- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Actividades do venres 20 de decembro

Publicado por Xefatura de Estudos o 13 Decembro, 2013 @ 12:29 pm en Celebracións, Zona Alumnado, Xefatura de Estudos | Comentarios desactivados

 

 

 

 

Estimados pais/titores:

O próximo venres, dia 20 de decembro de 2013, o IES do Castro suspenderá as clases ordinarias e alterará o horario habitual tal e como se indica a continuación:

1- A hora de entrada será ás 10:30h e os titores dos diferentes grupos entregarán as cualificacións da primeira avaliación nas aulas correspondentes de cada grupo (para 1º e 2º da ESO) ou na aula de materia do profesor titor (no caso do resto dos cursos).

2- Ás 11,00h dará comezo o Festival de Nadal, con diversas actuacións musicais tanto por parte do alumnado coma do profesorado. A hora prevista para o remate do festival será ás 13:00h.

3- O alumnado deberá permanecer no centro ata as 13,00h, coa excepción dos/as alumnos/as de 4º da ESO e Bacharelato que teñan autorización paterna por escrito para saír antes (en ningún caso poderán saír antes os alumnos/as de 1º, 2º e 3º da ESO). A este respecto recórdase que están a disposición do alumnado, tanto en conserxería como na web do IES do Castro, as follas oficiais de xustificación de faltas que serán as esixidas como autorización.

 

Bo Nadal e Aninovo

A Dirección

 

[1] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=3071

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.