- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
Celebracións Día da Paz e a Non-violencia
Publicado por Isabel Flores o 28 Xaneiro, 2011 @ 2:38 pm en Celebracións, Zona Alumnado, Actividades, Biblioteca | Comentarios desactivados
Dentro das celebracións do Día da Paz e a Non-violencia houbo un recital de poemas en varias linguas por parte de alumnado de 1º D para o alumnado do 1º ciclo da ESO. Carmen, Cristina, Fidel, Helena, Michelle, Nuria, Pablo foron as persoas encargadas das lecturas e o seu traballo foi acollido con ledicia e aplausos nas aulas correspondentes.
Durante o recreo Martín e Paula de 2º de Bacharelato nos recrearon coa súa música, preparada con cariño e adicación para esta ocasión. Nas fotos algúns momentos da actuación.
Reseña do acto, por Isabel Gómez Alonso
O pasado 30 de xaneiro celebrouse o día da paz no instituto. Especial atención obtiveron dous alumnos de 2º de bacharelato, Martín e Paula, que decidiron conmemorar esta data a través da música. Tras moitas xornadas de longos ensaios, ambos versionaron con éxito a canción “Space dementia” do grupo británico Muse. A maioría do alumnado asistiu ao pequeno concerto, no que Paula cantou e Martín tocou o piano. Esta actuación supuxo unha forma orixinal de celebrar o día da paz, xa que a través da creatividade aportada pola música ambos puideron facer énfase na necesidade de cumprir os dereitos humanos.
[4]Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=1588
URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/155-peq.JPG
[2] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/157peq.JPG
[3] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/01/159peq.JPG
[4] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.