- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
Solidaridade con Xapón, por Leticia López Otero
Publicado por Isabel Flores o 11 Maio, 2011 @ 5:31 pm en Noticias do Programa do Diploma do BI | Comentarios desactivados
“O venres 11 de Marzo despertábamos coas imaxes do máis grande terremoto da historia do Xapón, de 8,9 grados na escala Ritcher. O goberno xaponés falaba, a tres semanas do desastre natural, de máis de 11.200 mortos e máis de 16.000 desaparecidos. Mais, co rostro contenido, a poboación nipona enfrontaba un infortunio máis: a segunda catástrofe máis grave da industria nuclear, despois da de Chernóbil ocorrida en 1986. Tratábase dun accidente múltiple na planta nuclear de Fukushima Daiichi, ó nordeste, situada a 250 quilómetros de Tokio, unha metrópole con trinta millóns de habitantes.
Ante estas terribles circunstancias, co fin de recadar unha pequena contribución para os damnificados do terremoto e o accidente nuclear de Xapón, e informar a xente da situación na que se atopan, un grupo de alumnas do IES Do Castro decidiu participar os pasados días 26 e 27 de Marzo nas actividades que se levaron a cabo no centro da cidade. Estiveron acompañadas tamén polo alumnado voluntario da Escola Oficial de Idiomas de Vigo e baixo a supervisión de Sayuri Nishimura (Xefa do departamento de xaponés na Escola).
O noso grupo participou en diversas tarefas, como atender un posto de venta de marcapáxinas, broches, etc. (Todos eles elaborados a man polo propio alumnado da Escola de Idiomas e o grupo do noso instituto); repartir folletos entre as persoas que paseaban pola rúa co fin de que se informasen sobre o acontecido no Xapón e se animasen a recadar fondos xunto connosco; ou incluso crear no chan un debuxo coas moedas do Monte Fuji, o máis importante de Xapón.
A pesar do mal tempo que lles coincidiu xusto ese fin de semana, as nosas mozas pasaron dos días do máis entretido e, baixo os paraugas e os soportais, lograron cumprir os seus obxectivos. ¡Chegaron incluso a esgotar todas as existencias dos broches que fabricaran!
A experiencia foi realmente grata e todas sentiron que axudaron ós damnificados, aínda que fose cunha pequena colaboración. Unha vez máis o IES Do Castro demostrou que “Pensa globalmente, actúa localmente”, pode converterse nun estilo de vida e con el, axudar a miles de persoas necesitadas.
Hoxe, sabemos que a central nuclear de Fukushima xa atópase de volta baixo control dos técnicos xaponeses e que dende o 6 de Maio pódese acceder o seu interior, grazas a instalación dun sistema de ventilación novo no canto do antigo (Que atopábase danado e fora a causa das fugas nucleares). Non obstante, as cifras dos desaparecidos seguen ascendendo ás 12.000 persoas e a economía xaponesa atópase preto de afundirse.
Os xaponeses continúan a ser un exemplo de solidariedade e civismo en pleno horror. Esperamos que o noso pequeno xesto axude a todas estas persoas. Moita sorte Xapón.”
[8]Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=1662
URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/05/dsc06038red.JPG
[2] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/05/dsc06025red.JPG
[3] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/05/dsc06036red.JPG
[4] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/05/dsc06032red.JPG
[5] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/05/dsc06033red.JPG
[6] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/05/dsc06035red.JPG
[7] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/05/dsc06043red.JPG
[8] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.