- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
Consellería de Educación: Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras do alumnado
Publicado por Alberte Zato o 8 Abril, 2013 @ 8:54 pm en Zona Alumnado, Avisos urxentes, Remitido, +++Documentos e formularios de interese, Zona ANPAs, Convocatorias, Lingua Francesa, Lingua Inglesa | Comentarios desactivados

 Ante a publicación no DOG do día de  hoxe da Orde do 18 de marzo de 2013, pola que se convocan axudas para a  realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013,  destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en  réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta  convocatoria, co rogo da súa difusión entre o alumnado posible beneficiario  destas axudas.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 23 de marzo e remata o día 22 de abril.
Sinálase que, no caso dos centros concertados, en educación secundaria obrigatoria as certificacións serán asinadas polo director ou directora do centro educativo co visto e prace da inspección educativa, e no caso das ensinanzas de bacharelato e de formación profesional, as certificacións asinaraas o secretario ou secretaria do centro público no que se atope o expediente académico e co visto e prace do director ou directora dese centro.
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013
O Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado,
Manuel Vila López
[3]Cartel informativo en pdf
[2] https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/axudasle/CARTEL%202013.pdf

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=2729
URLs neste artigo:
[1] http://www.edu.xunta.es/axudasle: http://www.edu.xunta.es/axudasle
[2] https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/axudasle/CARTEL%202013.pdf: https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/axudasle/CARTEL%202013.pdf
[3] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.