- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Programa PILI do Concello de Vigo 2011 (Alumnado 3º ESO)

Publicado por Alberte Zato o 13 Marzo, 2011 @ 8:54 pm en Remitido, Zona Alumnado, Lingua Inglesa | Comentarios desactivados

pili2011.jpg

Que é o PILIVIGO?

Despois dos positivos e satisfactorios resultados acadados no desenvolvemento do Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa PILIVIGO, a nova edición 2011 desta iniciativa didáctica tentará seguir promovendo a mellora da capacitación en lingua inglesa, dentro do marco do programa educativo municipal “Aulas Internacionais”.

O PILIVIGO 2011 constará de ata un máximo de 290 prazas en réxime de concorrencia competitiva, (250 prazas en asignación directa segundo exptes. administrativos 0410/332 e 11485/332 e outras 40 prazas condicionadas á tramitación por parte do Servizo de Educacíón do expte. para resolución final de acordo de modificación do contrato vencellado co expte. 10410/332 que concretará unha ampliación económica de 100.000.-€) para realizar viaxes de inmersión lingüística a Reino Unido e/ou Irlanda e ten como obxectivo ofrecer aos alumnos e alumnas de 3º de ESO dos centros educativos sostidos con fondos públicos da nosa cidade a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais en réxime de integración co alumnado nativo, como se fosen un máis da clase.

Por este motivo, as viaxes, dunha duración de 3 semanas, teñen previsto comezar na primeira quincena de setembro, de xeito que poidan empezar o curso escolar nos centros británicos, e a estadía rematará como moi tarde na primeira semana de outubro de 2011.

O alumnado dos centros privados-concertados do municipio, accederá ás prazas que queden dispoñibles (dun máximo de 290) logo de adxudicalas preferentemente entre alumnado da rede pública solicitante que cumpra os requisitos recollidos na convocatoria específica para a selección do alumnado participante no PILIVIGO 2011.

As prazas incluirán o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo e acreditar a súa finalización, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa. Asemade, incluirá os gastos derivados da organización de actividades extraescolares e de lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida -que se desenvolverán en inglés e guiadas por monitorado bilingüe-, así como o importe das viaxes de ida e volta, dos seguros de viaxe e responsabilidade, e do transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado.

 

[1] .pdf BASES da CONVOCAT0RIA

[2] .pdf [3] TRÍPTICO DE PRESENTACIÓN

Sitio web

ie_firefox_ico.png

[4] http://www.pilivigo.org/

[5] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=1616

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://pilivigo.org/descargas/BASES_CONVOCATORIA_PILIVIGO_2011.pdf
[2] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2007/09/pdf.gif
[3] TRÍPTICO DE PRESENTACIÓN: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/03/triptico_pili_2011.pdf
[4] http://www.pilivigo.org/: http://www.pilivigo.org/
[5] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.