- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Actualización de información: Martes 17 de marzo (En marcha xa a actividade docente on-line)

Publicado por Alberte Zato o 17 Marzo, 2020 @ 5:59 pm en Xestión e protocolos CoVid-19, Avisos urxentes, Dirección | Comentarios desactivados

Actualización de información: Martes 17 de marzo

Ante todo queremos transmitirvos o noso apoio nestes momentos difíciles para todos e todas.

O primeiro que vos solicitamos é algo de tranquilidade e actuacións con sentido común ante esta situación. Poñendo como prioridade a vixencia do Estado de Alarma e a seguridade sanitaria de todos e todas e das vosas familias. Estar na casa nestes momentos é o que temos que facer e é unha obriga como sociedade. 

 

Durante estes primeiros días de emerxencia sanitaria o alumnado está empezando a recibir información e tarefas  do profesorado, empregando as canles que ata agora xa estaban establecidas entre eles (Correos electrónicos de traballo, Trello, Twitter , Instagram educativo, Google Drive, Aula Virtual IES do Castro, Blogs e páxinas web persoais do profesorado, etc.) 

 

Todo o profesorado e o Equipo Directivo estamos traballando dende o xoves 12  para coordinar a nova estrutura docente dixital do Centro, de maneira que, non so o alumnado reciba a información, senón que tamén as familias estedes actualizadas. É moi importante que toda a comunidade educativa actuemos dun xeito coordinado  e que contedes coa nosa axuda e asesoramento para a xestión e organización do proceso de aprendizaxe do alumnado.

 

Co fin de acadar estes obxectivos todo o profesorado do IES do Castro, coordinado polo Equipo Directivo está a desenvolver as seguintes accións educativas e de reorganización docente: 

 

    • Emprego de Abalar Móbil como ferramenta imprescindible de comunicación. Solicitamos a todas as familias que descarguen a [1] app Abalar no seu teléfono móbil. 

    • Reunións virtuais dos departamentos para coordinar o traballo e colaborar na selección, modificación e creación de contidos dixitais.

    • Creamos a figura do “facilitador da docencia dixital” dentro de cada departamento. Este profesor ou profesora terá as funcións de asesoramente técnico, pedagóxico e de organización de tarefas e contidos dixitales dentro de cada departamento. 

    • A labor de titoria será reforzada dun xeito dixital por Abalar e correo electrónico.

    • Coordinación virtual do Equipo Directivo, Coordinador TIC, todos os departamentos e en especial co departamento de orientación pedagóxica.

    • Actualización, formación e activación na súa totalidade da Aula Virtual do Castro coa supervisión e xestión do coordinador e dinamizadores TIC do Centro. 


    • Coordinación con Coordinadora BI. Calquera cuestión relacionada coa xestión do BI a través da súa Coordinadora e por correo electrónico 



Seguiremos informando a medida que se xeneren novedades. 

 

 

Un afectouso saúdo ás familas e o a todo o noso alumnado.

 

 

O Equipo Directivo do IES do Castro 


[2] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=5305

URLs neste artigo:
[1] app Abalar: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil
[2] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.