- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Concurso-Exposición “Paisaxes Histolóxicas”

Publicado por Ana Arias o 11 Maio, 2018 @ 9:35 am en Zona Alumnado, Actividades, Bioloxía e Xeoloxía | Comentarios desactivados

[1] 1.jpg

Entre os días 14 e 28 de maio, na planta baixa do instituto, haberá unha exposición sobre fotografías de tecidos animais e vexetais.

O Departamento de Bioloxía-Xeoloxía propón a todo o alumnado da ESO e Bacharelato, facer unha viaxe interpretativa sobre a arte microscópica e deixar unha brevísima descripción, sobre as paisaxes histolóxicas mais suxerentes, na furna situada á esquerda do corredor que leva á cafetería. A participación no concurso-exposición ten premio.

Despois do día 28 o xurado, formado polos membros do departamento, convocará aos gañadores do concurso.

Animádevos a participar

[2] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=4844

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2018/05/1.jpg
[2] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.