- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Club de Lectura

Publicado por Carmen Vilariño Agras o 13 Febreiro, 2011 @ 2:32 pm en Club de lectura | Comentarios desactivados

LECTURAS PARA O SEGUNDO TRIMESTRE

Durante o segundo trimestre dúas son as lecturas que imos compartir no Club de Lectura. Paso a deixaros as reseñas dos libros.

Se algún dos membros non ten todavía o seu exemplar, que pase pola biblioteca a recollelo.

                                                  1º,2º,3ºESO

         

    [1] tempus_fugit_ladrones_de_almas.jpg 

                                       [2] JAVIER RUESCAS                 

O mundo tal e como o coñecíamos non existe, está inundado, asolado por unha extraña Plaga e controlado por unha empresa chamada Tempus fugit.Neste mundo vive Hanna, intentando desmantelar a esta empresa, a que odia polo que fixo a súa nai, para o que contará coa axuda dun persoaxe procedente do pasado, Pablo, e de moitas máis persoas das que non se esperaba nada.

                              4º ESO, BAC E PROFESORES E NAIS

                               [3] enderezo-desconecido.bmp

      Escrita en forma epistolar pola norteamericana [4] Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.

A POSTA EN COMÚN DAS LECTURAS ESTÁ PREVISTA PARA  A VOLTA DAS VACACIÓNS DO ENTROIDO.

Concha Otero e Carmen Vilariño.

[5] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=1603

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/02/tempus_fugit_ladrones_de_almas.jp
g

[2] JAVIER RUESCAS: http://www.javierruescas.com/
[3] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/02/enderezo-desconecido.bmp
[4] Kressman Taylor: http://en.wikipedia.org/wiki/Kathrine_Taylor
[5] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.