- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
Axudamos ao club de lectores. Vocabulario xeral e específico sobre o “Neno do pixama a raias”
Publicado por Xulio Dobarro o 24 Febreiro, 2008 @ 8:32 pm en Biblioteca | Comentarios desactivados
INTRODUCIÓN Á ANÁLISE DE TEXTOS1.-TERMOS BÁSICOS
TEXTO: Unidade de comunicación con sentido completo.
AUTOR: Creador individual ou colectivo do texto.É un ser real.
NARRADOR: Emisor que conta a historia ficticia desde un punto de vista determinado.Pertence á ficción, é a voz que nos relata a historia desde dentro ou interno (1ªpersoa) e externo (2ª/3ª persoa) non participa da acción (soe ser en 3ª p/omnisciente).
NARRATARIO: Ou receptor a quen vai dirixida a mensaxe.
PERSONAXES: Son os que desencadean as accións e interveñen nos sucesos. Segundo a súa importancia poden ser principais e secundarios. Entre os principais destaca o protagonista e o antagonista que se opón a aquel.
ACCIÓN/TRAMA NARRATIVA: É o suceder ficticio relatado na narración.Xeralmente organízase en tres fases: presentación/introducción; nó/desenvolvemento e desenlace/conclusión.
CONTEXTO/MARCO NARRATIVO/AMBIENTE: Os acontecementos sitúanse nun tempo e nun espazo determinados.
O espazo poder ser REAL/IMAXINARIO/RURAL/URBANO, etc.
O tempo diferenciamos entre HISTÓRICO/CRONOLÓXICO (momento) enfocado linealmente ou con retrospeccións e prospeccións, e ATMOSFÉRICO (estación do ano) que contribúe a crear unhas determinadas sensacións/estados anímicos, etc.
ARGUMENTO: Versión abreviada de acontecementos ou situacións que se tratan na narración.
TEMA: Ou fondo do texto, ou sexa, aquilo que condensa unha idea principal ou secundarias segundo a intencionalidade do autor (moral, educativa, social, progresista, amorosa, histórica).
XÉNERO LITERARIO: Segundo a actitude adoptada polo autor perante a materia que trata e a forma que ten de expresala soen clasificarse en tres tipos os xéneros literarios:
LÍRICO: xeralmente en verso, subxectivo e intimista.
NARRATIVO: xeralmente en prosa, obxectivo: LITERARIO (novela, conto, lenda);
INFORMATIVO (crónica, reportaxe, noticia,etc); ORAL (conto, lenda).
DRAMÁTICO: destinado á representación (comedia, traxedia, drama, )
NOVELA: Narración extensa de asunto ficticio pero verosímil do que lles sucede a determinados personaxes nun determinado tempo e circunstancias.
*1ª entrega: CLUB DE LECTURA
A PROPÓSITO DA NOVELA “O NENO DO PIXAMA A RAIAS”
ANTECEDENTES:
NAZISMO: Doutrina do Partido Nacionalsocialista alemán, elaborada por Hitler, era esencialmente panxermanista e racista; proclamaba a superioridade de Alemaña,discriminaba e perseguía a outros pobos, especialmente aos xudeus.As súas esixencias territoriais, baseadas na necesidade de espazo vital para os alemáns, provocaron en 1939 a Segunda Guerra Mundial.
ANTISEMITISMO: Hostilidade cara aos xudeus, a súa cultura e a súa influenza; tamén, actuación de quen toma contra eles medidas discriminatorias ou os persegue. Historicamente teñen sido discriminados e ao quedar excluídos da comunidade agrupábanse en guetos. A última vaga de antisemitismo que culminou no s. XX foi a que levou a cabo o réxime nacionalsocialista alemán nos campos de exterminio durante a Segunda Guerra Mundial.
HOLOCAUSTO: Segundo o diccionario da Real Academia E. “Sacrificio especial entre os israelitas ,no que se queimaba toda a vítima”. Para entendernos e con outras palabras máis vulgares aplicadas aos campos de concentración nazi: morrer no forno crematorio.
GUETO: Reduto ou barrio dunha cidade habitada por unha comunidade marxinada.Para evitar o contacto co pobo alemán, á parte de erguer valados nalgunhas poboacións condenáronos a vivir en condicións extremas nos campos de concentración.
CAMPO DE CONCENTRACIÓN: Terreo cercado onde se teñen recluidas a certas persoas, como castigo ou para telas vixiadas; por exemplo, na guerra,ou por motivos políticos. O pai de Bruno é o encargado de que todo estea en orde nese campo.Shmuel, o novo amigo de Bruno, é o que sofre as consecuencias desa situación.
PANXERMANISMO: Era un movemento que pretendía unificar a todas as persoas de fala alemá en un só estado.
XESTAPO: Policía ao servizo da causa nazi, con métodos contundentes e duramente represiva.(As SS).
CRUZ GAMADA (ESVÁSTICA): A que ten no extremo de cada brazo un tramo formando con el ángulo recto, dirixidos todos no mesmo sentido.
PIXAMA: Traxe de durmir, lixeiro e de tela lavable, composto de chaqueta e pantalón.Pero, se é de raias pode ser outra cousa moi diferente, aínda que na inxenuidade do protagonista, Bruno, tamén se lle poida chamar así.
*2ª entrega CLUB DE LECTURA.
[1]Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=244
URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.