- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Folga do día 9 de maio

Publicado por Xefatura de Estudos o 8 Maio, 2013 @ 10:01 am en Zona ANPAs | Comentarios desactivados

nota_anpa.jpg

FOLGA NO SECTOR DO ENSINO. A FOLGA DAS FAMILIAS. XOVES 9 DE MAIO

A ANPA do IES do CASTRO acordou seguir a convocatoria de folga da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para o día 9 de Maio. A folga é unha protesta contra dos recortes na Educación e contra do anteproxecto de reforma educativa -a LOMCE-, que nos fai retroceder décadas no acadado con tanto esforzo. Rexeitamos a LOMCE porque é un anteproxecto de lei que reproduce un sistema xerárquico e empresarial para o funcionamento dos centros, e dificulta o acceso das clases populares á educación, impoñendo unha educación baseada fundamentalmente na competitividade, afondando a exclusión social e a desigualdade, e desprezando o ensino equitativo, inclusivo e integral, cuxo obxectivo principal debe ser a formación de persoas críticas e responsábeis. Unha lei ao servizo da patronal do ensino privado concertado e da mercantilización da educación que confirma os actuais concertos educativos, e legaliza os centros que segregan alumnado por razón de sexo. Unha lei que deixa ao Consello Escolar sen atribucións decisorias, e ás familias un mero papel de tertulianos nun órgano onde un director imposto toma as decisións.

As ANPAs do IES do Castro, Fleming e Villalaura faremos o xoves unha marcha, xa autorizada pola Delegación do Goberno. Nos congregaremos na Praza do Fleming ás 10:30, para partires en grupo e con pancartas ata o IES do Castro, e logo cara á Praza de España para chegar alí ás 11:30, hora da manifestación Xeral.

Invitamos a tódolas nais, país, profesores e alumn@s que compartan as nosas preocupacións e vaian á folga, a sumarse a esta marcha conxunta dos tres centros que é a marcha de tod@s, e vir xunto con nós á Manifestación Xeral da Praza de España.

[1] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=2744

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.