- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Actividades venres 21 de decembro

Publicado por Xefatura de Estudos o 11 Decembro, 2012 @ 11:03 am en Xefatura de Estudos | Comentarios desactivados

 

Estimados pais/titores:

O próximo venres dia 21 de decembro de 2012 o IES do Castro suspenderá as clases ordinarias e adicará a mañán á realización de diversas actividades deportivas e culturais.

O horario será o seguinte:

1- A hora de entrada será ás 10,30 e os titores dos grupos entregarán as cualificacións da primeira avaliación nas aulas de grupo (no primeiro ciclo da ESO) ou na aula de materia do profesor titor (no caso de segundo ciclo da ESO e 1º de bacharelato).

2- Ás 11,00 darán comenzo as actividades deportivas e musicais que durarán ata as 14,00, hora en que rematará a xornada e os alumnos voltarán a casa.

 

Os alumnos deberán permanecer no centro ate as 14,00 coa excepción dos alumnos de 4º da ESO e Bacharelato que teñan autorización paterna por escrito para saír antes (en ningún caso poderán saír antes os alunos de 1º, 2º e 3º da ESO). A este respecto recordase que están a disposición do alumnado, tanto en conserxería como na web do IES do Castro, as follas oficiais de xustificación de faltas que serán as esixidas como autorización.

 

Bon Nadal e Aninovo

 

 

 

Asdo.: Ana Mª Arias

Xefa de Estudos do IES do Castro

[1] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=2636

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.