- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
Reunión informativa sobre o Bacharelato Internacional
Publicado por Alberte Zato o 29 Maio, 2014 @ 9:07 pm en Noticias do Programa do Diploma do BI | Comentarios desactivados
O vindeiro mércores día 4 de xuño ás 19:30 celebrarase no Salón de actos do Instituto unha reunión para todos os interesados en coñecer o funcionamento do Bacharelato Internacional á que estan invitados todos os pais e alumnos interesados en coñecelo nunha exposición pública das súas principias características.
Previamente, ás 18:00 terá lugar a Exposición pública oral por parte dos alumnos do primeiro curso dos seus traballos de investigación correspondentes ás asignaturas do Grupo 4 (Física, Química, Biología e Sistemas ambientais e Sociedades)
Os alumnos de 1º realizan unha exposición pública dos seus traballos de investigación con obxecto de atender, entre outras cousas, á formación da súa capacidade de comunicación e as súas habilidades de uso das novas tecnoloxías. A esta exposición sería interesante que asistisen os alumnos interesados, aínda que non poidan vir os seus pais.
[1]Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=3288
URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.