- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -
Caso de papeiras no instituto: Protocolo sanitario de actuación para as familias
Publicado por Alberte Zato o 4 Decembro, 2019 @ 11:31 pm en Avisos urxentes, Zona Alumnado, Xefatura de Estudos, Dirección | Comentarios desactivados
Información sobre a parotidite (paperas)
Estimados pais, nais ou persoa responsable:
Ante a comunicación de un caso de parotidite entre un alumno de secundaria do I.E.S. do Castro de Vigo , infórmaselle de que no caso de que se seu fillo ou filla non padecera a enfermidade e que non tivese postas dúas doses de vacina triple vírica (vacina que está incluída no calendario infantil de vacinacións), debe acudir ao centro de saúde co seu fillo ou filla. Neste caso, o médico revisará o calendario vacinal, e procederase a súa actualización. A vacinación non altera a rutina diaria e pode acudir ao centro escolar con normalidade.
Se sospeitan que o seu fillo ou filla poda ter a enfermidade, cuxo principal síntoma é a inflamación da glándula salivar parótida, acuda ao seu medico ou PAC. A parotidite é unha enfermidade contaxiosa polo que as persoas diagnosticadas de parotidite non deben acudir ao seu traballo/escola ou a outro tipo actividade común (deportiva, etc) nos 5 días seguintes dende o comezo dos síntomas.
Servizo de Alertas Epidemiolóxicas
Xefatura territorial de Sanidade de Pontevedra
Documento de RECOMENDACIÓNS DE EXCLUSIÓN EN ESCOLAS INFANTÍS E COLEXIO
 
[1] exclusion_escolas_2018.pdf
[2]

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro
URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=5266
URLs neste artigo:
[1] exclusion_escolas_2018.pdf: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2019/12/exclusion_escolas_2018.pdf
[2] Imaxe: http://www.linkwithin.com/
Clique aquí para imprimir
Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.