- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Obxetivos do Milenio

Publicado por Isabel Flores o 5 Xaneiro, 2011 @ 6:28 pm en Ciencias Sociais, Xeografía e Historia | Comentarios desactivados

Proxecto de sensibilización do

Consello de Solidariedade e Cooperación do Concello de Vigo

 

O alumnado de 3º de ESO participou no mes de decembro en dous obradoiros sobre os Obxetivos do Milenio (1) baixo o título:

 

“Pensamos no mundo. Actuamos aquí e agora?

Vigo a prol dos Obxectivos do Milenio”

[1] actividade-1.JPG

 

Este proxecto ‘ten como obxectivo principal impulsar a educación para o desenvolvemento

-promovendo nas escolas o coñecemento das desigualdades existentes no reparto da riqueza económica e do poder no mundo,

-favorecendo a reflexión sobre as súas causas e consecuencias,

-fomentando actitudes e comportamentos responsables e a toma de conciencia sobre o noso papel no mundo.’

Os obradoiros consistiron nunha  ‘serie de actividades desenvolvidas na súa totalidade  coa colaboración das ONGD: Entreculturas, Educación Sen Fronteiras, Intermon Oxfam, Fundación Balms, Médicos do Mundo e ADDIS Galicia as cales forman parte do Consello de Solidariedade e Cooperación do Concello de Vigo.’

Algunhas fotos destas actividades

[2] actvidade-2-en-3-a.JPG[3] grupo-traballo-1-3a.JPG[4] judith.JPG

[5] actividade-3-c.JPG[6] actividade-3-c-2.JPG[7] actividade-3-c-3.JPG

 [8] clase-en-3c-2.JPG[9] clase-en-3c-3.JPG

Outras dúas actividades acompañaron a esta campaña de sensibilización no IES do Castro:

-unha exposición sobre os Obxetivos de Desenvolvemento do Milenio, que foi aproveitada especialmente polo Departamento de CCSS para diversas actividades co alumnado

-unha mesa de productos de comercio xusto -durante os recreos- na que se proporcionaba información sobre o concepto de ‘comercio xusto’ e outras cuestións relacionadas

Algunhas fotos destas actividades

[10] exposicion.JPG[11] exposicion-2.JPG

[12] comercio-xusto.JPG[13] comercio-xusto-2.JPG

(1) Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM):

·         Erradicar a fame e a pobreza

·         Lograr a educación primaria universal

·         Corrixir as desigualdades de xénero

·         Reducir a mortalidade infantil

·         Mellorar a saúde materna

·         Combater o VIH/SIDA, a malaria e outras enfermidades

·         Garantir un medio ambiente  sustentable

·         Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento aumentando a cooperación internacional

‘191 Xefes de Estado e de Goberno asinaron a Declaración do Milenio no ano 2000 comprometéndose a traballar xuntos para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) e rematar coa pobreza estrema no mundo antes do 2015.

Ademais de seren un compromiso sen precedentes, os 8 ODM marcan unha folla de ruta para o desenvolvemento, medíndose o seu progreso a través dunha serie de metas e indicadores, con datas límites para o seu cumprimento.’

[14] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=1557

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/actividade-1.JPG
[2] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/actvidade-2-en-3-a.JPG
[3] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/grupo-traballo-1-3a.JPG
[4] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/judith.JPG
[5] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/actividade-3-c.JPG
[6] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/actividade-3-c-2.JPG
[7] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/actividade-3-c-3.JPG
[8] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/clase-en-3c-2.JPG
[9] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/clase-en-3c-3.JPG
[10] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/exposicion.JPG
[11] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/exposicion-2.JPG
[12] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/comercio-xusto.JPG
[13] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/comercio-xusto-2.JPG
[14] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.