- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Celebración do Día da Ciencia en Galego

Publicado por Carmen Vilariño Agras o 6 Novembro, 2010 @ 10:23 pm en Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Normalización e Dinamización Lingüística, Biblioteca, Tecnoloxía, Vicedirección | Comentarios desactivados

O pasado 4 de novembro a ciencia falou galego no centro.Diversos foron os actos que se celebraron ao longo da mañá.

As primeiras horas  os carteis que anunciaban a celebración do día, penduraba dende as escaleiras. Ninguén tiña que ser allego a esta celebración, CELEBRABAMOS O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO.

 O alumnado de 3º da ESO baixou da aula  de tecnoloxía os seus traballos , co fin de que todos poidesen disfrutar das súas creacións. Un ascensor, distintos prototipos de coches e outros aparellos animaron a hora do recreo.

[1] tecno-paint.jpg

Xogos matemáticos encheron o tempo de lecer de alumnos e profesores.Adicaron o descanso a intentar resolver difíciles e divertidos acertixos. Pero había premio, UNHA FERMOSA E APETITOSA MAZÁ.

[2] mate-paint.jpg

Os de bacharelato tiveron sendas conferencias. Para os de 2º Bac. a departamento de Física e Química participou nuha video-conferencia xunto con outros centros de ensino . Os de 1º Bac asistiron a conferencia de Xosé Francisco Fernández Teijeiro sobre o político e científico galego Bibiano Fernández Osorio-Tafall.

Unha selección de libros científicos en galego estiveron expostos na entrada do instituto.

    [3] libroa-apintn.jpg            

[4] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=1453

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2010/11/tecno-paint.jpg
[2] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2010/11/mate-paint.jpg
[3] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2010/11/libroa-apintn.jpg
[4] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.