- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA O BACHARELATO INTERNACIONAL 2016 - 2017

Publicado por Alberte Zato o 5 Abril, 2016 @ 5:41 pm en +++Documentos e formularios de interese, Noticias do Programa do Diploma do BI, Administración, Secretaría | Comentarios desactivados

O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para cursar o próximo ano o primeiro curso do Bacharelato Internacional no seu Centro nas modalidades de Ciencias Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.

O número de prazas ofertadas é de 30 e poderán optar a elas todos os alumnos e alumnas que o desexen sen máis requisito que ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).

A adxudicación de prazas, competencia do Consello Escolar do Centro, terá en conta so o expediente dos alumnos nos catro cursos da ESO, por tratarse dunha modalidade de Bacharelato única nos centros públicos da Provincia.

O prazo para solicitar praza estará aberto a partir do venres 15 de abril ata o mércores 15 de xuño e se fará mediante a folla de inscrición que se acompaña abaixo ou que se poderá recoller no Centro a partir da primeira data sinalada. A entrega da documentación será na Secretaría do Centro ou ben por correo electrónico na dirección castroibo@gmail.com, esta última modalidade con plena validez legal.

A resolución da convocatoria será publicada nesta páxina e no taboleiro oficial do Centro na derradeira semana do mes de xuño.

En todo caso, para ampliar a información, pódese consultar o tríptico publicado máis abaixo ou a páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional: [1] http://www.ibo.org/es/. Ademáis, é conveniente que os interesados pidan unha entrevista co coordinador do Bacharelato Internacional, vía correo electrónico ([2] castroibo@gmail.com) se aínda non tiveron unha entrevista con el.

Vigo, 5 de abril de 2016.

Nota: a oferta final está suxeita ás posibilidades organizativas do Centro en virtude das disposicions da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, polo que os alumnos admitidos non deberán renunciar á praza que teñan solicitado polo conducto ordinario antes de formalizar a matrícula.

[3] Impreso de solicitude

 

[4]
Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=4160

URLs neste artigo:
[1] http://www.ibo.org/es/: http://www.ibo.org/es/
[2] castroibo@gmail.com: mailto:castroibo@gmail.com
[3] Impreso de solicitude: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?attachment_id=4161
[4] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.