- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Formación medioambiental e voluntariado en ‘As Corcerizas’

Publicado por Isabel Flores o 1 Decembro, 2011 @ 12:34 pm en Viaxes, Zona Alumnado, Actividades, Taboleiro Transversal | Comentarios desactivados

[1] rd-monte.JPG

Durante os pasados días 15 a 18 de novembro o grupo 1º E de Bacharelato, do BI, realizou unha viaxe de estudos centrada na programación de CAS, aínda que moitas das actividades realizadas teñen unha función integradora de diversas materias e requerimentos do BI.

A viaxe consistiu nunha estancia no Centro Medioambiental ‘As Corcerizas’ ([2] http://www.amigosdaterra.net/info/ascorcerizas/index.html) xestionado por Amigos da Terra. Nas fotos podemos ver ao grupo de alumnado durante a realización dalgunha das actividades, co profesorado acompañante e monitores e monitoras encargadas das actividades.

Aínda non estando completa a avaliación da actividade –enfocada a buscar solucións a problemas globais, dende unha perspectiva local- por parte do alumnado, podemos adiantar algunhas das experiencias vividas e habilidades traballadas.

Entre outros contidos traballáronse os seguintes:

-finalidade do voluntariado na sociedade. Servizo de Voluntariado Europeo

-problemática medioambiental local e global

-elaboración dun proxecto de voluntariado e presentación pública do mesmo

-realización de actividades de voluntariado etnográfico e medioambiental

 [3] rd-traballo-ludico.JPG

Todo elo mantendo presente a promoción ou práctica de:

-técnicas de traballo en grupo para os distintos obxetivos

-debates e outras estratexias de comunicación

-capacidade crítica

-conciencia medioambiental

-responsabilidade persoal e colectiva

-conservación do patrimonio

-atención ao benestar físico e psíquico

-reflexión sobre a aprendizaxe persoal

Esta promoción tiña baixas expectativas de aprendizaxe da súa visita a As Corcerizas e isto reflexouse na súa actitude durante unha boa parte das actividades e por suposto, dificultou a súa aprendizaxe. Na súa avaliación final varias persoas sinalan que se volvesen facer esta actividade outra vez intentarían ser máis participativas e abertas. De calquera xeito sinalan que

-se cumpliron os obxetivos de coñecer mellor ao resto do grupo, respetar máis o medioambiente e comprender CAS mellor.

-comprenderon unha variedade de posibilidades para unha mellor xestión da enerxía

-consideran que o voluntariado é unha ferramenta eficaz para transformar o modelo actual  cara un máis xusto. De feito a 4 persoas gustaríalles facer traballo de voluntariado de xeito local , e 3 mencionan a posibilidade de facer o Servizo de Voluntariado Europeo antes de ir a universidade.

Isto é o que valoraron  máis positivamente da actividade

 

-convivir cos compaňeiros e compañeiras

-o papel que a desenvolver nela

-que pese a estar moi pouco convencidos/motivados, o pasaron ben

-descubrir cousas para axudar ‚‘aínda que sexa localmente‘

-a actitude  e aportacións dos monitores

-o descubrimento dos diferentes frentes de actuación do voluntariado e o  traballo físico

[4] rd-clase.JPG         [5] rd-sala-e-castineiros.JPG

[6] rd-senderismo.JPG         [7] rd-xogos-sala.JPG

[8] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=2053

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/12/rd-monte.JPG
[2] http://www.amigosdaterra.net/info/ascorcerizas/index.html: http://www.amigosdaterra.net/info/ascorcerizas/index.html
[3] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/12/rd-traballo-ludico.JPG
[4] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/12/rd-clase.JPG
[5] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/12/rd-sala-e-castineiros.JPG
[6] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/12/rd-senderismo.JPG
[7] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2011/12/rd-xogos-sala.JPG
[8] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.