- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Sesenta aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Publicado por Luis Otero o 1 Decembro, 2008 @ 11:32 am en Taboleiro Transversal, Convocatorias | Comentarios desactivados

 Declaración dos Dereitos humanos.

O vindeiro 10 de decembro celebrarase no Auditorio do Centro Cultural Caixanova un acto cívico, con motivo do sesenta aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no que se presentará o libro [1] Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz, coordinado polo recentemente desaparecido [2] Xesús R. Jares.

O acto, que será conducido por Manuel Romón, contará coa participación de Ánxela Bugallo (conselleira de Cultura e Deporte), Abel Caballero (alcalde de Vigo), Manuel Bragado (director de Xerais) e unha representación dos trinta narradores e poetas galegos que participan no volume de Literatura Galega pola Paz. Durante o acto dez alumnos e alumnas dos IES do Castro e de Teis de Vigo lerán o texto da Declaración e os profesores da Escola de Música Tradicional de Vigo, compoñentes da agrupación Son de seu, interpretarán diversas pezas. Este acto, ademais, constituirá a merecida e emotiva lembranza de [3] Xesús R. Jares, fundador de Educadores pola Paz e promotor da triloxía Educación e Paz, editada por Xerais.

Este acto de conmemoración da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e de presentación de Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz está organizado pola Concellería de Educación do Concello de Vigo, por Educadores pola Paz de Nova Escola Galega e por Xerais, contando coa colaboración da Consellaría de Cultura e Deporte e de Caixanova.

[4] Máis información:

[5] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=530

URLs neste artigo:
[1] Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz: http://www.xerais.es/cgigeneral/ficha.pl?codigo_comercial=1349064&origen=2&obrcod=2152108&am
p;id_sello_editorial_web=13

[2] Xesús R. Jares: http://www.xerais.es/cgi-bin/html_generados/aut_ilus_100004900_44.pl
[3] Xesús R. Jares: http://www.xerais.es/cgigeneral/busquedas.pl?id_autor=100004900&id_sello_editorial_web=13&id
_funcion=44&origen=10&paginar=5

[4] Máis información: http://xerais.wordpress.com/2008/11/26/10-de-decembro-2008-sesenta-aniversario-da-declaracion-univer
sal-dos-dereitos-humanos/

[5] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.