- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Anxo Fariña co alumnado de 2º da ESOA

Publicado por Xulio Dobarro o 19 Abril, 2015 @ 8:47 pm en Lingua e Literatura galegas | Comentarios desactivados

 Anxo Fariña,(Vigo, 1977) é licenciado en Belas Artes . Escritor, ilustrador e director de Arte. Compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, tal e como se puxo de manifesto o día quince de abril na súa visita ao Instituto para explicar o proceso creativo da súa obra e , en particular, da colección Os megatoxos, que xa van pola quinta entrega.Aínda que empezou publicando a antedita colección coa extinta A nosa terra, agora é a editorial Xerais a reponsable da publicación da súa obra e á que agradecemos a súa colaboración por ternos brindado a oportunidade de que os escolares poidan descubrir algo máis dos nosos autores e espertar neles maior curiosidade pola lectura, a literatura e a ilustración.

img-anxo-farina2.jpeg

O autor dirixíndose ao auditorio

img-hector2.jpeg

O retrato de Héctor queda como proba da súa habilidade

A sú axilidade gráfica quedou demostrada co retrato que lle realizou ao alumno que se prestou para levalo a cabo. Despois dunha breve exhibición do modelo, para que o artista puidese obter a información necesaria, íase  ver pronto reflectido na cartolina  -cremos que con bastante acerto- e que pasará a formar parte dos fondos da Biblioteca.

[1] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=3624

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.