembra que nestas datas debes estar atento aos taboleiros de anuncios, periódicos e todo tipo de informacións e non debes esperar que te veñan a avisar das convocatorias e prazos.

[3] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=1310

URLs neste artigo:
[1] http://ciug.cesga.es/calendario.html: http://ciug.cesga.es/calendario.html
[2] http://www.CESGA.es/ciug: http://www.cesga.es/ciug
[3] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.