- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
Reclamacións finais de 2º curso de bacharelato
Publicado por Xefatura de Estudos o 19 Maio, 2014 @ 9:19 am en Zona Alumnado, Xefatura de Estudos | Comentarios desactivados
Lémbrase ó alumnado que non estea conforme coa súa cualificación que o procedemento a seguir é o seguinte:
-1ª Instancia: pedir ó/á profesor/a da asignatura a revisión do seu exame no seguinte prazo: Venres, 23 de maio de 10:00 a 14:00 horas
- 2ª Instancia: En caso de disconformidade coa reclamación realizada ó/á profesor/a da asignatura o alumnado poderá facer unha reclamación ó Departamento, segundo modelo oficial, no seguinte prazo: Venres e luns , 23 e 26 de maio, ata as 14:00 horas
As resolucións das reclamacións faranse: o martes, 27 de maio, ás 12:00 horas.
- 3ª Instancia : en caso de disconformidade coa resolución do Departamento o alumnado poderá presentar por escrito no centro, no prazo de 24h, reclamación ante a Comisión de Supervisión da Consellería de Educación e Ordenanción Universitaria.
Vigo, 12 de Maio de 2.014
A Dirección do IES do Castro
Lémbrase a todo o alumnado de 2º de bacharelato que ten que entregar as chaves das taquillas en conserxería.
[1]
Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=3277
URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.