- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Nota da ANPA IES DO CASTRO a todas as familias do mesmo

Publicado por Xefatura de Estudos o 16 Outubro, 2012 @ 12:14 pm en Remitido, Zona ANPAs | Comentarios desactivados

nota_anpa.jpg

Imaxe: Alberte Zato

NOTA DA ANPA IES DO CASTRO A TODAS AS FAMILIAS DO IESO DO CASTRO

Con motivo da folga do próximo 18, na que figura entre os seus convocantes a confederación de ANPAs de colexios públicos española CEAPA, da que formamos parte a través de FOANPAS e CONFAPA GALICIA, e tendo en conta que estas dúas organizacións secundan e apoian esta convocatoria de folga, dende a Xunta Directiva da ANPA queremos comentarvos o seguinte:

1.-Os motivos da convocatoria parécennos certos e suficientes para manifestar o noso desgusto como nais e pais pola actual política educativa

2.-Compartimos a idea dos convocantes de que as nais e pais e familias somos parte indispensable da comunidade educativa, e que entre os nosos dereitos figura o de poder opinar sobre a política e o sistema educativo de xeito directo e inmediato, exercendo para esta opinión cantas medidas estimemos oportunas e nos permita a lei.

3.-Cremos que entre as medidas ás que temos dereito para manifestar o noso desacordo, está a de non enviar aos nosos fillos a clase nesa data, manifestando ás autoridades educativas os nosos motivos, e asumindo a responsabilidade que temos, como nais e pais dos nosos fillos, de velar pola súa tutela, sen que iso signifique nin denunciar o seu deber nin renunciar ao seu dereito á escolarización nunha educación pública de calidade.

4.-Asumimos que a perda de días lectivos debe ser sempre un recurso extremo, pois o obxectivo de impartir os programas das materias parécenos de especial relevancia.

5.-Aínda que na directiva somos partidarios de apoiar esta convocatoria de folga, coidamos que é ben certo que colleunos na ANPA do IES pouco preparados para debatela nunha asemblea e optar por secundala ou rexeitala. Nosa asemblea xeral xa tiña data decidida antes de que CEAPA fixera público o seu apoio a folga do 18, e foi convocada antes de que FOANPAS adoptara a súa decisión de apoiar esta folga. Nesa asemblea, o próximo luns 22 ás 18:30, temos que falar do que facer si esta situación repítese ao longo do curso, e debater que medidas activas ou reactivas adoptar.

Por todo iso avisámosvos de que a ANPA do IES do Castro non ten unha postura oficial ante esta convocatoria de folga. A opción de enviar aos fillos ao Instituto é sempre unha opción persoal de cada familia, un deber e un dereito regulados pola lexislación. No caso de que os alumnos non asistan ese día a clase, a responsabilidade é nosa e non dos rapaces que non poden ser castigados ou sancionados por elo; aínda así recomendamos enviar unha nota de xustificación da falta (podedes descargar o formulario dende [1] http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?cat=50) alegando como razón a folga promovida pola familia, co obxecto de que a mesma sexa considerada xustificada pola dirección do centro. Coidamos que o Claustro do centro é consciente desta convocatoria, e suponse que respectará a data no que a evitar exames refírese. Na próxima asemblea da ANPA do luns que ven, temos que debater o asunto e adoptar unha postura xeral para este curso ante feitos e convocatorias coma o presente.

Tamén vos comunicamos para xeral coñecemento que a FOANPAS ven de anunciar unha convocatoria de manifestación para o vindeiro xoves 18, a data da folga, que se concentrará ás 19:45 na Farola de Urzáiz e baixará ata a Praza da Estrela, e é aberta a tódalas familias.

[2] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=2435

URLs neste artigo:
[1] http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?cat=50: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?cat=50
[2] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.