- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Eleccións ao Consello Escolar 2008

Publicado por Alberte Zato o 6 Novembro, 2008 @ 11:26 pm en +++Documentos e formularios de interese, Zona Alumnado, Consello Escolar, Convocatorias, Secretaría, Dirección | Comentarios desactivados

Eleccións

      O Consello Escolar deste centro está formado por :

-          7 representantes do profesorado

-          4 representantes do alumnado

-          1 representante do persoal de Administración e Servizos.

-          2 representantes dos pais/nais

-          1 pai/nai en representación da ANPA

-          1 representante nomeado polo Concello

 Cada dous anos temos que facer eleccións para renovar parte ou a totalidade dos membros representantes de cada sector.

Este ano renóvase:

 Parte dos membros representantes dos pais/nais, catro representantes do profesorado ,  dous representantes do alumnado e un/unha representante do Persoal de Administración e servizos.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CALENDARIO ELECTORAL

O día 4 de novembro tivo lugar a constitución da Xunta electoral que acordou  fixar o seguinte calendario para as eleccións ao Consello Escolar:

Calendario electoral

Achégase de seguido o impreso común de formalización de candidaturas de tódolos estamentos (facilítase en formato.pdf e deberá ser imprimido, cumprimentado e presentado na Secretaría do IES do Castro dentro dos prazos sinalados )

 (Clique na imaxe para a súa descarga)

 [1] Impreso Candidaturas

Os interesados/as en facer algún tipo de campaña electoral, expresar as súas intencións ou simplemente expresar a súa opinión poden facelo neste [2] fío do Foro, se son usuarios rexistrados deste sitio web.

[3] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=516

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2008/11/impreso-candidaturas.pdf
[2] fío do Foro: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?page_id=51&forum=4&topic=38
[3] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.