- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

UNHA INICIATIVA ECOLÓXICA

Publicado por Isabel Flores o 29 Novembro, 2010 @ 3:06 pm en Noticias do Programa do Diploma do BI | Comentarios desactivados

Texto de Carlota Freiría Cordero e Elena Campillo Ageitos

 

Alumnos e alumnas do instituto cambiaron a súa forma de actuar no centro, decantándose por unha actitude máis ecolóxica.

 

Son alumnos e alumnas de segundo e primeiro de bacharelato do grupo Internacional, e viñeron xa fai dous anos con esta interesante proposta: a reciclaxe no centro escolar. Decatáronse de que non había nada parecido no centro, e o consideraban algo moi importante. Así naceu Save the Frog, un proxecto de reciclaxe no que se recolle o papel e, en vez de tiralo ó lixo, mándase a reciclar.

[1] grupo-recollida-2.JPG

 

Elba e Tatiana de 2ºE coordinan o proxecto, no que participan outras 6 persoas dese curso. Actualmente xa colaboran outras 9 persoas voluntarias de 1ºE que comezan este ano no B.I., e están a apoiar a idea do reciclaxe mediante actividades artísticas de concienciación no centro. Os membros do proxecto consideran que o reciclado é algo moi importante e que debería levarse a cabo en todo o mundo, polo que “actúan localmente sobre un problema global”, mediante o cal fomentan a reciclaxe no noso centro de estudos.

 

O obxectivo desta empresa tan ambiciosa é concienciar á xente sobre as vantaxes e a necesidade do reciclado a nivel mundial, e tamén conseguir fomentar esta práctica no instituto. Pretenden acadar unha rutina xeralizada, de xeito que todo o centro atope a reciclaxe como unha parte máis da súa vida escolar. Os alumnos e alumnas participantes neste proxecto consideran que estes obxectivos se están a cumprir, e opinan que xa se acadou unha certa normalización da reciclaxe de papel, se ben a concienciación será un proceso máis arduo e continuo, porque xente nova entra tódolos anos no insituto. Por isto, opinan que será unha actividade que nunca se deterá.

 

Os alumnos e alumnas implicados na causa están seriamente comprometidos con ela, xa que son os encargados de repartir as papeleiras especiales de reciclaxe polas clases, e de recollelas todas as semanas baleirándoas no contedor de reciclado que está na porta do centro.

[2] tatiana-anton-2.JPG

 

Esta iniciativa naceu dous anos atrás cos alumnos e alumnas de 2ºE que tiñan que comezar un proxecto para CAS (Creatividade, Acción e Servizo), unha das súas materias. Así, de xuntar as súas ganas de reciclar, de cambiar as costumbres do centro e de comezar algo novo, crearon Save the Frog.

 

O curioso nome desta idea naceu da escena dunha película que ten que ver con este tema. Na película “Unha verdade incómoda” de Al Gore, aparece unha escena na que se comenta que hai que salvar a unha ra do cambio climático, xa que esta non pode salvarse soa. Así, o animal (a “frog” do proxecto) representa o noso planeta, e nós temos que salvalo.

[3] recollida-2.JPG[4] anton-2.JPG

[5] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=1506

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2010/11/grupo-recollida-2.JPG
[2] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2010/11/tatiana-anton-2.JPG
[3] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2010/11/recollida-2.JPG
[4] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2010/11/anton-2.JPG
[5] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.