- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Campionatos de vela

Publicado por Isabel Flores o 19 Xaneiro, 2011 @ 1:39 pm en Noticias do Programa do Diploma do BI | Comentarios desactivados

O alumnado de 1º ESO asistiu o pasado mércores 12 de xaneiro a unha charla sobre o deporte da vela impartida por alumnado de CAS. Esta clase ‘especial’ de EF tiña como obxetivo transmitir a importancia dunha vida sana e activa así como colaborar na integración deste alumnado na comunidade educativa, acercándolles neste caso a un maior coñecemento do Bacharelato Internacional e das actividades CAS en particular.

[1] 147-pequena.JPG

Pablo Ríos e Alejandra Celada –ambos expertos navegantes- estiveron a cargo dunha charla que resultou moi interactiva e interesante, xa que o alumnado de 1º ESO tomou unha actitude moi participativa.

Pablo leva competindo dende o ano 2007. Ten acadado dúas veces o terceiro posto no campionato galego de cadete e o mesmo posto no campionato de España. Na categoría Snipe participou no campionato europeo, entrando no undécimo lugar.

 [2] 150-pequena.JPG

Alejandra leva competindo dende o ano 2005. Foi campiona galega en Optimist en 2008, campiona de España en cadete en 2009-10 e subcampiona de Europa en cadete en 2009.

 [3] 148-pequena.JPG

Na súa presentación amosaron con entusiasmo como a vela pode ser un modo de vida sano e divertido e suliñaron as posibilidades de entrar en contacto con outras persoas e de aprender a traballar en equipo.

Entre outros falaron dos seguintes temas:

-as distintas categorías de vela e as súas características

-como se move un barco contra o vento

-a importancia do exercicio físico

-os distintos tipos de campionatos en vela

Tamén compartiron algunhas experiencias das competicións nas que teñen participado, deixaron entrever a responsabilidade e esforzo necesario, e a aprendizaxe de distintas destrezas a partir da práctica do deporte.

Algunhas fotos da sala de conferencias durante esta charla

 [4] 152-pequena.JPG[5] 149-pequena.JPG[6] dsc00151-pequena.JPG

Ligazóns de interese:

 

[10] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=1574

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/147-pequena.JPG
[2] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/150-pequena.JPG
[3] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/148-pequena.JPG
[4] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/152-pequena.JPG
[5] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/149-pequena.JPG
[6] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/dsc00151-pequena.JPG
[7] http://www.taringa.net/posts/deportes/5750465/Monotipos_.html: http://www.taringa.net/posts/deportes/5750465/Monotipos_.html
[8] http://www.youtube.com/watch?v=bKEv0K8FaII&feature=related: http://www.youtube.com/watch?v=bKEv0K8FaII&feature=related
[9] http://www.youtube.com/watch?v=i-GkyGD5Ya8: http://www.youtube.com/watch?v=i-GkyGD5Ya8
[10] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.