- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Nova revista: “O VIXÍA DO CASTRO”

Publicado por Secretaria o 20 Decembro, 2007 @ 12:18 pm en Publicacións, Normalización e Dinamización Lingüística, Taboleiro Transversal | Comentarios desactivados

O Vixía do Castro

EDITORIAL

Este é un periódico feito polos alumnos, para os alumnos e para todas as persoas que directa ou indirectamente, teñen unha vinculación co instituto. O noso obxectivo é conseguir contar cun medio de comunicación onde todos e cada un de nós, poida falar sobre todo tipo de temas que nos interesen, preocupen, inqueden, etc.

En principio este periódico nace co obxetivo de ter unha tirada trimestral, xa que nestes momentos o equipo de redacción, formado a principios de curso, leva traballando nel dende o mes de setembro.

Aínda que non o pareza, sacar unha publicación adiante é moi difícil. Este número é posible grazas á axuda do equipo de redacción e aos seus colaboradores. Por iso, e para sucesivas edicións, querémosvos animar a participar neste proxecto. Hai posibilidade de aumentar a tirada e liberdade de temas.

Se estades interesados, falar con Xulio (Departamento de Galego) ou mandai un correo ao [1] ovixiadocastro@gmail.com.

Podedes enviar cartas destinadas ao director do instituto. Nelas felicitades, criticades… algo do instituto. Estas deben ser de 5 a 20 liñas .

Descarga do número 1 en formato .pdf

(Soamente 370 Kb Green with Envy, clique na icona ↓)

[2] .pdf

[3] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=195

URLs neste artigo:
[1] ovixiadocastro@gmail.com: mailto:ovixiadocastro@gmail.com
[2] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2007/12/o_vixia_do_castro1.pdf
[3] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.