- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
BACHARELATO INTERNACIONAL: Convocatoria de prazas para o curso 2015-2016
Publicado por Alberte Zato o 13 Abril, 2015 @ 1:08 am en Avisos urxentes, Zona Alumnado, Noticias do Programa do Diploma do BI | Comentarios desactivados
CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA O BACHARELATO INTERNACIONAL
O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para cursar o próximo ano o primeiro curso do Bacharelato Internacional no seu Centro nas modalidades de Ciencias Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.
O número de prazas ofertadas é de 25 e poderán optar a elas todos os alumnos e alumnas que o desexen sen máis requisito que ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).
A adxudicación de prazas, competencia do Consello Escolar do Centro, terá en conta so o expediente dos alumnos nos catro cursos da ESO, por tratarse dunha modalidade de Bacharelato única na Provincia.
O prazo para solicitar praza estará aberto a partir do luns 13 de abril ata o 15 de xuño e se fará mediante a folla de inscrición que se acompaña abaixo ou se poderá recoller no Centro a partir da primeira data sinalada. A entrega da documentación será na Secretaría do Centro ou ben por correo electrónico na dirección castroibo@gmail.com, esta última modalidade con plena validez legal.
A primeiros do mes de xuño convocarase unha reunión informativa con todos os interesados para dar conta das características máis importantes desta modalidade de Bacharelato.
A resolución da convocatoria será publicada nesta páxina e no taboleiro oficial do Centro na derradeira semana do mes de xuño.
En todo caso, para ampliar a información, pódese consultar o tríptico publicado máis abaixo ou a páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional: [1] http://www.ibo.org/es/. Ademáis, é conveniente que os interesados pidan unha entrevista co coordinador do Bacharelato Internacional (na conserxería do Centro ou vía correo electrónico: [2] castroibo@gmail.com se aínda non tiveron unha entrevista con el)
Nota: a oferta final está suxeita ás posibilidades organizativas do Centro en virtude das disposicions da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, polo que os alumnos admitidos non deberán renunciar á praza que teñan solicitado polo conducto ordinario.

[3] convocatoria_prazas_bi_2015.pdf
[4] triptico_informativo_2015_2016_bi.pdf
[5] solicitude_praza_2015_1016_bacharelato_internacional.pdf
[6]Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=3614
URLs neste artigo:
[1] http://www.ibo.org/es/: http://www.ibo.org/es/
[2] castroibo@gmail.com: mailto:castroibo@gmail.com
[3] convocatoria_prazas_bi_2015.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2015/04/convocatoria_prazas_bi_2015.pdf
[4] triptico_informativo_2015_2016_bi.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2015/04/convocatoria_prazas_bi_2015.pdf
[5] solicitude_praza_2015_1016_bacharelato_internacional.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2015/04/solicitude_praza_2015_1016_bachar
elato_internacional.pdf
[6] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.