- IES do Castro de Vigo - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro -

Día das Bibliotecas

Publicado por Carmen Vilariño Agras o 24 Outubro, 2020 @ 10:10 pm en Biblioteca | Comentarios desactivados

Como todos os anos  o día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, en lembranza da destrucción da  Biblioteca de Saraxevo, incendiada  no ano 1992 durante o conflicto dos Balcanes.

O obxectivo é concienciar á sociedade da importancia da lectura e facer unha homenaxe e recoñecer o seu labor as bibliotecarias e bibliotecarios.

O lema de este ano é ” Biblioteca, sempre ao teu carón”

[1] img_20201024_102131_407.jpg

Hoxe no Día das Bibliotecas como unha biblioteca máis queremos festexar esta data.O verdadeiro sentido da existencia da biblioteca do centro é estar ao carón de toda a comunidade educativa.

A historia da nosa biblioteca é longa  , dende o primeiro día de funcionamento o obxectivo foi estar ao servizo de todos vó

Neste curso apesares da situación  seguimos traballando con ilusión. Somos un equipo formado por sete profesoras que nos recreos levamos adiante o servizo de préstamos pero o noso labor non só se limita a facer estes,dende o inicio do curso traballamos para estar ao carón da nosa comunidade educativa elaborando:

- Instrucións e protocolo de préstamos

-Altas de novas e novos usuarios de biblioteca.

-Colocación nas aulas do protocolo de préstamos.

-Publicación no blogue, na web e nas redes sociais da biblioteca Facebook e Instagram dos protocolos e instrucións

- Listaxes de números de lectores para poñer nas aulas e que ninguén esqueza o seu número de lector.

- Listaxes de cursos e números de lectores para facilitar  o seu labor as profesoras e profesores que realizan os préstamos nas aulas.

-Atención personalizada de préstamos mediante correo electrónico.

-Caixas- buzóns para facilitar as devolucións nas portas de acceso ao centro e na entrada da biblioteca.

Todo sempre seguindo o protocolo COVID .

Intentaremos seguir avanzando para facilitar estes servizos e implementar nestes días outros como a HORA DE LER , comenzar coas recomendacións de lecturas , CLUB DE LECTURA,  actividades de dinamización e concursos.

[2] img_20201024_220927.png

Bo Día das Bibliotecas e boas lecturas .

[3] Related Posts with Thumbnails

Artigo imprimido dende IES do Castro de Vigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro

URL ao artigo: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=5475

URLs neste artigo:
[1] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2020/10/img_20201024_102131_407.jpg
[2] Imaxe: http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/wp-content/uploads/2020/10/guia-lectura-dia-bibliotecas.pdf
[3] Imaxe: http://www.linkwithin.com/

Copyright © 2008 I.E.S. do Castro de Vigo. Tódolos dereitos reservados.