- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Concurso de felicitacións de Nadal ‘08

Publicado por Alberte Zato o 3 Decembro, 2008 @ 11:54 pm en Zona ANPAs, Convocatorias | Comentarios desactivados

Concurso

A Asociación de Nais e Pais do IES O Castro de Vigo convoca un CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL en 2 modalidades:

  1. Felicitacións informatizadas (en powerpoint, flash, …)

  2. Felicitacións tradicionais (formato papel)

Haberá un premio para cada modalidade e categoría consistente nun premio en metálico de 50 € .

Establécense as seguintes categorías:

  • 1º e 2º da ESO

  • 3º e 4º da ESO

  • 1º e 2º de bacharelato

Poderá participar todo o alumnado do instituto sempre que cumpra coas seguintes BASES:

  1. poderanse presentar traballos individual e/ou colectivamente

  2. deberán ser traballos orixinais, e en galego

  3. nalgún lugar deberá aparecer o nome “IES O Castro de Vigo” (encabezado, pé de páxina, no contido da felicitación, etc.)

  4. as felicitacións tradicionais faranse nun formato non superior a 21×14 cm

  5. o xurado poderá declarar deserto calquera premio se estima que non se acada un nivel mínimo de calidade ou orixinalidade.

  6. os traballos presentados serán expostos nas instalacións do centro e na web do instituto

  7. o prazo de presentación dos traballos rematará o 15 de decembro ás 17:00 horas, e o fallo do xurado producirase dous dias despois.

  8. os traballos serán entregados no buzón da ANPA (modalidade B ou disco en modalidade A) e no correo electrónico [1] anpaiesocastro@hotmail.com (so modalidade A), indicando os seguintes datos: nome(s) e apelidos, e curso.

Constituirase un xurado composto por membros da ANPA e do profesorado do Instituto que serán os que decidirán os traballos premiados.

[2] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=534

URLs neste artigo:
[1] anpaiesocastro@hotmail.com: mailto:anpaiesocastro@hotmail.com
[2] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.