- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Convocatoria de proba escrita para alumnado coa materia de inglés de 1º, 2º e 3º de ESO pendente

Publicado por Alberte Zato o 17 Abril, 2018 @ 12:46 pm en Pendentes Inglés, Zona Alumnado, Exames, Convocatorias, Lingua Inglesa | Comentarios desactivados

 exame_escrito.jpg

Convócase o alumnado que se atope nas condicións sinaladas no título deste artigo, e que non aprobaron ou non se presentaron á proba do mes de febreiro 2018, á realización dunha proba escrita.

Esta proba escrita, cunha duración de 60 minutos, realizarase sen axuda de dicionario e estará baseada nos contidos mínimos para este nivel da Programación Didáctica deste Departamento e tamén nas probas anteriores.

 

Lugar, data e hora:

 

Probas para pendentes de 1º, 2º e 3º de ESO: Aula de conferencias

  • Luns, día 28 de maio do 2018, ás 18.15 horas.

 

No caso de non supera-la proba ,(5 puntos ou máis), no mes de setembro haberá unha nova oportunidade, pero evidentemente non poderá aprobar a materia do nivel superior até superaren o nivel previo, vía este exame ou vía decisión do seu profesorado na avaliación continua do curso actual.

[1] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=4788

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.