- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
Bacharelato Internacional 2018-19: Lista provisional de alumnado admitido
Publicado por Alberte Zato o 26 Xuño, 2018 @ 1:21 pm en Avisos urxentes, Zona Alumnado, Noticias do Programa do Diploma do BI | Comentarios desactivados
Os alumnos e alumnas referidos na listaxe adxunta debaixo están admitidos para cursar o próximo curso o Bacharelato Internacional no IES DO CASTRO. Recórdase que, segundo os requisitos de admisión publicados, só poderán acceder o alumnado que teña aprobado o 4° curso da ESO completo na convocatoria de xuño.

Para a matrícula, que se realizará o xoves 28 de xuño, necesitarán o certificado de ter aprobado 4º da ESO e catro fotografías de carnet. Tamén necesitarán entregar, se non o fixeron previamente, o informe académico da Xunta de Avaliación de 4º ESO ou do titor/a deste curso, así como o compromiso de que permanecerán no PD durante os dous cursos correspondentes, salvo circunstancias excepcionais, segundo os modelos adxuntos na convocotaria de prazas.
Nota 1: Os alumnos e alumnas que solicitaron o Bacharelato de Ciencias Sociais non están admitidos por non acadar entre todos o número mínimo para formar grupo.
Nota 2: Prégase ao alumnado que non poda vir matricularse o día 28 que se poña en contacto coa Secretaría do Centro para fixar outra data, que terá que ser en calquera caso, antes do 10 de xullo. En caso contrario, enténdese que renuncian á praza.
Véxase a listaxe en .pdf

[1] listaxe-admision-2018-2019-bi.pdf
[2]Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=4916
URLs neste artigo:
[1] listaxe-admision-2018-2019-bi.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2018/06/listaxe-admision-2018-2019-bi.pdf
[2] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.