- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Nova funcionalidade no sitio web: Imprimir artigos e páxinas

Publicado por Alberte Zato o 28 Outubro, 2008 @ 6:52 pm en Sobre o sitio web | 1 comentario

Para acadar unha mellor información, mesmo impresa, dende este sitio web, remátase de instalar unha nova utilidade no mesmo:

Obter versións imprimíbeis e imprimir artigos, noticias e páxinas do sitio web do IES do Castro

Simplemente, clíquese na nova icona que aparece ao final de cada artigo ou páxina…

 Imprimir

Automaticamente xerarase unha versión imprimible do artigo ou páxina, e só terá que usar a ligazón ‘Clique aquí para imprimir‘ na esquina inferior dereita para que a impresora predeterminada do seu sistema imprima esa versión, máis sinxela e amable para os labores de lectura impresa.

 Imprimible

Plugin WP-Print para WordPress realizado por [1] Lester ‘GaMerZ’ Chan
[2] Related Posts with Thumbnails

1 comentario (Abrir | Pechar)

1 comentario a "Nova funcionalidade no sitio web: Imprimir artigos e páxinas"

#1 Comment por Erasmo o 29 Outubro, 2008 @ 11:09 pm

Agradécese esta nova ferramenta. Especialmente para gardar os enderezos das ligazóns ocultas, xa que na versión para impresión aparecen como notas ó pé da páxina. Saúde!


Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=510

URLs neste artigo:
[1] Lester ‘GaMerZ’ Chan: http://lesterchan.net/
[2] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.