- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Convocatoria oficial de maio 2018 de proba escrita para alumnado coa materia de inglés pendente de cursos anteriores

Publicado por Alberte Zato o 16 Maio, 2018 @ 10:00 am en Pendentes Inglés, Exames, Convocatorias, Lingua Inglesa | Comentarios desactivados

 exame_escrito.jpg

Convócase ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO coa materia de inglés pendente de cursos anteriores á realización da proba escrita que constitúe a convocatoria ordinaria.

Esta proba escrita, cunha duración de 60 minutos, realizarase sen axuda de dicionario. Estará baseada nos temas e prácticas propostos polo profesorado durante os meses do presente curso e que deberon ser realizados polo alumnado segundo o plannnig do dito profesorado.

O alumnado que obtivo 5 puntos ou máis nas probas de febreiro 2018 non terá que facer esta proba.
 

Lugar, data e hora:

 

Probas para pendentes de 1º, 2º e 3º de ESO: Aula de Conferencias

  • Luns, día 28 de maio do 2018, ás 18.15 horas.

 

No caso de non superar a proba, (5 puntos ou máis), no mes de setembro haberá unha nova oportunidade, en convocatoria extraordinaria.

[1] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=2143

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.