- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Erasmus+ DISPUTE, DISCUSS, DEVELOP como exemplo de boas prácticas (EUROPEAN GOOD PRACTICE)

Publicado por Alberte Zato o 28 Febreiro, 2018 @ 11:06 pm en +Erasmus Project | Comentarios desactivados

 A COMISIÓN EUROPEA vén de seleccionar o proxecto Erasmus+ DISPUTE, DISCUSS, DEVELOP como exemplo de boas prácticas (EUROPEAN GOOD PRACTICE).

Desde setembro de 2016 ata agosto de 2017 o IES do Castro participou, xunto con outros tres centros europeos de Hungría, Letonia e Grecia, no programa europeo Erasmus+, cun proxecto chamado Dispute, Discuss, Develop,

O proxecto consistiu en preparar aos estudantes para debater e participar en catro competicións de debate (unha en cada un dos centros participantes) sobre temas científicos, políticos, literarios, tecnolóxicos e de cidadanía.

Para a realización das actividades e mesmo para a mobilidade de estudantes e profesores acompañantes, o proxecto recibiu unha subvención da Comisión Europea, razón pola cal debeu someterse a un control de seguimimento ao finalizar o primeiro ano e  a unha avaliación externa ao finalizar o segundo ano, que tivo en consideración cuestións como a relevancia do mesmo, a xestión, a difusión, os reultados e a calidade dos productos.

A puntuación recibida foi  moi satisfactoria, xa que acadomos 93 puntos de 100; hai uns días o proxecto foi seleccionado pola Comisión Europea como exemplo de boas prácticas  ( “European Good Practice” ), distinción que premia o esforzó e traballo ben feito.

A web do proxecto ([1] http://www.idebate.eu/)  aparece xa enlazada na páxina da Comisión Europea:

[2] https://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/projects/eplus-project-details/#project/2015-1-HU01-KA219-013504

Na etiqueta E-LIBRARY pódese acceder aos productos que consideramos máis interesantes neste proxecto. 

1. O booklet, un documento onde se recollen exemplos de actividades  de aula realizadas en cada un dos centros co obxetivo de preparar aos estudantes para as actividades de debate, transcripción das finais das competicións de debate, fotos dos encontros, etc

[3] http://www.idebate.eu/wp-content/uploads/2017/10/booklet-debating.pdf.

2. O video tutorial, composto, gravado e editado polo equipo ERASMUS deste centro.

 [4] https://drive.google.com/file/d/0Byek-hbhpjNuYUE1TlEyelRpNjQ/view

Na etiqueta LIVE DEBATES pódense ver as finais das catro competicións de debate, unha en cada país:

[5] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=4772

URLs neste artigo:
[1] http://www.idebate.eu/: http://www.idebate.eu/
[2] https://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/projects/eplus-project-details/#project/2015-1-HU01-KA219-013504: https://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/projects/eplus-project-details/#project/2015-1-HU01-KA2
19-013504

[3] http://www.idebate.eu/wp-content/uploads/2017/10/booklet-debating.pdf: http://www.idebate.eu/wp-content/uploads/2017/10/booklet-debating.pdf
[4] https://drive.google.com/file/d/0Byek-hbhpjNuYUE1TlEyelRpNjQ/view: https://drive.google.com/file/d/0Byek-hbhpjNuYUE1TlEyelRpNjQ/view
[5] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.